Saltar ao contido

Faiais primarios dos Cárpatos e outras rexións de Europa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaFaiais primarios dos Cárpatos e outras rexións de Europa
Imaxe
Tipoespazo natural protexido
grupo Editar o valor en Wikidata
Mapa
 49°N 15°L / 49, 15
CordilleiraMontes Cárpatos, Montes Sabatinos e Montañas Ciminas Editar o valor en Wikidata
Composto por
66
Características
AtravesaAlemaña, Eslovaquia, Ucraína, Albania, Bélxica, Bulgaria, Italia, Croacia, Romanía, Eslovenia, España, Austria, Bosnia e Hercegovina, República Checa, Francia, Macedonia do Norte, Polonia e Suíza Editar o valor en Wikidata
SuperficiePatrimonio da Humanidade: 98.124,96 ha
zona de protección: 294.716,32 ha Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio natural  → Europa-América do Norte
Data2007 (31ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ix) Editar o valor en Wikidata
Extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade2011
2017
2021 Editar o valor en Wikidata
Identificador1133
Historia
Cronoloxía
2011 extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade
2017 extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade
2021 extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade Editar o valor en Wikidata

Faiais primarios dos Cárpatos e outras rexións de Europa constitúen unha propiedade natural patrimonio da Humanidade de carácter transnacional composto por máis de 94 bosques (bosques de faia europea, Fagus sylvatica) en 18 países de Europa.[1][2]

Rexión dos Cárpatos

[editar | editar a fonte]

Os bosques primitivos de faias dos Cárpatos inclúen dez macizos separados situados ao longo do eixo longo de 185 km. das montañas desde Rakhiv e Chornohora en Ucraína pasando sobre a crista Poloniny (Eslovaquia) ata as montañas Vihorlat en Eslovaquia. Os antigos bosques de faias de Alemaña inclúen cinco lugares, abarcan 4.391 hectáreas e engadíronse en 2011.

O sitio dos Cárpatos abrangue unha superficie total de 77 971,6 ha, dos cales só 29 278,9 ha forman parte da área actual preservada , mentres que o resto considérase unha "zona colchón". Os bosques primitivos de faias dos Cárpatos abarcan áreas de Zakarpattia e Rexión de Prešovs. Máis do 70% do sitio está situado en Ucraína. A área inclúe dous parques nacionais, e algunhas áreas de hábitat controlado, principalmente en Eslovaquia. Ambos parques nacionais, xunto cunha zona veciña de Polonia, compoñen unha reserva da biosfera separada, a Reserva da Biosfera dos Cárpatos Orientais. Ademais de Havešová, Rožok e Stužica (todos eles situados en Bukovské vrchy), hai un cuarto compoñente situado en Eslovaquia, chamado Kyjovský prales of Vihorlat. Entre as localizacións ucraínas inclúense Chornohora, Kuziy-Trybushany, Maramarosh, Stuzhytsia – Uzhok, Svydovets e Uholka-Shyrikyi Luh. Só algúns dos dez compoñentes son accesibles aos visitantes. Stužica é o único dos tres lugares en Bukovské vrchy (Eslovaquia) con rutas de sendeirismo dispoñibles. En 2017, a UNESCO ampliou o sitio, engadindo bosques en Albania, Austria, Bélxica, Bulgaria, Croacia, Italia, Romanía, Eslovenia e España.[3][4]

O último bosque virxe intacto nas latitudes temperadas de Europa atopámolo nos Cárpatos. As árbores poden vivir ata os cen anos nestes bosques, proporcionando un hábitat importante a organismos como cogomelos, musgo, lique, insectos, aves raras (por exemplo, Pita do monte e Pita do monte negra) e mamíferos (por exemplo, morcegos, oso pardo, lobo e lince). Perdéronse grandes partes do bosque na parte romanesa dos Cárpatos debido á deforestación. A presión sobre a madeira como recurso pode aumentar debido á demanda internacional e as empresas europeas poden comezar a cortar a grande escala na veciña Ucraína. Actualmente as áreas desprotexidas do bosque virxe poden conservarse permanentemente nos Cárpatos ucraínos ampliando e reforzando as áreas de conservación. Nos Cárpatos ucraínos hai nove parques nacionais e dúas reservas da biosfera. Existe unha prohibición xeral de talla de árbores en zonas forestais de coníferas superiores aos 1.100 metros. Se se demostra que as administracións dos parques funcionan, pode producirse a xestión de áreas maiores, antes desprotexidas, do bosque virxe para preservalas de xeito permanente. Hai aproximadamente 100.000 hectáreas adicionais de bosque que se poderían integrar nas áreas de conservación existentes.[5]

Lista de partes compoñentes

[editar | editar a fonte]


