Rexión de Bruxelas-Capital
Bruxelles (fr) Brussele (wa) Brussel (nl) Brussel (vls) Brussel (li) Brusselle (pcd) | |||||
Símbolo oficial | Flower of Brussels (en) (floral emblem (en) ) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Bruxelas | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Bélxica | ||||
Enclave en | Rexión Flamenga e Provincia do Brabante flamengo | ||||
Capital de | |||||
Capital | sen valor | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.218.255 (2020) (7.548,98 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua neerlandesa lingua francesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 161,38 km² | ||||
Altitude | 13 m-23 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 12 de xaneiro de 1989: causado por Lei especial do 12 de xaneiro de 1989 relativa ás institucións bruxelesas | ||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Goberno da Rexión de Bruxelas-Capital | ||||
• Ministro-presidente da Rexión | Rudi Vervoort (2013–) | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento da Rexión de Bruxelas-Capital , (Escano: 89) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .brussels | ||||
Prefixo telefónico | 02 | ||||
ISO 3166-2 | BE-BRU | ||||
Código NUTS | BE1 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | be.brussels | ||||
A Rexión de Bruxelas-Capital (francés: Région de Bruxelles-Capitale,[a] neerlandés: Brussels Hoofdstedelijk Gewest) ou ben Rexión de Bruxelas (francés: Région Bruxelloise, neerlandés: Brusselse Gewest)[b] é unha rexión de Bélxica que abrangue 19 concellos, entre os que se inclúe a propia cidade de Bruxelas, que é a capital do país.[1] A Rexión de Bruxelas-Capital atópase no centro do país e forma parte das dúas comunidades lingüísticas de Bélxica, a francesa[2] e a flamenga,[3] mais está separada de Flandres (na que forma un enclave) e de Valonia.[4][5][6]
A de Bruxelas é a rexión máis densamente poboada de Bélxica, e aínda que ten o maior PIB per capita,[7] tamén ten a menor renda dispoñible por fogar.[8] A rexión de Bruxelas abrangue 162 km², unha área relativamente pequena comparada coas outras dúas rexións do país, e ten unha poboación de 1,2 millóns de habitantes.[9] A área metropolitana de Bruxelas é cinco veces maior e ten unha poboación de arredor de 2,5 millóns, sendo a meirande de Bélxica.[10][11][12] Tamén forma parte dunha conurbación que se estende cara ás cidades de Gante, Anveres e Lovaina, así como a provincia do Brabante Valón, que é fogar de máis de 5 millóns de persoas.[13]
Historicamente foi unha rexión de fala flamenga, Bruxelas sufriu un proceso cambio lingüístico ao francés a partir de finais do século XIX.[14] Hoxe en día, a rexión de Bruxelas-Capital é oficialmente bilingüe en francés e flamengo.[15][16] Aínda que o francés é a lingua franca con arredor dun 90% dos habitantes quen de falar a lingua,[17][18] Bruxelas tamén é cada vez máis multilingüe. O inglés é falado como segunda lingua por case un terzo da poboación e moitos emigrantes e expatriados tamén falan outras linguas.[17][19]
Historia
[editar | editar a fonte]Bruxelas naceu como un pequeno asentamento rural á beira do río Senne e pasou a converterse nunha importante cidade-rexión de Europa. Desde o final da segunda guerra mundial, foi un importante centro da política internacional e alberga numerosas organizacións internacionais, políticos, diplomáticos e funcionarios europeos.[20] Bruxelas é de facto a capital da Unión Europea e acolle moitas das principais Institucións da Unión Europea, incluíndo a Comisión Europea, o Consello Europeo e Parlamento Europeo (aínda que o poder xudicial se atopa na cidade de Luxemburgo e o Parlamento tamén se reúne en Estrasburgo).[21][22] Por mor disto, o seu nome úsase acotío para referirse á Unión Europea e ás súas institucións.[23][24] A secretaría do Benelux e a sede da OTAN tamén están situadas en Bruxelas.[25][26]
