María de Portugal, marquesa de Tortosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría de Portugal, marquesa de Tortosa
Biografía
Nacemento6 de abril de 1342 Editar o valor em Wikidata
Évora, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte1377 Editar o valor em Wikidata (34/35 anos)
Xénova Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Portugal Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Borgoña Editar o valor em Wikidata
CónxuxeFernando de Aragón (en) Traducir (1354 (Gregoriano)–) Editar o valor em Wikidata
PaisPedro I de Portugal Editar o valor em Wikidata  e Constança Manuel (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsLuís de Portugal (1340) (pt) Traducir, Fernando I de Portugal, Infanta Maria of Portugal (pt) Traducir, Infante Afonso (pt) Traducir, João de Portugal, Duque de Valência de Campos (pt) Traducir, Dinis de Portugal, Senhor de Cifuentes (pt) Traducir, Beatriz de Portugal, Condessa de Alburquerque (pt) Traducir e Xoán I de Portugal Editar o valor em Wikidata

WikiTree: De_Castile-28

María de Portugal, nada en Évora en 1342 e finada despois de 1375 en Aveiro, foi unha infanta de Portugal, filla de Pedro I de Portugal e de Constanza Manuel de Castela.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Quedou orfa de nai con 3 anos, o seu único irmán de pai e nai foi Fernando I de Portugal e tivo 4 medios irmáns pola relación do seu pai coa nobre galega Inés de Castro.

En 1354, o seu avó casouna cun familiar quince anos maior que ela, Fernando de Aragón, marqués de Tortosa, neto de Fernando IV de Castela, e de Afonso IV de Aragón.[1] A noiva, no momento do matrimonio, aínda non cumprira os doce anos. Deste matrimonio non houbo descendencia, pois a infanta era estéril. Zurita menciona que "muestran al rey de Aragón mucho descontento y pesar".

O marido estaba exiliado en Castela desde xullo de 1348, cando derrotado polo seu medio irmán Pedro IV de Aragón, viuse obrigado a abandonar o reino de Valencia.

Durante a Guerra dos dous Pedros, entre o seu medio irmán Pedro IV e o seu curmán Pedro I de Castela O cruel, Fernando, que aspiraba ao trono deste último, resultou ser un aliado molesto para Pedro IV, quen fixo que o asasinasen o 16 de xullo de 1363.

Viúva, María veu como o seu cuñado se apoderou dos dominios do seu marido (Tortosa, Albarracín, Fraga e outros lugares) e prohibiulle, regresar a Portugal até ela renunciar aos seus bens. Tras unha fuga infrutuosa, María foi presa baixo a custodia de dúas damas aragonesas da súa cuñada Leonor de Sicilia, a pesar das protestas de Carlos II de Navarra, que a apoiou. Durante os nove anos seguintes, María viviu en Barcelona rodeada de parentes do seu marido que a odiaban até o punto de querer matala, porén sospeitaban que ela podería usar maxia e feitizos contra os seus inimigos.

Rexeitou a proposta de matrimonio con Federico III de Sicilia que o papa Urbano V lle propuña. Finalmente, en 1373, María e Pedro IV chegaron a un acordo e ela estableceu herdeiro universal ao seu irmán Fernando.

Con todo, no contexto das Guerras Fernandinas, María esforzouse por establecer a alianza entre as coroas de Aragón e Portugal

Desde Valencia enviado este invierno por embajadores a Fernando Fernando de Portugal, don Juan de Vilaragut y un erudito que decide ser Bernaldo de Miragle; y llevaban comisión para ocuparse del matrimonio del infante don Juan duque de Girona con la infanta doña Beatriz hermana del rey de Portugal, que siempre movió la guerra contra el rey de Castilla entrando con fuerza por Galicia, pretendiendo que pertenecía a la sucesión de aquellos reinos como el bisabuelo del rey Don Sancho y el gran rey de la Reina Beatriz su amor que con el rey Don Alonso de Portugal en su camino. Estoy muy emocionado porque esta paz y nueva confederación se está produciendo entre el rey de Aragón y Portugal del hijo de la Reina de Portugal, la hija del portugués don Fernando marqués de Tortosa que estuvo en estos reinos".

Segundo Zurita, nos termos do tratado de alianza entre os dous reinos, o conde de Barcelos, Martim García e Baltasar de Espinola "ballestero do rei de Portugal" serían reféns (garantes).

En 1375, ela regresou a Portugal, fíxose monxa no convento de San FrancIsco en Santarém, onde viviu até o seu pasamento. Non sabemos a data da súa morte, probabelmente despois de 1375; coñécese unha carta de 1374, do futuro Xoán I de Aragón para o seu pai, na que acusa a María de Portugal de ser a instigadora da morte da primeira esposa dese príncipe, polo que é de presumir que nese ano aínda vivía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Maria (D.).". Portugal - Dicionário Histórico, Corográfico, Heráldico, Biográfico, Bibliográfico, Numismático e Artístico (en portugués). p. 825. Consultado o 9 de decembro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]