Faiais Patrimonio da Humanidade

[editar | editar a fonte]
N.º Ben protexido Tipo de reserva natural Rexión País Zona protexida Zona de respecto
1133-006 Stužnica – Bukovské vrchy Parque nacional de Poloniny Prešov Eslovaquia 2950 ha 11300 ha
1133-005 Rožok Áreas preservadas de Prešov Prešov Eslovaquia 67,1 ha 41,4 ha
1133-010 Vihorlat Áreas preservadas de Prešov Prešov Eslovaquia 2578 ha 2413 ha
1133-002 Bosque primario de Havešová Áreas preservadas de Prešov Prešov Eslovaquia 171,3 ha 63,9 ha
1133bis-011 Jasmund Parque nacional de Jasmund Mecklemburgo-Pomerania Occidental Alemaña 492,5 ha 2510,5 ha
1133bis-012 Serrahn Parque nacional Müritz Mecklemburgo-Pomerania Occidental Alemaña 268,1 ha 2568 ha
1133bis-013 Grumsin Reserva Natural do Bosque de Grumsin Brandeburgo Alemaña 590,1 ha 274,3 ha
1133bis-014 Hainich Parque nacional Hainich Turinxia Alemaña 1573,4 ha 4085,4 ha
1133bis-015 Kellerwald Parque nacional Kellerwald-Edersee Hesse Alemaña 1467,1 ha 4271,4 ha
1133ter-064 Faiais de Ayllón - Tejera Negra Parque natural da Serra Norte de Guadalajara Castela-A Mancha España 255,52 ha 13880,86 ha *
1133ter-065 Faiais de Ayllón - Faial de Montejo Sitio Natural de Interese Nacional do Faial de Montejo de la Sierra Comunidade de Madrid España 71,79 ha 13880,86 ha *
1133ter-066 Faiais de Navarra - Lizardoia Reserva Integral de Lizardoia Navarra España 63,97 ha 24494,52 ha *
1133ter-067 Faiais de Navarra - Aztaparreta Reserva Integral do Barranco de Aztaparreta Navarra España 171,06 ha 24494,52 ha *
1133ter-068 Faiais de Picos de Europa- Faial de Cuesta Fría Parque nacional de Picos de Europa Castela e León España 213,65 ha 14253 ha*
1133ter-069 Faiais de Picos de Europa - Canal de Asotín Parque nacional de Picos de Europa Castela e León España 109,58 ha 14253 ha*
1133ter-019 Kalkalpen-Hintergebirg Parque nacional Kalkalpen Alta Austria Austria 2946,2 ha 14197,24 ha *
1133ter-020 Kalkalpen-Bodinggraben Parque nacional Kalkalpen Alta Austria Austria 890,89 ha 14197,24 ha *
1133ter-021 Kalkalpen-Urlach Parque nacional Kalkalpen Alta Austria Austria 264,82 ha 14197,24 ha *
1133ter-022 Kalkalpen-Wilder Graben Parque nacional Kalkalpen Alta Austria Austria 1149,75 ha 14197,24 ha *
1133ter-018 Dürrenstein Selva de Dürrenstein Baixa Austria, Estiria Austria 1867,45 ha 1545,05 ha
1133ter-016 Lumi i Gashit Parque nacional do val Valbona Kukës Albania 1261,52 ha 8977,48 ha
1133ter-017 Rrajca Parque nacional Shebenik-Jabllanica Elbasan Albania 2129,45 ha 2569,75 ha
1133ter-023 Bosque de Soignes - Reserva Forestal “Joseph Zwaenepoel” Bosque de Soignes Flandres Bélxica 187,34 ha 4650,86 ha *
1133ter-024 Bosque de Soignes - Grippensdelle A Bosque de Soignes Bruxelas Bélxica 24,11 ha 4650,86 ha *
1133ter-025 Bosque de Soignes - Grippensdelle B Bosque de Soignes Bruxelas Bélxica 37,38 ha 4650,86 ha *
1133ter-026 Bosque de Soignes - Reserva forestal de Ticton A Bosque de Soignes Valonia Bélxica 13,98 ha 4650,86 ha *
1133ter-027 Bosque de Soignes - Reserva forestal de Ticton B Bosque de Soignes Valonia Bélxica 6,5 ha 4650,86 ha *
1133ter-028 Balcanes Centrales - Reserva de Boatin Parque Nacional dos Balcáns Centrais Lovech Bulgaria 1226,88 ha 851,22 ha
1133ter-029 Balcáns Centrais - Reserva de Tsarichina Parque Nacional dos Balcáns Centrais Lovech Bulgaria 1485,81 ha 1945,99 ha
