Comarca de Viana: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 5573105 de 37.29.229.34 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Ogaiago (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 12: Liña 12:
|xentilicio =
|xentilicio =
}}
}}
A '''comarca de Viana''' é unha comarca [[Galicia|galega]] situada na [[provincia de Ourense]] e a súa capital é [[Viana do Bolo]]. A cal pertencen os concellos da [[A Gudiña|Gudiña]], [[A Mezquita]], [[Viana do Bolo]] e [[Vilariño de Conso]].
A '''comarca de Viana''' é unha comarca [[Galicia|galega]] situada na [[provincia de Ourense]], á cal pertencen os concellos da [[A Gudiña|Gudiña]], [[A Mezquita]], [[Viana do Bolo]] e [[Vilariño de Conso]]. Os dous primeiros forman parte da comarca natural das [[As Frieiras|Frieiras]] e os dous últimos da [[Terra do Bolo]].


A comarca está atravesada polo [[río Bibei]] no seu curso alto. A principal vía de comunicación é a estrada [[OU-533]], que vai de [[Freixido, Petín|Freixido]] ([[Petín]]) á Gudiña.
A comarca está atravesada polo [[río Bibei]] no seu curso alto. A principal vía de comunicación é a estrada [[OU-533]], que vai de [[Freixido, Petín|Freixido]] ([[Petín]]) á Gudiña.

Revisión como estaba o 18 de febreiro de 2021 ás 01:41

Comarca de Viana
ProvinciaProvincia de Ourense
Área746,3 km²
Poboación5.916 hab. (2017)
ConcellosA Gudiña
A Mezquita
Viana do Bolo
Vilariño de Conso

A comarca de Viana é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, á cal pertencen os concellos da Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Os dous primeiros forman parte da comarca natural das Frieiras e os dous últimos da Terra do Bolo.

A comarca está atravesada polo río Bibei no seu curso alto. A principal vía de comunicación é a estrada OU-533, que vai de Freixido (Petín) á Gudiña.

Demografía

A comarca de Viana tiña 5.916 habitantes en 2017. É unha área de forte envellecemento, pois en 2014 o 37.14 % da poboación (2.363 persoas) superaba os 65 anos. Pola contra, tan só 444 habitantes tiñan 15 ou menos anos, o 6.98 %. En 2014 rexistrou 17 nacementos e 129 óbitos, que deixan un saldo vexetativo negativo de -112. A idade media ascendía a 52,9 anos en 2014.

Posición Concello Habitantes Porcentaxe
Viana do Bolo 2.964 50.10 %
A Gudiña 1.360 22.99 %
A Mezquita 1.034 17.48 %
Vilariño de Conso 558 9.43 %
Total Comarca de Viana 5.916 -
Censo total 2014 6.362 habitantes
Menores de 15 anos 444 (6.98 %)
Entre 15 e 64 anos 3.555 (55.88 %)
Maiores de 65 anos 2.363 (37.14 %)

Galería de imaxes


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.