Saltar ao contido

Rodrigo Corrales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRodrigo Corrales

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Rodrigo Corrales Rodal Editar o valor en Wikidata
24 de xaneiro de 1991 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Cangas, España Editar o valor en Wikidata
Altura200 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbalonmanista Editar o valor en Wikidata
Deportebalonmán Editar o valor en Wikidata
LigaLigue Nationale de Handball (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPorteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
–2006 BM Cangas do Morrazo
2006–2009 FC Barcelona
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2009–2012 FC Barcelona B
2012–2014 cesión BM Huesca
2014–2016 cesión Wisła Płock
2016–2017 Wisła Płock
2017–2020 Paris Saint-Germain
2020– MKB Veszprém KC
Participou en
2020Handebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Masculino (pt) Traducir (3º) Editar o valor en Wikidata

Instagram: rodrigao016 Editar o valor en Wikidata

Rodrigo Corrales Rodal, nado en Cangas o 24 de xaneiro de 1991, é un xogador de balonmán galego. Xoga de porteiro e milita dende 2020 no Veszprém KC da Primeira División de Hungría.[1] Dende 2014 é internacional coa selección española,[2][3] coa que gañou dous Campionatos de Europa en 2018 e 2020, quedou terceiro nos Campionatos do Mundo de 2021 e 2023 e logrou dúas medallas de bronce nos Xogos Olímpicos de 2020 e 2024.[4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Cangas, fillo e neto de mariñeiros. Un dos seus avós competía en traiñeiras, e gañou en 1961 con Tirán o Campionato de España de Traiñeiras.[5] Durante a súa infancia practicou numerosos deportes, entre eles o fútbol, no que acostumaba a xogar de porteiro. Antes de acabar a Primaria comezou a xogar ao balonmán e entrou no Club Balonmán Cangas.[5]

Aos 15 anos deixou Cangas para fichar polo FC Barcelona. Xogou varios anos no filial e conquistou con este a División de Honra Prata na tempada 2011/12. Ao ano seguinte saíu cedido ao Huesca, da Liga ASOBAL, onde xogou durante dúas tempadas. Entre 2014 e 2017 xogou no Orlen Wisła Płock de Polonia adestrado por Manolo Cadenas, co que quedou tres veces subcampión da liga polaca e co que empezou a destacar de xeito internacional.[6]

En 2017 fichou polo Paris Saint-Germain, co que xogou tres tempadas, gañando nas tres ocasións a liga francesa. No equipo parisiense xogou como gardameta titular e foi elixido na tempada 2019/20 como o mellor porteiro da liga, despois de quedar segundo nas votacións na campaña anterior.[7]

Na tempada 2019/20 fichou polo Veszprém KC, da liga húngara.[8] Pouco despois da súa chegada disputou a Final Four da Liga SEHA, que fora adiada por mor da pandemia de COVID-19. Conquistou o título e foi elixido mellor xogador da Final Four e mellor gardameta do torneo.[9] Revalidou o título de liga nas seguintes dúas campañas e gañou catro Copas de Hungría consecutivas entre 2021 e 2024. No 2024 proclamouse tamén campión do Mundial de clubs, tras derrotar nas semifinais ao FC Barcelona e na final ao Magdeburg.[10] As súas numerosas paradas no Mundial fixeron que fose incluído no once ideal do torneo.[11]

Selección española

[editar | editar a fonte]

Aínda que foi convocado en 2013 para un encontro amigable da selección española no partido das estrelas da Liga ASOBAL, o seu debut oficial produciuse en abril de 2014 contra a selección suíza.[12] Foi a partir de 2016, cando comezou a ocupar de xeito habitual a portería da selección, alternándose no posto co toledano Gonzalo Pérez de Vargas. En 2017 disputou o seu primeiro Campionato do Mundo, e no 2018 gañou o Campionato de Europa, revalidando o título na seguinte edición, en 2020.