O 18 de xuño de 1989, por primeira vez, os bruxelenses elixen directamente aos seus representantes rexionais. Bruxelas-Capital constitúe dende entón unha Rexión autónoma, comparable ás Rexións de Flandres e a Rexión Valoa.[27]
Concellos
[editar | editar a fonte]A Rexión componse de 19 concellos (communes): Bruxelas, que se atopa no centro, e ao seu ao redor os 18 restantes. Os 19 municipios son:
Nome francés | Nome flamengo | ||
---|---|---|---|
Anderlecht | Anderlecht | ||
Auderghem | Oudergem | ||
Berchem-Sainte-Agathe | Sint-Agatha-Berchem | ||
Bruxelles-Ville | Stad Brussel | ||
Etterbeek | Etterbeek | ||
Evere | Evere | ||
Forest | Vorst | ||
Ganshoren | Ganshoren | ||
Ixelles | Elsene | ||
Jette | Jette | ||
Koekelberg | Koekelberg | ||
Molenbeek-Saint-Jean | Sint-Jans-Molenbeek | ||
Saint-Gilles | Sint-Gillis | ||
Saint-Josse-ten-Noode | Sint-Joost-ten-Node | ||
Schaerbeek | Schaarbeek | ||
Uccle | Ukkel | ||
Watermael-Boitsfort | Watermaal-Bosvoorde | ||
Woluwe-Saint-Lambert | Sint-Lambrechts-Woluwe | ||
Woluwe-Saint-Pierre | Sint-Pieters-Woluwe |
-
Auderghem (Oudergem)
-
Berchem-Sainte-Agathe (Sint-Agatha-Berchem)
-
Forest (Vorst)
-
Ixelles (Elsene)
-
Molenbeek-Saint-Jean (Sint-Jans-Molenbeek)
-
Saint-Gilles (Sint-Gillis)
-
Saint-Josse-ten-Noode (Sint-Joost-ten-Node)
-
Schaerbeek (Schaarbeek)
-
Uccle (Ukkel)
-
Watermael-Boitsfort (Watermaal-Bosvoorde)
-
Woluwe-Saint-Lambert (Sint-Lambrechts-Woluwe)
-
Woluwe-Saint-Pierre (Sint-Pieters-Woluwe)
Demografía
[editar | editar a fonte]Bruxelas atópase nunha das zonas máis urbanizadas de Europa, entre París, Londres, a rexión alemá de Rin-Ruhr e o Randstad (Países Baixos). A Rexión de Bruxelas-Capital ten unha poboación de arredor de 1,2 millóns de habitantes, e tivo un aumento considerable de poboación nos últimos anos. En xeral, a poboación de Bruxelas é máis nova que a media nacional, e ten unha fenda de desigualdade maior.[28]
1 de xullo de 2004[29] | 1 de xullo de 2005[29] | 1 de xullo de 2006[29] | 1 de xaneiro de 2008[29] | 1 de xaneiro de 2015[29] | 1 de xaneiro de 2019[29] | 1 de xaneiro de 2020[29] | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Poboación total da Rexión de Bruxelas-Capital[29] | 1 004 239 | 1 012 258 | 1 024 492 | 1 048 491 | 1 181 272 | 1 208 542 | 1 218 255 |
Nº de inmigrantes en situación regularizada[29] | 262 943 | 268 009 | 277 682 | 295 043 | 385 381 | 450 000 | ? |
Situación lingüística
[editar | editar a fonte]A rexión de Bruxelas-Capital distínguese das outras dúas polo seu bilingüismo oficial: o francés e o neerlandés son de uso obrigado en todos os servizos públicos (administracións, hospitais, policía...). De facto, o francés é amplamente maioritario na poboación (95,55%), debido tanto á aprendizaxe na escola como ao fluxo migratorio dende países francófonos.[31]
De acordo coa lingua materna dos habitantes, a distribución é a seguinte:
- Francés: 51,6%
- Neerlandés: 9,5 %
- Bilingüe francés/neerlandés: 9,9%
- Bilingüe francés/outro idioma: 9,3%
- Outros idiomas: 19,7%
A distribución de linguas correctamente faladas na práctica pola poboación sería a seguinte:
- 95,55% da poboación fala francés.
- 35,40% da poboación fala inglés.
- 28,23% da poboación fala neerlandés.
- 7,39% da poboación fala español.
- 6,36% da poboación fala árabe.
- 5,72% da poboación fala italiano.
- 5,56% da poboación fala alemán.
Historicamente Bruxelas é unha cidade flamenga na que o idioma popular era o neerlandés, mais no século XIX do mesmo xeito que en practicamente toda Europa, a nobreza e a alta burguesía falaba francés. Cando Bélxica se independiza, as clases dirixentes escollen o francés como lingua oficial do país, xa que o tiña coma un idioma máis culto e avanzado. Esta decisión ocasionaría posteriormente un conflito lingüístico aínda pendente de resolver.
