Belén Toimil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Belén Toimil
Nacemento5 de maio de 1994
Lugar de nacementoMugardos
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónatleta
editar datos en Wikidata ]

María Belén Toimil Fernández, nada en Mugardos o 5 de maio de 1994, é unha atleta galega, especializada en lanzamento de peso e disco.

Compite no Playas de Castellón e é a actual posuidora do récord de España de lanzamento de peso. Foi 3 veces campioa de España e 21 veces campioa de Galicia, e participou nos Xogos Olímpicos de 2020.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi campioa de Galicia e de España en categorías inferiores en numerosas ocasións, tanto en lanzamento de peso como en disco, destacando nesa época os seus 21 títulos de campioa de España.[1] Ademais comezou a competir dende moi nova na categoría absoluta, e en 2012, con 18 anos, logrou subir por primeira vez ao podio do Campionato de España absoluto, logrando a medalla de bronce tanto en peso como en disco.

En 2017 participou no Campionato do Mundo de Atletismo, onde quedou eliminada na rolda de clasificación.[2] En setembro de 2020, despois de ter sumado nos anos anteriores ata 16 medallas nos Campionatos de España, a maioría delas de prata, proclamouse por primeira vez campioa, tras lanzar o peso a 16.20 m no campionato ao aire libre disputado en Moratalaz.[3]

En febreiro de 2021 proclamouse campioa de España en pista cuberta cun lanzamento de 17,81, destronando despois de 11 anos a Úrsula Ruiz.[4] Dúas semanas despois, no Campionato de Europa de Atletismo en pista cuberta na cidade polaca de Toruń, lanzou o peso a 18,64 metros, batendo por 70 centímetros o récord de España que levaba un cuarto de século en poder de Martina de la Puente.[5] Fíxoo na fase de clasificación, mentres que na final quedou sétima cun lanzamento de 18,01 m.[6]

O 26 de xuño de 2021, en Xetafe, gañou o seu terceiro título nacional e o segundo ao aire libre.[7] Tres días despois superou o récord de España de lanzamento de peso ao aire libre, establecéndoo en 18,80 metros, nun mitin celebrado en Castelló de la Plana.[8]

En xullo disputou os seus primeiros Xogos Olímpicos en Toquio, onde iniciou a súa participación buscando a clasificación para a final. Os seus dous primeiros lanzamentos foron nulos, polo que no terceiro realizou un lanzamento máis conservador, pero este quedou curto, ficando a atleta fóra da final por só 5 centímetros.[9]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Lanzamento de peso[editar | editar a fonte]

  • Campionato de España ao aire libre (2): 2020, 2021.
  • Campionato de España en pista cuberta (1): 2021.
  • Campionato de Galicia ao aire libre (7): 2011, 2013, 2015, 2016, 2017, 2018, 2020.
  • Campionato de Galicia en pista cuberta (7): 2011, 2014, 2016, 2017, 2018, 2020, 2021.
  • Campionato de España sub-23 ao aire libre (3): 2014, 2015, 2016.
  • Campionato de España sub-23 en pista cuberta (2): 2015, 2016.
  • Campionato de España sub-20 ao aire libre (2): 2012, 2013.
  • Campionato de España sub-20 en pista cuberta (2): 2012, 2013.
  • Campionato de España sub-18 ao aire libre (2): 2010, 2011.
  • Campionato de España sub-18 en pista cuberta (2): 2010, 2011.
  • Campionato de España sub-16 ao aire libre (1): 2009.
  • Campionato de Galicia sub-23 ao aire libre (1): 2014.
  • Campionato de Galicia sub-23 en pista cuberta (2): 2014, 2016.
  • Campionato de Galicia sub-20 ao aire libre (2): 2011, 2013.
  • Campionato de Galicia sub-20 en pista cuberta (1): 2013.
  • Campionato de Galicia sub-18 ao aire libre (2): 2010, 2011.
  • Campionato de Galicia sub-18 en pista cuberta (2): 2010, 2011.
  • Campionato de Galicia sub-16 ao aire libre (1): 2009.
  • Campionato de Galicia sub-16 en pista cuberta (1): 2009.
  • Campionato de Galicia sub-14 en pista cuberta (2): 2007, 2008.

