María Pérez Araújo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
María Araújo
Maria Araujo. UniFerrol.jpg
Star Center Uni Ferrol  – No. 15
Ala / Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 1 de agosto de 1997 (22 anos)
Galiza Vigo, Galiza
Altura 1,85 m (6 ft 1 in)
Información da carreira
Canteira RC Celta Baloncesto
Carreira desde 2012
Historial de equipos
RC Celta Baloncesto (2012–2015) LF2
Star Center Uni Ferrol (2015–presente) LF

María Pérez Araújo, nada en Vigo o 1 de agosto de 1997, é unha xogadora profesional galega de baloncesto, máis coñecida como María Araújo. Actualmente xoga para o Uni Ferrol da LF nas posicións de ala ou ala-pivote. Foi campioa do Eurobasket 2017 sub-20 coa selección española, sendo nomeada mellor xogadora do Torneo.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada en Vigo, María Araújo é filla da histórica xogadora do Real Club Celta Baloncesto Ángeles Araújo.[2] A súa formación na canteira do Celta comezou no segundo ano de infantil, promocionando polas categorías inferiores do club vigués até o seu debut co equipo sénior na temporada 2012−13, cando debuta na LF2 con tan só 14 anos, 11 meses e 1 día, récord de precocidade á hora de vestir a camisola celeste. No equipo da cidade olívica permanece durante tres campañas (2012−2015), destacando xa na súa segunda campaña cunha media de 13 puntos por encontro.[3]

Na temporada 2015−16 asina polo Uni Ferrol, debutando na máxima categoría. Para mellorar o seu rendemento muda de posición, pasando de ser escolta a xogar de ala ou ala-pivote. Na súa segunda campaña en Ferrol convértese na xogadora revelación da liga, finalizando a liga regular cunha media de 12,1 puntos, 8,9 rebotes e 13 de valoración en 35 minutos por partido. A súa achega foi vital para a clasificación do club á Copa da Reíña e a finalización no terceiro posto da liga, caendo nas semifinais ante Perfumerías Avenida. No Europeo sub-20 de 2017 celebrado en Matosinhos, no que España resulta campioa, María é elixida como mellor xogadora do torneo (MVP) é membro do quinteto ideal.

Clubs[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Ouro no Campionato Europeo sub-18 (2015)
  • Ouro no Campionato Europeo sub-20 (2017)
  • Prata no Campionato Mundial sub-17 (2014)
  • MVP do Campionato Europeo sub-20 (2017)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]