En Bruxelas, onde se establece a corte, toda a burguesía convértese en francófona e tamén gran parte da poboación aprende o francés para mellorar as súas probabilidades de promoción. Posteriormente Bélxica recoñece como oficial o idioma neerlandés e tras marcar unha fronteira lingüística, Bruxelas como capital tanto de Bélxica como de Flandres é declarada oficialmente bilingüe, aínda que de facto o francés continuará sendo maioritario.
Clima
[editar | editar a fonte]A rexión de Bruxelas ten un clima oceánico (Clasificación climática de Köppen: Cfb) con veráns temperados e invernos fríos.[32] A súa proximidade a zonas costeiras influencia o seu clima ao recibir masas de aire mariño dende o océano Atlántico. As zonas húmidas próximas tamén aseguran un clima marítimo temperado. De media (con base nas medicións do período 1981–2010), hai aproximadamente 135 días de choiva ao ano na rexión de Bruxelas-Capital. As nevaradas son pouco frecuentes, cunha media de 24 días ao ano. A cidade tamén adoita experimentar violentas tormentas nos meses de verán.
Datos climáticos para Rexión de Bruxelas-Capital (1981–2010) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Media máxima en °C | 5,9 | 6,8 | 10,5 | 14,2 | 18,3 | 20,9 | 23,3 | 23,0 | 19,5 | 15,1 | 9,8 | 6,3 | 14,5 |
Media diaria en °C | 3,2 | 3,5 | 6,5 | 9,5 | 13,5 | 16,1 | 18,4 | 18,0 | 14,9 | 11,1 | 6,8 | 3,8 | 10,4 |
Media mínima en °C | 0,7 | 0,6 | 2,9 | 4,9 | 8,7 | 11,5 | 13,6 | 13,0 | 10,5 | 7,5 | 4,5 | 1,5 | 6,7 |
Precipitación media mm | 75,2 | 61,6 | 69,5 | 51,0 | 65,1 | 72,1 | 73,6 | 76,8 | 69,6 | 75,0 | 77,0 | 81,4 | 848,0 |
Media de días con precipitacións (≥ 1 mm) | 12,8 | 11,1 | 12,7 | 9,9 | 11,3 | 10,5 | 10,1 | 10,1 | 10,4 | 11,2 | 12,6 | 13,0 | 135,6 |
Media de horas de sol mensuais | 58 | 75 | 119 | 168 | 199 | 193 | 205 | 194 | 143 | 117 | 65 | 47 | 1 583 |
Fonte: KMI/IRM[33] |
Datos climáticos para Uccle (Rexión de Bruxelas-Capital) 1991–2020 | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Temperatura máxima en °C | 15,3 | 20,0 | 24,2 | 28,7 | 34,1 | 38,8 | 39,7 | 36,5 | 34,9 | 27,8 | 20,6 | 16,7 | 39,7 |
Media máxima en °C | 6,1 | 7,1 | 10,9 | 15,0 | 18,4 | 21,2 | 23,2 | 23,0 | 19,5 | 14,9 | 9,9 | 6,6 | 14,65 |
Media diaria en °C | 3,7 | 4,2 | 7,1 | 10,4 | 13,9 | 16,7 | 18,7 | 18,4 | 15,2 | 11,3 | 7,2 | 4,3 | 10,93 |
Media mínima en °C | 1,4 | 1,5 | 3,5 | 6,0 | 9,2 | 12,0 | 14,1 | 13,9 | 11,3 | 8,1 | 4,6 | 2,1 | 7,31 |
Temperatura mínima en °C | −21,1 | −18,3 | −13,6 | −5,7 | −2,2 | 0,3 | 4,4 | 3,9 | 0,0 | −6,8 | −12,8 | −17,7 | −21,1 |
Precipitación media mm | 75,5 | 65,1 | 59,3 | 46,7 | 59,7 | 70,8 | 76,9 | 86,5 | 65,3 | 67,8 | 76,2 | 87,4 | 837,2 |
Media de días con precipitacións (≥ 0.1 mm) | 18,9 | 16,9 | 15,7 | 13,1 | 14,7 | 14,1 | 14,3 | 14,3 | 14,1 | 16,1 | 18,3 | 19,4 | 189,9 |
Media de días con neve | 3,8 | 4,9 | 2,7 | 0,6 | 0,0 | 0,0 | 0,0 | 0,0 | 0,0 | 0,1 | 1,2 | 3,7 | 17 |
Humidade relativa media (%) | 84,1 | 80,6 | 74,8 | 69,2 | 70,2 | 71,3 | 71,5 | 72,4 | 76,8 | 81,5 | 85,1 | 86,6 | 77,01 |
Media de horas de sol mensuais | 59,1 | 72,9 | 125,8 | 171,3 | 198,3 | 199,3 | 203,2 | 192,4 | 154,4 | 112,6 | 65,8 | 48,6 | 1 603,7 |
Fonte #1: Royal Meteorological Institute[34][35] | |||||||||||||
Fonte #2: Weather Atlas;[36] Récord de xullo de 2019 de VRT Nieuws[37] |
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]Varias cidades están irmandadas coa Rexión de Bruxelas-Capital: [38]
Notas
[editar | editar a fonte]Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ The Belgian Constitution (PDF). Casa de Representantes de Bélxica (Bruxelas, Bélxica). maio de 2014. p. 63. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de agosto de 2015. Consultado o 10 de setembro de 2015.
