Gabinete de Numismática (Porto)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outros artigos de entidades numismáticas coa palabra "gabinete", véxanse as páxinas de homónimos Gabinete, e Gabinete de Medallas e Gabinete numismático.
Gabinete de Numismática
(Museo da Cidade)
Palacete Viscondes Balsemao, sede do
Gabinete de Numismática
CoordenadasCoordenadas: 41°8′56.731″N 8°36′55.040″O / 41.14909194, -8.61528889
PaísPortugal Portugal
Cidade Porto
Inauguración1852 No Museo Municipal do Porto.
1942 No Museo Nacional Soares dos Reis.
1988 Na Casa Tanit.
2008 Na configuración actual.
editar datos en Wikidata ]

O Gabinete de Numismática é un dos núcleos museolóxicos que constitúen o chamado Museo da Cidade do Porto, que conta cunha das maiores coleccións de numismática de Portugal, centrada sinaladamente na moeda grega, romana, visigoda, dos reinos cristiáns, árabe e portuguesa.[1][2]

Configuración actual[editar | editar a fonte]

O Museu da Cidade é a designación dada a un conxunto de núcleos museolóxicos espallados pola cidade do Porto. Ademais do Gabinete de Numismática, os restantes núcleos son o sitio arqueolóxico da Rúa D. Hugo, a Casa do Infante (Torre Norte), o Museo do Viño do Porto e o Museo Romántico da Quinta da Macieirinha.[3][4]

Está instalado no Palacete dos Viscondes de Balsemão (século XVIII), no número 71 da praza de Carlos Alberto, na Baixa do Porto (metro: Trindade).[5][6]

Historia[editar | editar a fonte]

A colección iniciouse en 1850, coa adquisición da colección particular de João Allen (1781-1848) polo municipio para a constitución do Museo Municipal do Porto, inaugurado en 1852 na rúa da Restauração.[7]

Non foi ata 1937 cando se iniciou o proceso de inventariado da colección, que posteriormente foi trasladada ao Palacio dos Carrancas, da mesma cidade, onde foi inaugurado o Museo Nacional de Soares dos Reis, en 1942.

Naquela nova localización permaneceu a colección ata o seu traslado ás instalacións da coñecida como CasaTait (ou Quinta do Meio), na freguesía de Massarelos, en decembro de 1988.

A Casa Tait, onde estivo instalado o Gabinete de Numismática entre 1988 e 2009.

Desde setembro de 2008 o Gabinete de Numismática foi trasladado para as súas instalacións actuais do Palacete dos Visconde, na praza de Carlos Alberto, onde se albergan as moedas, medallas, condecoracións, cuños e matrices de papel moeda, con series que abranguen toda a historia da numismática, desde as orixes da moeda ata a actualidade, pasando por exemplares de procedencia grega, romana, sueva, visigoda ou árabe.[8]

A entrada ao museo é gratuíta e en 2009 o número de visitantes foi de 1131.[9] O horario habitual de apertura é de luns a venres de 9:00 a 19:30 horas, e os sábados de 10:00 a 12:00 e de 15:00 a 19:00 (entre abril e outubro), e de 10:00 a 12:00 e de 13:00 a 17:30 (de novembro a marzo); pecha os domingos e festivos.[10]

O 1 de febreiro de 2018 emprendéronse unhas obras de mantemento e reacondicionamento das instalacións que provocaron o pechamento temporal do museo.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Gabinete de Numismática Arquivado 07 de novembro de 2018 en Wayback Machine.". En Guía Oporto.
  2. "Gabinete de Numismática Arquivado 07 de novembro de 2018 en Wayback Machine.". En Stay in Porto.
  3. Gilabert González, L. M. (2015). "El Proyecto del Museu da Cidade do Porto". Páxinas 103-104.
  4. Gilabert González, L. M. (2001). Páxinas 469-470.
  5. Visita virtual ao edificio Arquivado 15 de xullo de 2018 en Wayback Machine.. En Visitasvirtuais.cm-porto.pt.
  6. "Numismatics department of the Palace of the Viscounts of Balsemão". En Numista.com.
  7. Pereira, Isabel. (2003). Páxina 12 Arquivado 07 de novembro de 2018 en Wayback Machine..
  8. "Museu da Cidade. Núcleos: Gabinete de Numismática". Na web de Patrimonio Cultural de Portugal.
  9. "Mais de 44 mil passaram pelos museus municipais". En Jornal de Notícias. 3 de agosto de 2009.
  10. "Gabinete de Numismática Arquivado 07 de novembro de 2018 en Wayback Machine.". En Visit Porto.
  11. "Gabinete de Numismática Arquivado 07 de novembro de 2018 en Wayback Machine.". Na web da Cámara Municipal do Porto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]