Saltar ao contido

Antonio Serrat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Serrat

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xaneiro de 1995 Editar o valor en Wikidata (29 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntriatleta Editar o valor en Wikidata
Deportetríatlon Editar o valor en Wikidata

Antonio Serrat Seoane, nado en Vigo o 24 de xaneiro de 1995, é un triatleta galego. Gañou a medalla de bronce no Campionato Europeo de Tríatlon de 2021 e a de prata no Campionato Europeo de Tríatlon de Velocidade do mesmo ano, e competiu nos Xogos Olímpicos de 2024.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Categorías inferiores

[editar | editar a fonte]

Comezou a destacar no tríatlon e no dúatlon dende neno. Así, en 2009 proclamouse campión galego infantil de tríatlon,[1] en 2011 campión galego cadete de dúatlon e subcampión de España cadete de tríatlon, e en 2013 campión galego júnior de tríatlon e subcampión de España júnior de dúatlon.[2][3][4]

Ademais comezou a competir internacionalmente en categorías inferiores e no 2014 proclamouse en Pontevedra campión do mundo de relevos mixtos e subcampión do mundo de dúatlon (por detrás de Jacob Birtwhistle e por diante de Gustav Iden,[5][6] en ambos casos na categoría júnior, nun ano no que foi ademais subcampión de España e de Europa júnior de tríatlon (só superado no certame europeo polo francés Raphaël Montoya).[7][8][9]

Categoría absoluta

[editar | editar a fonte]

Tamén en 2014 disputou as súas primeiras competicións internacionais en categoría absoluta e no 2015 quedou segundo nunha proba da Copa de Europa disputada en Melilla, por detrás de Gordon Benson e por diante de Uxío Abuín.[10][11] En 2016 quedou de novo segundo noutra proba da Copa de Europa, esta vez en Madrid, onde foi superado só polo noruegués Kristian Blummenfelt, futuro campión olímpico, e onde logrou quedar por diante de nomes como Uxío Abuín, Gustav Iden ou Iván Raña.[12] Ademais foi campión de Galicia de campo a través sub-23 en 2015, 2016 e 2017.[13]

No ano 2017 conseguiu subir ao podio por primeira vez nunha proba da Copa do Mundo. Foi na cidade chinesa de Weihai, onde rematou terceiro por detŕas de Abuín e Rodrigo González.[14] Ao ano seginte disputou os Xogos Mediterráneos en Tarragona, onde conseguiu a medalla de prata, sendo o ouro para o portugués João José Pereira.[15] Ese mesmo ano proclamouse campión galego de tríatlon de velocidade e volveu subir ao podio na Copa do Mundo en Weihai, onde quedou segundo por detrás de Gustav Iden e por diante do futuro campión olímpico e do mundo Alex Yee.[16][17] En 2019 proclamouse campión de Galicia absoluto de campo a través, despois dunha dura loita con Manuel Hurtado.[18]

No 2020 proclamouse subcampión de España de tríatlon de velocidade, só por detrás de Fernando Alarza,[19] e ao ano seguinte quedou tamén segundo no Campionato Europeo da mesma modalidade en Kitzbühel, onde acabou a seis segundos do campión, o suízo Max Studer.[20] En xuño de 2021 foi elixido pola Federación Española como suplente dos tres triatletas seleccionados para representar a España nos Xogos Olímpicos de Toquio: Javier Gómez Noya, Mario Mola e Fernando Alarza.[21] En setembro participou no Campionato Europeo de Tríatlon en Valencia, conseguindo o terceiro posto, só por detrás de Dorian Coninx e Roberto Sánchez Mantecón.[22]

En París 2024 converteuse no terceiro triatleta galego en participar nuns Xogos Olímpicos, despois de Iván Raña, Xavier Gómez Noya e Pilar Hidalgo. Tralo adiamento da proba masculina de tríatlon pola mala calidade da auga do río Sena, esta disputouse finalmente o 31 de xullo.[23] A mala actuación de Serrat no sector de natación lastrou o resto da súa proba, e aínda que remontou posicións na bicicleta e na carreira a pé, só puido chegar á meta na 32ª posición, a máis de cinco minutos do vencedor, o británico Alex Yee.[24] Seis días despois disputou tamén a proba de remudas mixtas, xunto a Alberto González, Anna Godoy e Míriam Casillas. O equipo rematou noveno despois de dúas penalizacións.[25]