Artigo 194: A cidade de Bruxelas é a capital de Bélica e a sede do goberno federal.
- ↑ Décret instituant Bruxelles capitale de la Communauté française. Parlamento da comunidade francesa (Bruxelas). 4 de abril de 1984. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2015. Consultado o 11 de setembro de 2015.
- ↑ "The Flemish Community". Belgium.be. 24 de outubro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 1 de abril de 2018. Consultado o 1 de abril de 2018.
- ↑ The Belgian Constitution (PDF). Casa de Representantes de Bélxica (Bruxelas). maio de 2014. p. 5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de agosto de 2015. Consultado o 10 de setembro de 2015.
Artigo 3: Bélxica ten tres rexións: a rexión flamenga, a rexión valoa e a rexión de Bruxelas. Artigo 4: Bélxica ten catro rexións lingüísticas: a flamenga, a francesa, a bilingüe da rexión de Bruxelas e a alemá.
- ↑ Decreet betreffende de keuze van Brussel tot hoofdstad van de Vlaamse Gemeenschap (PDF). Parlamento flamengo (Bruxelas). 6 de marzo de 1984. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 7 de marzo de 2021. Consultado o 11 de setembro de 2015.
- ↑ "DE BELGISCHE GRONDWET". www.senate.be. Arquivado dende o orixinal o 5 de outubro de 2018. Consultado o 24 de outubro de 2017.
- ↑ "Gross domestic product per resident, at current prices – Ratio in relation to the total of the Kingdom". National Bank of Belgium. Arquivado dende o orixinal o 8 de agosto de 2014. Consultado o 20 de abril de 2014.
- ↑ Average income in Belgium reached 19,105 euros in 2019. Belgian Federal Government. 26 de outubro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 3 de outubro de 2022. Consultado o 3 de outubro de 2022.
- ↑ "Structuur van de bevolking | Statbel". statbel.fgov.be. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2021. Consultado o 13 de agosto de 2020.
- ↑ "Statistics Belgium; Population de droit par commune au 1 janvier 2008". Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2008. Consultado o 17 de setembro de 2008. Poboación de todos os concellos de Bélxica o 1 de xaneiro de 2008. Consultado o 18 de outubro de 2008.
- ↑ "Statistics Belgium; De Belgische Stadsgewesten 2001" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de outubro de 2008. Consultado o 19 de outubro de 2008. As definicións das áreas metropolitanas en Bélxica. A área metropolitana de Bruxelas está dividida en tres niveis. O primeiro é a aglomeración central (geoperationaliseerde agglomeratie) con 1 451 047 habitantes (1 de xaneiro de 2008, axustado aos límites municipais). A ela adhírense os arredores (barrios, banlieue ou buitenwijken) que dá un total de 1 831 496. E, por último, atópase a zona de proximidade (forensenwoonzone) cunha poboación total de 2 676 701 habitantes.
- ↑ "Demographia World Urban Areas" (PDF). Abril de 2017. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de maio de 2017. Consultado o 29 de outubro de 2017.
- ↑ Van Meeteren et al. 2016.
- ↑ Schaepdrijver, Sophie de (1990). Elites for the Capital?: Foreign Migration to mid-nineteenth-century Brussels. Ámsterdam: Thesis Publishers. ISBN 9789051700688.
- ↑ Hughes, Dominic (15 de xullo de 2008). "Europe | Analysis: Where now for Belgium?". BBC News. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2008. Consultado o 29 de xuño de 2010.
- ↑ Van Parijs, Philippe (1 de marzo de 2016). "Brussels bilingual? Brussels francophone? Both and neither!". The Brussels Times. Arquivado dende o orixinal o 2 de maio de 2019.
