Río Tocantins
| (pt) Rio Tocantins | ||||
| Tipo | río | |||
|---|---|---|---|---|
| Inicio | ||||
| País da cunca | Brasil | |||
| División administrativa | Pará, Brasil | |||
| Final | ||||
| División administrativa | Pará, Brasil | |||
| Localización | Baía do Marajó (pt) | |||
| ||||
| Afluentes | Rio Araguaia (pt) | |||
| Conca hidrográfica | Bacia Araguaia-Tocantins (pt) | |||
| Características | ||||
| Dimensións | 2.450 ( | |||
| Superficie da cunca hidrográfica | 770.000 km² | |||
| Medicións | ||||
| Caudal | 11.364 m³/s | |||
O río Tocantins é un río do Brasil, arteria fluvial central do país. En lingua tupí, o seu nome significa "peteiro do tucano" (Tukã="tucano" e Ti="peteiro"). Percorre de sur a norte uns 2450 km. Non é propiamente un afluente do río Amazonas, xa que as súas augas chegan ao océano Atlántico ao mesmo tempo que as do Amazonas. Flúe por catro estados brasileiros (Goiás, Tocantins, Maranhão e Pará) e dá nome a un dos estados máis recentes, formado en 1988 na porción norte de Goiás.
O Tocantins é un dos río de augas claras máis longos de Suramérica.[1]
Fauna
[editar | editar a fonte]A cunca do Tocantins, que inclúe o río Araguaia) é o fogar de varios grandes mamíferos acuáticos, como o manatí Trichechus inunguis, os golfiños Inia araguaiaensis e Sotalia fluviatilis, e de grandes réptiles como o caimán negro, o caimán común e a tartaruga Podocnemis unifilis.[2]
A cunca ten unha gran riqueza de especies de peixes, aínda que é relativamente baixa para os estándares amazónicos.[2] Rexistráronse máis de 350 especies, incluídos máis de 175 endemismos.[3] As familias máis ricas son Characidae, Loricariidae e rivúlidos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Perez, M.S. "Where the Xingu Bends and Will Soon Break". American Scientist. Consultado o 1 de outubro de 2017.
- 1 2 Provete, D.B. (2013). Tocantins River. 1237-1239
- ↑ Hales, J., and P. Petry: Tocantins - Araguaia. Freshwater Ecoregions of the World. Consultado o 26 de maio de 2014
