Rodrigo Conde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaRodrigo Conde

(2018) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Rodrigo Conde Romero Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de setembro de 1997 Editar o valor em Wikidata (26 anos)
Moaña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónremeiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
DeporteRemo Editar o valor em Wikidata

Instagram: rodrigo_conderomero Editar o valor em Wikidata

Rodrigo Conde Romero, nado en Moaña o 3 de setembro de 1997, é un remeiro galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a remar aos 8 anos na Sociedade Deportiva Tirán[1] en traíñeiras (banco fixo), onde o seu adestrador foi Pablo Gutiérrez. En categoría infantil proclamouse campión de España coa embarcación de Tirán[2]. Máis adiante, da man do adestrador Arturo Abruñedo, marchou a Vigo para remar en banco móbil[3].

En 2014 comezou a representar a España, estando aínda en categoría júnior, e acudiu aos mundiais na proba de 8 sen temoneiro. Ao ano seguinte (2015) compite tamén nos mundiais júnior, pero en 4 sen temoneiro.

En febreiro de 2016 comezou a remar con Adriá Mitjavila na categoría de dobre scull (os remeiros bogan con cadanseus dous remos) no peso lixeiro; Conde voga a popa. Xuntos participaron ese ano no memorial Paolo D'Aloja en Italia, na copa do Mundo absoluta de Varese (onde acadaron un quinto posto) e nas repescas para os Xogos Olímpicos do Río, para os que ao cabo non conseguiron a praza. Con todo, en agosto dese ano si gañaron o seu primeiro gran título, o mundial sub23[1], no peso lixeiro do dobre scull, en Róterdam. Naquel tempo era[4] do club de remo Robaleira, da Guarda.

Ao ano seguinte, 2017, e facendo parella con Jordi R. Orofino, obtiveron o bronce no mundial sub23 de Plovdiv. En 2018, no mundial sub23 de Poznań, recuncou no ouro, nesta ocasión canda Manel Balastegui[3]. A canda Patricio Rojas ese mesmo ano participou nos mundiais absolutos, onde non pasaron do sexto posto, de novo en Plovdiv. En 2019 pasou á categoría absoluta e volveu remar con Balastegui: foron quintos no mundial de Ottensheim.

2020 non foi un bo ano: remando con Belastegui, pero neste caso de proeiro, quedaron nunha das repescas do europeo e Conde renunciou[5] a competir nos Xogos de Toquio de 2020 (celebrados en 2021): as esixencias de baixar de peso para poder competir na categoría de peso de lixeiro, para a que xa tiñan pasaporte olímpico, foron a causa aducida. De feito, xa en 2021 pasou a competir en categoría aberta, é dicir, sen límite de peso: facendo de proeiro na embarcación de dobre scull con Aleix García, pasaron á final C no europeo e non se clasificaron para os Xogos.

Ao ano seguinte, en 2022, Aleix García e mais Conde (que regresaba á súa posición clásica na popa), conseguiron o bronce na copa do Mundo[6] e unhas semanas máis tarde a prata no Europeo de remo de Múnic[7].

Vida persoal[editar | editar a fonte]

En 2014 marchou adestrar ao centro de alto rendemento de Banyoles[4], e logo a Sevilla, onde estivo vivindo ata 2019[8].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Piñeiro, X.M. (2016-09-18). "“O remo en banco móbil exixe a perfección”". Nós Diario. Consultado o 2022-08-15. 
  2. D.C., J. (2018-08-01). "Rodrigo Conde, un Nadal del remo". Atlántico (en castelán). Consultado o 2022-08-15. 
  3. 3,0 3,1 Collarte, César (2018-07-31). "Rodrigo Conde "Es una sensación brutal estar a este nivel"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2022-08-15. 
  4. 4,0 4,1 Vázquez Fraga, Miriam (2016-08-27). "El remero moañés Rodrigo Conde, campeón del mundo sub-23". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2022-08-15. 
  5. "Rodrigo Conde renuncia al peso ligero con plaza olímpica: "No me compensa seguir haciendo locuras para perder kilos"". MARCA (en castelán). 2021-02-28. Consultado o 2022-08-15. 
  6. "Rodrigo CONDE ROMERO". World Rowing (en inglés). Consultado o 16 de xaneiro de 2023. 
  7. "El moañés Rodrigo Conde, plata en los Europeos de Múnich". Diario de Pontevedra (en castelán). 2022-08-14. Consultado o 2022-08-15. 
  8. "Rodrigo Conde: «Del remo se puede vivir»". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-11-11. Consultado o 2022-08-15.