Saltar ao contido

Cemiterios de tumbas medievais stećci

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaCemiterios de tumbas medievais stećci
Imaxe
Tipogrupo Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°05′32″N 17°55′27″L / 43.092214, 17.924053
Composto por
31
Características
AtravesaBosnia e Hercegovina, Croacia, Montenegro e Serbia Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Europa-América do Norte
Data2016 (40ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iii) e (vi) Editar o valor en Wikidata
Identificador1504

Os cemiterios de tumbas medievais stećci de Bosnia e Hercegovina, Montenegro, Croacia e Serbia foron declarados Patrimonio da Humanidade polo comité da UNESCO en 2016. Os stećci (sing. stećak) son as lápidas monolíticas medievais atopadas na actual Bosnia e Hercegovina, así como en partes de Croacia, Serbia e Montenegro. Apareceron por primeira vez no século XII e alcanzaron o seu apoxeo nos séculos XIV e XV. Hai 20 sitios en Bosnia e Hercegovina, na súa maioría no sueste do país. O grupo máis grande está situado en Radimlja, no concello de Stolac.[1]

No territorio de Bosnia e Hercegovina, todos os stećci individuais e os agrupados en necrópoles son considerados patrimonio inmoble e a maioría xa están inscritos nunha das listas da Commisión para Preservar os Monumentos Nacionais ou na lista de Monumentos Nacionais. Os stećci tamén están inscritos na Lista do Patrimonio Mundial pola UNESCO dende 2016, cunha selección duns 4.000 monolitos individuais, agrupados en necrópoles en 28 lugares, dos cales 20 están en Bosnia e Hercegovina, dous en Croacia, tres en Montenegro, e tres en Serbia.[2][3]

  1. "Stećci Medieval Tombstone Graveyards". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2017. Consultado o 25 de decembro de 2017. 
  2. "Examination of nominations of cultural properties to the World Heritage List". UNESCO. 2016. Consultado o 20 de marzo de 2017. 
  3. Todorovic, Milos (2022). "Heritage in and as diplomacy: a practice based study". International Journal of Heritage Studies 28 (7): 857. doi:10.1080/13527258.2022.2091637. Consultado o 6 de setembro de 2023.