Diferenzas entre revisións de «Submarino»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
 
Ao estalar a gran guerra, Alemaña tiña dispoñibles vinte submarinos perfectamente equipados para o combate, aínda que estes incluían buques da clase ''[[SM U-19 (Alemaña)|U-19]]'' con motor diésel, que tiñan unha autonomia de 5000 millas a unha velocidade de 8 nós para permitirlles operar de maneira efectiva en toda a costa británica.<ref>Douglas Botting, pp. 18–19 "The U-Boats", {{ISBN|978-0-7054-0630-7}}</ref>
 
En [[agosto]] de [[1914]], 10 dos 20 submarinos operativos [[U-Boot]] da flota alemá fixeron o seu primeiro cruceiro de guerra para localizar a flota británica. A capacidade dos ''U-Boot'' para servir como máquinas de guerra útiles residía en novas tácticas, no seu número e en tecnoloxías submarinas tales como o sistema de enerxía diésel-eléctrico que fora desenvolto en anos anteriores. Máis como barcos sumerxibles que como submarinos modernos, os ''U-Boot'' operaban primordialmente en superficie usando motores convencionais, usando as súas baterías para mergullarse ocasionalmente e realizar ataques. O seu casco tiña unha sección aproximadamente triangular, cunha [[Quilla (náutica)|quilla]] distintiva, para controlar a ondada, e unha proa distintiva. O [[5 de setembro]], o [[SM U-21|U-21]] afundio o cruceiro de exploración ''Pathfinder'', o primeiro buque afundido por un submarino en guerra desde a [[Guerra civil estadounidense|guerra de Secesión]]. Isto foi seguido polo afundimento doutros tres barcos de cruceiros británicos nun espazo de horas, o 22 de setembro, polo [[SM U-9|U-9]]. O [[20 de outubro]] o submarino U-17 detívose, buscou e afundiu o buque mercante británico ''Glitra'' en [[Stavenger]]. Este foi o primeiro afundimento dun barco mercante e marcou o inicio das incursións bélicas contra o [[comercio marítimo]]. En [[febreiro]] [[1915]], os alemáns proclamaron "[[zona de guerra]]" as augas circundantes de Gran Bretaña e [[Irlanda]], incluída a [[Canle do Norte]. Canle de Irlanda, na que, segundo anunciaron, afundirían sen previo aviso todos os comerciantes británicos que atoparan. Dado que as medidas antisubmarinas defensivas e ofensivas eran entón indistinguibles, máis de 500.000 toneladas de buques mercantes pararon no fondo do mar nos primeiros catro meses despois do aviso, ata [[xuño]].
 
=== Submarinos modernos ===
104.934

edicións

Menú de navegación