1133ter-030 Balcáns Centrais - Reserva de Kozya Stena Parque Nacional dos Balcáns Centrais Lovech Bulgaria 644,43 ha 289,82 ha
1133ter-031 Balcáns Centrais - Reserva de Steneto Parque Nacional dos Balcáns Centrais Lovech Bulgaria 2466,1 ha 1762,01 ha
1133ter-032 Balcáns Centrais - Reserva de Stara Reka Parque Nacional dos Balcáns Centrais Plovdiv Bulgaria 591,2 ha 1480,04 ha
1133ter-033 Balcáns Centrais - Reserva de Djendema Parque Nacional dos Balcáns Centrais Plovdiv Bulgaria 1774,12 ha 2576,63 ha
1133ter-034 Balcáns Centrais - Reserva de Severen Djendem Parque Nacional dos Balcáns Centrais Lovech Bulgaria 926,37 ha 1066,47 ha
1133ter-035 Balcáns Centrais - Reserva de Peeshti Skali Parque Nacional dos Balcáns Centrais Gabrovo, Lovech Bulgaria 1049,1 ha 968,14 ha
1133ter-036 Balcáns Centrais - Reserva de Sokolna Parque Nacional dos Balcáns Centrais Stara Zagora Bulgaria 824,9 ha 780,55 ha
1133ter-062 Krokar Reserva forestal do Bosque Virxe de Krokar Kočevje Eslovenia 74,50 ha 47,90 ha
1133ter-063 Snežnik – Ždrocle Reserva forestal de Snežnik – Ždrocle Ilirska Bistrica, Cerknica Eslovenia 720,24 ha 128,80 ha
1133ter-038 Parque nacional de Paklenica - Suva draga-Klimenta Parque nacional de Paklenica Zadar e Lika-Senj Croacia 1241,04 ha 414,76 ha
1133ter-039 Parque nacional de Paklenica - Oglavinovac-Javornik Parque nacional de Paklenica Lika-Senj e Zadar Croacia 790,74 ha 395,35 ha
1133ter-037 Reservas Estritas de Hajdučki e Rožanski Kukovi Parque nacional Sjeverni Velebit Lika-Senj Croacia 1289,11 ha 9869,25 ha
1133ter-050 Cheile Nerei-Beuşniţa Parque nacional Cheile Nerei-Beuşniţa Caraș-Severin Romanía 4292,27 ha 5959,87 ha
1133ter-051 Bosque secular de Șinca Bosque secular de Șinca Brașov Romanía 338,24 ha 445,76 ha
1133ter-052 Bosque secular de Slătioara Bosque secular de Slătioara Suceava Romanía 609,12 ha 429,43 ha
1133ter-053 Cozia - Macizo de Cozia Parque nacional Cozia Vâlcea Romanía 2285,26 ha 2408,83 ha *
1133ter-054 Cozia - Lotrisor Parque nacional Cozia Vâlcea Romanía 1103,3 ha 2408,83 ha *
1133ter-055 Domogled - Valea Cernei - Domogled-Coronini- Bedina Parque nacional Domogled-Valea Cernei Caraș-Severin, Mehedinți, Romanía 5110,63 ha 51461,28 ha *
1133ter-056 Domogled - Valea Cernei - Iauna Craiovei Parque nacional Domogled-Valea Cernei Caraș-Severin, Gorj, Mehedinți Romanía 3517,36 ha 51461,28 ha *
1133ter-057 Domogled - Valea Cernei- Ciucevele Cernei Parque nacional Domogled-Valea Cernei Gorj Romanía 1104,27 ha. 51461,28 ha *
1133ter-058 Groșii Țibleșului - Izvorul Șurii Groșii Țibleșului Maramureș]] Romanía 210,55 ha 563,57 ha *
1133ter-059 Groșii Țibleșului - Preluci Groșii Țibleșului Maramureș Romanía 135,82 ha 563,57 ha *
1133ter-060 Izvoarele Nerei Parque nacional Semenic-Cheile Caraşului Caraș-Severin Romanía 4677,21 ha 2494,83 ha
1133ter-061 Strîmbu Băiuț Strîmbu Băiuț Maramureș Romanía 598,14 ha 713,09 ha
1133-001 Chornohora Reserva da Biosfera dos Cárpatos Zakarpatia Ucraína 2476,8 ha 12925 ha
1133-009 Uholka – Shyrikyi Luh Reserva da Biosfera dos Cárpatos Zakarpatia Ucraína 11860 ha 3301 ha
1133-008 Svydovets Reserva da Biosfera dos Cárpatos Zakarpatia Ucraína 3030,5 ha 5639,5 ha
1133-004 Maramarosh Reserva da Biosfera dos Cárpatos Zakarpatia Ucraína 2243,6 ha 6230,4 ha
1133-003 Kuziy – Trybushany Reserva da Biosfera dos Cárpatos Zakarpatia Ucraína 1369,6 ha 3163,4 ha
1133-007 Stuzhytsia – Uzhok Parque natural Nacional de Uzh Zakarpatia Ucraína 2532 ha 3615 ha