En 2021 disputou o seu terceiro Mundial, rematando terceiro ao ser eliminado en semifinais pola Dinamarca de Niklas Landin. Foi convocado polo adestrador Jordi Ribera para os Xogos Olímpicos de Toquio, onde o equipo español, capitaneado por Raúl Entrerríos, acadou as semifinais, sendo de novo eliminado por Dinamarca. Logrou o bronce ao derrotar no partido polo terceiro posto ao combinado exipcio.[13]

En 2023 xogou o cuarto Mundial da súa carreira, acadando outra vez as semifinais e perdendo tamén nesta edición ante Dinamarca.[14] Volveu conseguir o terceiro posto, gañando a Suecia.[15]

Nos Xogos Olímpicos de 2024 repetiu o mesmo resultado de Toquio 2020 e regresou a Galicia coa súa segunda medalla de bronce.[16] A selección española de balonmán conseguiu o pase á fase eliminatoria como terceira do seu grupo e nos cuartos de final eliminou a Exipto. Xa en semifinais caeu ante Alemaña e no partido polo terceiro posto conseguiu vencer a Eslovenia.[16] Rodrigo Corrales alternou na portería con Gonzalo Pérez de Vargas e deste xeito converteuse no quinto deportista galego en sumar máis dunha medalla olímpica, despois de Ramos Misioné, David Cal, Rodrigo Germade e Carlos Arévalo.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

FC Barcelona B

[editar | editar a fonte]

Veszprém KC

[editar | editar a fonte]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]
  1. "Rodrigo Corrales". Scoresway. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2017. Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  2. "Convocatoria para el Mundial de balonmano 2017". hand-station. 
  3. "Convocatoria para el Europeo 2018". Marca. 
  4. "España vence a Suecia y logra su primer Europeo". Marca. 28 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 García Calvo, Lorena (23 de outubro de 2017). "Rodrigo Corrales: «Empecé tarde, pero a tiempo»" (en castelán). Consultado o 25 de xullo de 2021. 
  6. García Calvo, Lorena (13 de setembro de 2017). "Corrales se instala en el Olimpo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 25 de xullo de 2021. 
  7. "Lidl Starligue - L'équipe type de la saison !" (en francés). 27 de maio de 2020. Consultado o 25 de xullo de 2021. 
  8. "El Veszprem húngaro hace oficial el fichaje de Rodrigo Corrales por cuatro años". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de decembro de 2019. Consultado o 25 de xullo de 2021. 
  9. "Corrales, 'MVP' en el triunfo del Veszprém húngaro en la Liga SEHA 2019/20". Marca (en castelán). 7 de setembro de 2020. Consultado o 25 de xullo de 2021. 
  10. Castro, Xosé R. (7 de outubro de 2024). "Rodrigo Corrales, el rey del mundo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4 de marzo de 2025. 
  11. "2024 IHF Men's Club World Championship: MVP Remili headlines the All-Star Team" (en inglés). 3 de outubro de 2024. Consultado o 4 de marzo de 2025. 
  12. "Rodrigo Corrales debutó con España en un torneo oficial". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de abril del 2014. p. 15. 
  13. "Rodrigo Corrales acada o bronce coa selección española de balonmán". CRTVG. 7 de agosto de 2021. Consultado o 8 de agosto de 2021. 
  14. "España pierde frente a Dinamarca en las 'semis' del Mundial de balonmano y luchará por el bronce" (en castelán). 27 de xaneiro de 2023. Consultado o 7 de abril de 2023. 
  15. Jorge, Miguel (29 de xaneiro de 2023). "Los Hispanos logran la medalla de bronce en el mundial de balonmano". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2023. 
  16. 16,0 16,1 Carrazoni Mier, Yuri (13 de agosto de 2024). "O cangués Rodrigo Corrales logra o seu segundo bronce olímpico". Nós Diario. Consultado o 13 de agosto de 2024. 
  17. "Rodrigo Corrales ficha por el Wisla Plock". balonmano.mforos.mobi. 
  18. "Rodrigo Corrales ficha por el PSG". Mundo Deportivo. 15 de xaneiro de 2016.