Lanzamento de disco[editar | editar a fonte]

  • Campionato de Galicia (7): 2012, 2015, 2016, 2017, 2018, 2020.
  • Campionato de España sub-23 (1): 2014.
  • Campionato de España sub-20 (1): 2012.
  • Campionato de España sub-18 (2): 2010, 2011.
  • Campionato de España sub-16 (1): 2009.
  • Campionato de Galicia sub-23 (1): 2014.
  • Campionato de Galicia sub-20 (2): 2012, 2013.
  • Campionato de Galicia sub-18 (2): 2010, 2011.
  • Campionato de Galicia sub-16 (1): 2009.

Triplo salto[editar | editar a fonte]

  • Campionato de Galicia sub-20 (1): 2012.

Marcas persoais[editar | editar a fonte]

Data Especialidade Lugar Marca[10]
4 de marzo de 2021 Lanzamento de peso (pista cuberta) Toruń 18,63 m
29 de xuño de 2021 Lanzamento de peso (aire libre) Castelló 18.80 m
23 de febreiro de 2013 Lanzamento de disco (aire libre) León 50.42 m

     Récord nacional     Récord galego

Resultados[editar | editar a fonte]

Competicións internacionais[editar | editar a fonte]

Ano Evento Lugar Posición Disciplina Marca
Categorías cadete, xuvenil, júnior e promesas
2011 Campionato do Mundo de Atletismo Xuvenil Lille 19ª (q) Lanzamento de peso 12,87 m
22ª (q) Lanzamento de disco 44,21 m
2012 Campionato do Mundo de Atletismo sub-20 Barcelona 12ª Lanzamento de peso 14,29 m
20ª (q) Lanzamento de disco 45,83 m
2013 Campionato de Europa de Atletismo sub-20 Rieti Lanzamento de peso 15,82 m
Lanzamento de disco 50,15 m
2015 Campionatos Europeos de Atletismo sub-23 Tallin, Estonia 10ª Lanzamento de peso 15,66 m
2016 Xogos Mediterráneos sub-23 Radès Lanzamento de peso 16,30 m
Absoluto
2016 Campionato de Europa de Atletismo Ámsterdam 21ª (q) Lanzamento de peso 16,00 m
2017 Campionato do Mundo de Atletismo Londres 26ª (q) Lanzamento de peso 16,38 m
2021 Campionato de Europa de Atletismo en Pista Cuberta Toruń Lanzamento de peso 18,63 m

Competicións nacionais[editar | editar a fonte]

