Tratado de Alcoutim
O Tratado de Alcoutim, denominado na súa época como as Paces de Alcoutim, foi un tratado de paz que se concertou o 31 de marzo de 1371 na vila arraina de Alcoutim, no Algarve, entre os reis Fernando I de Portugal e Henrique II de Castela, que poñía fin á primeira das guerras fernandinas.
Cláusulas
[editar | editar a fonte]Polas súas cláusulas, o soberano de Portugal comprometíase a manter boas relacións co rei de Francia.
Ademais da paz na primeira guerra fernandina (1372-1373),[1] estipulábase o casamento do rei portugués con Leonor de Trastámara filla do rei castelán.[2]
O tratado foi confirmado no mesmo ano en Toro, onde o xuraron o rei, e os nobres e prelados de Castela.
No ano seguinte celebrouse un novo acordo (abril de 1372), en Tui (o tratado de Tui),[3] que modificaba as condións propostas en Alcoutim. Especialmente, dispensando o referido compromiso de casamento, e restabelecéndose de novo a fronteira anterior ao Tratado de Alcoutim.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Olivera Serrano 2005, p. 53-55.
- ↑ de Oliveira Marques, A. H. R. (1977): História de Portugal. Volume I. Queluz de Baixo, Oeiras: Editorial Presença. ISBN 978-97-2232-189-1.
- ↑ Olivera Serrano 2005, p. 55.
- ↑ "Convenção de Tui", en José Adelino Maltez (2008): "Crónica do Pensamento Político". Dili, Timor Oriental.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lopes, Fernão (Introdución de Salvador Dias Arnaut) (1966): Crónica do Senhor Rei Dom Fernando, nono rei destes regnos. Porto: Livraria Civilização.
- Martins, Armando Alberto (2008): Guerras fernandinas, 1369-1382. Porto: QuidNovi Editora. ISBN 978-98-9628-026-0.
- Olivera Serrano, César (2005): Beatriz de Portugal. La pugna dinástica Avís-Trastámara. Santiago de Compostela: CSIC. ISBN 84-0008-343-1.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Tratado de Alcoutim, en Artigos de apoio Infopédia (en liña). Porto: Porto Editora, 2003-2017. (Consultada o 19-10-2017).