Tocantins: Diferenzas entre revisións
engado control de autoridades |
m →Véxase tamén: Commonscat |
||
Liña 52: | Liña 52: | ||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
||
{{Commonscat}} |
|||
=== Outros artigos === |
=== Outros artigos === |
||
* [[Brasil]] |
* [[Brasil]] |
||
Liña 58: | Liña 59: | ||
=== Ligazóns externas === |
=== Ligazóns externas === |
||
* [http://www.to.gov.br Sitio web oficial] |
* [http://www.to.gov.br Sitio web oficial] |
||
{{Estados do Brasil}} |
{{Estados do Brasil}} |
Revisión como estaba o 29 de agosto de 2016 ás 01:14
Modelo:Primeira entidade subestatal Tocantins é un Estado brasileiro situado ao sueste da Rexión Norte. Ten como límites os Estados do Marañón ao norte e noreste, Piauí e Baía ao leste, Goiás ao sur, Mato Groso ao suroeste e Pará ao noroeste. As cidades máis poboadas son Araguaína, Gurupi, Porto Nacional e Palmas, a capital.
Historia
A poboación orixinaria estaba constituída polos grupos apinagé, carajá, xerente, krahô e outros. Os primeiros brancos en aparecer pola rexión foron os misioneiros xesuítas en 1625 coa finalidade de converter ao cristianismo á poboación indíxena que pouco a pouco se foi convertendo en minoritaria fronte aos brancos, negros e mestizos.
Integrado no estado de Goiás, as primeiras ideas de autonomía para a rexión do actual estado do Tocantins xurdiron no século XIX. En 1821 Joaquim Teotônio Segurado declarou un goberno autónomo na rexión, pero o movemento foi reprimido. Soamente no século XX, máis exactamente en 1950, foi retomada a idea. Durante a década de 1970 propúxose no Congreso Nacional a creación do estado que chegou a se aprobar, pero o proxecto foi vetado polo presidente José Sarney. O estado creouse finalmente coa promulgación da constitución de 1988.
Economía
A economía ten por base o comercio e a agricultura (soia, arroz, millo, feixón, cana de azucre), a gandería e cría de aves. As principais riquezas de exportación son o gando de corte e a soia. A industria é relativamente pouco importante en termos de exportación (téxtiles, alimentos, minerais non metálicos, química, construción civil, son as principais). O estado tamén ten reservas minerais de ouro e calcario, e extracción vexetal de palma de babasú.
Turismo
O turismo ten potencial na rexión de paisaxes naturais do Jalapão, e nos seus ríos, como o río Araguaia e o río Tocantins, pero é moi pouco divulgado no propio Brasil, e menos aínda no exterior.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tocantins |