1133ter-070 Gorgany Reserva Natural de Gorgany Ivano-Frankivsk Ucraína 753,48 ha 4637,59 ha
1133ter-071 Roztochya Reserva da Biosfera de Roztochya Leópolis Ucraína 384,81 ha 598,21 ha
1133ter-072 Satanіvska Dacha Parque nacional natural Podilski Tovtry Óblast de Jmelnitski Ucraína 212,01 ha 559,37 ha
1133ter-073 Synevyr - Darvaika Parque nacional natural de Synevyr Zakarpatia Ucraína 1588,46 ha 312,32 ha
1133ter-074 Synevyr - Kvasovets Parque nacional natural de Synevyr Zakarpatia Ucraína 561,62 ha 333,63 ha
1133ter-075 Synevyr - Strymba Parque nacional natural de Synevyr Zakarpatia Ucraína 260,65 ha 191,14 ha
1133ter-076 Synevyr - Vilshany Parque nacional natural de Synevyr Zakarpatia Ucraína 454,31 ha 253,85 ha
1133ter-077 Zacharovanyi Krai - Irshavka Parque nacional natural de Zacharovanyi Krai Zakarpatia Ucraína 93,97 ha 1275,44 ha *
1133ter-078 Zacharovanyi Krai - Velykyi Dil Parque nacional natural de Zacharovanyi Krai Zakarpatia Ucraína 1164,16 ha 1275,44 ha *
1133ter-040 Abruzos, Lacio e Molise - Valle Cervara Parque nacional dos Abruzos, Lacio e Molise Abruzos Italia 119,7 ha 751,61 ha*
1133ter-041 Abruzos, Lacio e Molise - Selva Moricento Parque nacional dos Abruzos, Lacio e Molise Abruzos Italia 192,7 ha 751,61 ha*
1133ter-042 Abruzos, Lacio e Molise - Coppo del Morto Parque nacional dos Abruzos, Lacio e Molise Abruzos Italia 104,71 ha 415,51 ha
1133ter-043 Abruzos, Lacio e Molise - Coppo del Principe Parque nacional dos Abruzos, Lacio e Molise Abruzos Italia 194,49 ha 446,62 ha
1133ter-044 Abruzos, Lacio e Molise - Val Fondillo Parque nacional dos Abruzos, Lacio e Molise Abruzos Italia 325,03 ha 700,95 ha
1133ter-045 Cozzo Ferriero Parque nacional do Pollino Basilicata, Calabria Italia 95,74 ha 482,61 ha
1133ter-046 Foresta Umbra Parque nacional do Gargano Puglia Italia 182,23 ha 1.752,54 ha
1133ter-047 Monte Cimino Monte Cimino Lacio Italia 57,54 ha 87,96 ha
1133ter-048 Monte Raschio Parque natural rexional do complexo lacustre de Bracciano-Martignano Lacio Italia 73,73 ha 54,75 ha
1133ter-049 Sasso Fratino Parque nacional de Foreste Casentinesi, Monte Falterona e Campigna Emilia-Romaña, Toscana Italia 781,43 ha 6.936,64 ha
Faiais primarios dos Cárpatos e outras rexións de Europa está situado en Europa
Faiais primarios dos Cárpatos e outras rexións de Europa
  1. "Ancient and Primeval Beech Forests of the Carpathians and Other Regions of Europe". UNESCO. Consultado o 2021-07-29. 
  2. UNITED NATIONS EDUCATIONAL, SCIENTIFIC AND CULTURAL ORGANIZATION; CONVENTION CONCERNING THE PROTECTION OF THE WORLD CULTURAL AND NATURAL HERITAGE; WORLD HERITAGE COMMITTEE (31 de xullo de 2021). "WHC/21/44.COM/18; Decisions adopted during the extended 44th session of the World Heritage Committee (Fuzhou (China) / Online meeting, 2021); 8B. NOMINATIONS TO THE WORLD HERITAGE LIST; Decision: 44 COM 8B.32" (PDF). World Heritage. 44 COM; Extended forty-fourth session; Fuzhou (China) / Online meeting; 16 - 31 de xullo de 2021. Paris: UNESCO. pp. 368–372. Consultado o 2021-12-03. 
  3. Centre, UNESCO World Heritage. "Ancient and Primeval Beech Forests of the Carpathians and Other Regions of Europe". UNESCO. 
  4. "Unesco approves the extension of the Carpathian Primary Beech forests". 
  5. "Protecting virgin forest in the Ukrainian Carpathians". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]