Data Competición Lugar Disciplina Resultado Marca
Categorías cadete, xuvenil, júnior e promesas
2008 Campionato de España de atletismo sub-16 en pista cuberta Oviedo Lanzamento de peso 12ª 10,01 m
Campionato de España de atletismo sub-16 Lugo Lanzamento de peso 10ª 10,29 m
Lanzamento de disco 31,64 m
2009 Campionato de España de atletismo sub-16 en pista cuberta Oviedo Lanzamento de peso 11,77 m
Campionato de España de atletismo sub-16 El Prat de Llobregat Lanzamento de peso 12,73 m
Lanzamento de disco 37,97 m
2010 Campionato de España de atletismo sub-18 en pista cuberta Oviedo Lanzamento de peso 12,20 m
Campionato de España de atletismo sub-18 Nerja Lanzamento de peso 12,70 m
Lanzamento de disco 37,71 m
2011 Campionato de España de atletismo sub-18 en pista cuberta Zaragoza Lanzamento de peso 13,48 m
Campionato de España de atletismo sub-18 Granollers Lanzamento de peso 12,45 m
Lanzamento de disco 42,85 m
2012 Campionato de España de atletismo sub-20 en pista cuberta Donostia Lanzamento de peso 14,72 m
Campionato de España de atletismo sub-20 Avilés Lanzamento de peso 15,46 m
Lanzamento de disco 48,16 m
2013 Campionato de España de atletismo sub-20 en pista cuberta Antequera Lanzamento de peso 15,10 m
Campionato de España de atletismo sub-20 Castelló de la Plana Lanzamento de peso 15,48 m
Lanzamento de disco 47,25 m
2014 Campionato de España de atletismo sub-23 en pista cuberta Antequera Lanzamento de peso 15,24 m
Campionato de España de atletismo sub-23 Durango Lanzamento de peso 15,49 m
Lanzamento de disco 49,50 m
2015 Campionato de España de atletismo sub-23 en pista cuberta Antequera Lanzamento de peso 15,30 m
Campionato de España de atletismo sub-23 Tarragona Lanzamento de peso 16,31 m
Lanzamento de disco 46,91 m
2016 Campionato de España de atletismo sub-23 en pista cuberta Donostia Lanzamento de peso 15,06 m
Campionato de España de atletismo sub-23 Toledo Lanzamento de peso 15,79 m
Absoluto
2011 Campionato de España de atletismo en pista cuberta Valencia Lanzamento de peso 10ª 12,45 m
Campionato de España de atletismo Málaga Lanzamento de peso 14,01 m
Lanzamento de disco 10ª 42,87 m
2012 Campionato de España de atletismo en pista cuberta Sabadell Lanzamento de peso 15,14 m
Campionato de España de atletismo Pamplona Lanzamento de peso 14,91 m
Lanzamento de disco 46,94 m
2013 Campionato de España de atletismo en pista cuberta, en triplo salto Sabadell Lanzamento de peso 14,98 m
Campionato de España de atletismo Alcobendas Lanzamento de peso 14,97 m
Lanzamento de disco 47,32 m
2014 Campionato de España de atletismo en pista cuberta, en triplo salto Sabadell Lanzamento de peso 15,10 m
Campionato de España de atletismo Alcobendas Lanzamento de peso 15,35 m
Lanzamento de disco 46,44 m
2015 Campionato de España de atetismo en pista cuberta Antequera Lanzamento de peso 15,27 m
Campionato de España de atetismo Castelló de la Plana Lanzamento de peso 15,98 m
2016 Campionato de España de atletismo en pista cuberta Madrid Lanzamento de peso 15,40 m
Campionato de España de atletismo Xixón Lanzamento de peso 16,10 m
2017 Campionato de España de atletismo en pista cuberta Salamanca Lanzamento de peso 16,27 m
Campionato de España de atetismo Barcelona Lanzamento de peso 17,19 m
2018 Campionato de España de atletismo en pista cuberta Valencia Lanzamento de peso 15,83 m
Campionato de España de atetismo Xetafe Lanzamento de peso 15,77 m
2019 Campionato de España de atletismo La Nucía Lanzamento de peso 16,77 m
2020 Campionato de España de atletismo en pista cuberta Ourense Lanzamento de peso 16,16 m
Campionato de España de atletismo Madrid Lanzamento de peso 16,20 m
2021 Campionato de España de atletismo en pista cuberta Madrid Lanzamento de peso 17,81 m
Campionato de España de atletismo Xetafe Lanzamento de peso 18,52 m

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Belén Toimil" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Consultado o 25 de xullo de 2021. 
  2. "La mugardesa Belén Toimil, eliminada". La Opinión A Coruña (en castelán). 9 de agosto de 2017. Consultado o 25 de xullo de 2021. 
  3. Castro, X. R. (12 de setembro de 2020). "Oros para Belén Toimil y Antía Chamosa en el Campeonato de España de atletismo". La Voz de Galicia. Consultado o 6 de marzo de 2021. 
  4. "Belén Toimil se corona campeona de España bajo techo sin récord: "Me quedé con la espinita"" (en castelán). 20 de febreiro de 2021. Consultado o 20 de febreiro de 2021. 
  5. "Belén Toimil pulveriza el récord de España de peso con 18,64". Sport (en castelán). 4 de marzo de 2021. Consultado o 6 de marzo de 2021. 
  6. "Belén Toimil, sétima no Europeo de Pista Cuberta". Nós Diario. 5 de marzo de 2021. Consultado o 6 de marzo de 2021. 
  7. "Belén Toimil, título y récord del Nacional en Getafe" (en castelán). 27 de xuño de 2021. Consultado o 25 de xullo de 2021. 
  8. "Belén Toimil bate su propio récord de España". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de xuño de 2021. Consultado o 30 de xuño de 2021. 
  9. "Belén Toimil se queda fuera de la final de lanzamiento de peso". RTVE (en castelán). 30 de xullo de 2021. Consultado o 31 de xullo de 2021. 
  10. "Perfil de Belén Toimil". worldathletics.org (en inglés). Consultado o 6 de marzo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]