- ↑ 17,0 17,1 Janssens, Rudi (2008). Language use in Brussels and the position of Dutch. Some recent findings. (PDF). Brussels Studies. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2015. Consultado o 24 de novembro de 2018.
- ↑ Chardon, Frédéric (4 de decembro de 2017). "Bruxelles est francophone à 92%, selon les déclarations fiscales". La Libre.be. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2018. Consultado o 7 de decembro de 2017.
- ↑ O'Donnell, Paul; Toebosch, AnneMarie. Multilingualism in Brussels: "I'd Rather Speak English". Journal of Multilingual and Multicultural Development, 2008, v. 29 n. 2 p. 154-169.
- ↑ "Europe | Country profiles | Country profile: Belgium". BBC News. 14 de xuño de 2010. Arquivado dende o orixinal o 1 de xullo de 2010. Consultado o 29 de xuño de 2010.
- ↑ Demey 2007.
- ↑ "Protocol (No 6) on the location of the seats of the institutions and of certain bodies, offices, agencies and departments of the European Union, Consolidated version of the Treaty on the Functioning of the European Union, OJ C 83, 30.3.2010, p. 265–265". EUR-Lex. 30 de marzo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2013. Consultado o 3 de agosto de 2010.
- ↑ Reuters Staff (10 de abril de 2016). "Spain to ask Brussels for extra year to meet deficit target". Reuters. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2020. Consultado o 23 de xuño de 2017.
- ↑ Rankin, Jennifer (13 de xuño de 2017). "Brussels plan could force euro clearing out of UK after Brexit". The Guardian. ISSN 0261-3077. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2021. Consultado o 23 de xuño de 2017.
- ↑ "Secrétariat general". A propos du Benelux. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2021. Consultado o 22 de agosto de 2017.
- ↑ "NATO Headquarters". NATO. 16 de marzo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2021. Consultado o 22 de agosto de 2017.
- ↑ "Brussels-Capital Region / Creation". Centro Informático da Rexión de Bruxelas. 2009. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2009. Consultado o 5 de xuño de 2009.
Dende o 18 de xuño de 1989, a data das primeiras eleccións rexionais, a Rexión de Bruxelas-Capital foi unha rexión autónoma comparable á flamenga e á valoa.
- ↑ "Très riches et très pauvres". Lalibre.be. Consultado o 12 de marzo de 2013.
- ↑ 29,0 29,1 29,2 29,3 29,4 29,5 29,6 29,7 29,8 "Language selection - Statbel". www.statbel.fgov.be. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2009. Consultado o 29 de outubro de 2018.
- ↑ Janssens, Rudi (2013). BRIO-taalbarometer 3: diversiteit als norm (PDF). Brussels Informatie-, Documentatie- en Onderzoekscentrum. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de outubro de 2018. Consultado o 26 de maio de 2015.
- ↑ O uso das linguas en Bruxelas e a situación do neerlandés (Revista Brussels studies. nº 13, 7 de xaneiro de 2008)
- ↑ "Brussels, Belgium Köppen Climate Classification (Weatherbase)". Weatherbase. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2020. Consultado o 2 de xullo de 2019.
- ↑ "Klimaatstatistieken van de Belgische gemeenten, Brussel" (PDF). KMI/IRM. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2 de marzo de 2021. Consultado o 3 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Normales climatiques à Uccle". Royal Meteorological Institute. Arquivado dende o orixinal o 3 de febreiro de 2021. Consultado o 5 de marzo de 2021.
- ↑ "Le climat de la Belgique". Royal Meteorological Institute. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2021. Consultado o 5 de marzo de 2021.
- ↑ "Brussels, Belgium - Detailed climate information and monthly weather forecast". Weather Atlas. Arquivado dende o orixinal o 2 de xullo de 2019. Consultado o 2 de xullo de 2019.
- ↑ Kristien Bonneure; Johan Droessaert; Gianni Paelinck; Denny Baert (25 de xullo de 2019). "Herlees onze Hitteblog: warmste dag ooit eindigt met chaos door propvolle treinen die terugkeren van de kust". VRT Nieuws. Arquivado dende o orixinal o 3 de setembro de 2019. Consultado o 26 de xullo de 2019.
- ↑ "Brussels". efus.eu. 21 de xaneiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 8 de agosto de 2021. Consultado o 15 de febreiro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rexión de Bruxelas-Capital |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Oficiais
Non oficiais