Palmarés internacional

[editar | editar a fonte]
Tríatlon
Campionato Europeo
Ano Lugar Medalla Proba
2021 España Valencia Medalla de bronce Bronce Individual
Tríatlon de velocidade
Campionato Europeo
Ano Lugar Medalla Proba
2021 Austria Kitzbühel Medalla de prata Prata Individual
Xogos Mediterráneos
Ano Lugar Medalla Proba
2018 España Tarragona Medalla de prata Prata Individual
  1. "Los favoritos no fallan en el autonómico alevín, infantil y cadete". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de xullo de 2009. Consultado o 3 de agosto de 2021. 
  2. "Jornada de medallas en Samil". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de setembro de 2011. Consultado o 3 de agosto de 2021. 
  3. "Clasificacións tríatlon Galicia 2012" (PDF). Federación Galega de Tríatlon. Consultado o 3 de agosto de 2021. 
  4. "Triunfos para Laura Gómez y Antonio Benito" (en castelán). 27 de abril de 2013. Consultado o 3 de agosto de 2021. 
  5. "Campionato do mundo de remudas mixtas 2014". triathlon.org (en inglés). Consultado o 3 de agosto de 2021. 
  6. "Campionato do mundo de dúatlon júnior 2014". triathlon.org (en inglés). Consultado o 3 de agosto de 2021. 
  7. "Campionato de España júnior de tríatlon". triathlon.org (en inglés). Consultado o 3 de agosto de 2021. 
  8. "Campionato de Europa júnior de tríatlon". triathlon.org (en inglés). Consultado o 3 de agosto de 2021. 
  9. "Alistair se reivindica con el título de campeón de Europa, Chente bronce, Alarza cuarto y Serrat plata en junior." (en castelán). 21 de xuño de 2014. Consultado o 3 de agosto de 2021. 
  10. "Copa de Europa Melilla 2015". triathlon.org (en inglés). Consultado o 3 de agosto de 2021. 
  11. "PRATA PARA ANTONIO SERRAT E BRONCE DE UXÍO ABUÍN, NA COPA DE EUROPA DE TRÍATLON DE MELILLA". 19 de abril de 2015. Consultado o 3 de agosto de 2021. 
  12. "Antonio Serrat subcampeón en la copa de Europa de Triatlón de Madrid" (en castelán). 2 de maio de 2016. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2021. Consultado o 3 de agosto de 2021. 
  13. "Campións de Galicia de campo a través sub-23" (PDF). Federación Galega de Atletismo. Consultado o 27 de agosto de 2021. 
  14. "Uxío Abuín conquista el oro en la Copa del Mundo de Weihai". El Correo Gallego (en castelán). 30 de setembro de 2017. Consultado o 3 de agosto de 2021. 
  15. "Serrat y Benito, plata y bronce en el triatlón masculino de los Juegos" (en castelán). 23 de xuño de 2018. Consultado o 3 de agosto de 2021. 
  16. "Serrat, rey de Galicia" (en castelán). 20 de agosto de 2018. Consultado o 3 de agosto de 2021. 
  17. "ANTONIO SERRAT, SUBCAMPIÓN NA COPA DO MUNDO DE WEIHAI". 22 de setembro de 2018. Consultado o 3 de agosto de 2021. 
  18. "Antonio Serrat, un triatleta que manda en el cros". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de febreiro de 2019. Consultado o 27 de agosto de 2021. 
  19. "Fernando Alarza, campeón de España de triatlón sprint 2020". Mundo Deportivo (en castelán). 23 de agosto de 2020. Consultado o 3 de agosto de 2021. 
  20. "Serrat, subcampeón europeo en sprint". Faro de Vigo (en castelán). 20 de xuño de 2021. Consultado o 3 de agosto de 2021. 
  21. "Serrat, el buen suplente de lujo" (en castelán). 22 de xuño de 2021. Consultado o 3 de agosto de 2021. 
  22. "Roberto Sánchez y Antonio Serrat brillan en el Europeo de Valencia". Marca (en castelán). 25 de setembro de 2021. Consultado o 29 de setembro de 2021. 
  23. "Antonio Serrat queda 32º na proba de tríatlon". Televisión de Galicia. 31 de xullo de 2024. Consultado o 31 de xullo de 2024. 
  24. "El gallego Antonio Serrat, trigésimo segundo en el triatlón olímpico". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de xullo de 2024. Consultado o 31 de xullo de 2024. 
  25. "España, al borde del diploma olímpico en el relevo mixto de triatlón" (en castelán). 5 de agosto de 2024. Consultado o 6 de agosto de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]