Campionato de Cataluña de fútbol
| Tipo | competición futbolística |
|---|---|
| Deporte | fútbol |
| Organizador | Federación Catalá de Fútbol |
| Localización e Datas | |
| País | España |
| Calendario da tempada | agosto – |
| Intervalo de tempo | 1901 – 1940 |
| Período de ocorrencia | 1 ano |
O Campionato de Cataluña foi a primeira e máis importante competición de fútbol que se disputou en Cataluña durante a primeira metade do século XX. Tiña formato de liga, e o campión era o equipo que remataba primeiro na táboa. A súa primeira edición tivo lugar entre os anos 1900 e 1901 coa denominación "Copa Macaya", e a derradeira entre os anos 1939 e 1940, ano no cal foi suspendida polo réxime franquista, ó igual que as restantes competicións rexionais que existían en España.
O título de campión de Cataluña dáballe dereito ó equipo gañador a participar no Campionato de España, a actual Copa do Rei. O equipo máis laureado nesta competición foi o FC Barcelona, que venceu en 23 edicións; seguido do RCD Espanyol, con 9 títulos.
Campións
[editar | editar a fonte]| Tempada | Campión | P.Xog | P.Gañ | P.Emp | P.Per | G.F+ | G.C- | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Copa Macaya | ||||||||
| 1900-1901 | Hispania CF | 6 | 5 | 1 | 0 | 37 | 2 | 11 |
| 1901-1902 | FC Barcelona | 8 | 8 | 0 | 0 | 60 | 2 | 16 |
| 1902-1903 | RCD Espanyol | 4 | 3 | 0 | 1 | 9 | 2 | 6 |
| Copa Barcelona | ||||||||
| 1902-1903 | FC Barcelona | 14 | 12 | 2 | 0 | 38 | 10 | 26 |
| Campionato de Cataluña | ||||||||
| 1903-1904 | RCD Espanyol | 16 | 15 | 1 | 0 | 82 | 15 | 31 |
| 1904-1905 | FC Barcelona | 8 | 5 | 2 | 1 | 21 | 12 | 12 |
| 1905-1906 | X Sporting | 6 | 5 | 0 | 1 | 7 | 4 | 10 |
| 1906-1907 | X Sporting | 4 | 3 | 0 | 1 | 10 | 4 | 6 |
| 1907-1908 | X Sporting | 6 | 5 | 0 | 1 | 14 | 6 | 10 |
| 1908-1909 | FC Barcelona | 7 | 4 | 3 | 0 | 16 | 7 | 11 |
| 1909-1910 | FC Barcelona | 10 | 10 | 0 | 0 | 46 | 3 | 20 |
| 1910-1911 | FC Barcelona | 7 | 7 | 0 | 0 | 25 | 7 | 14 |
| 1911-1912 | RCD Espanyol | 10 | 8 | 1 | 1 | 35 | 5 | 17 |
| 1912-1913 (1) | FC Espanya | 10 | 9 | 1 | 0 | 19 | 5 | 19 |
| 1912-1913 (2) | FC Barcelona | 4 | 3 | 0 | 1 | 24 | 9 | 6 |
| 1913-1914 | FC Espanya | 8 | 8 | 0 | 0 | 12 | 2 | 16 |
| 1914-1915 | RCD Espanyol | 9 | 8 | 0 | 1 | 38 | 5 | 16 |
| 1915-1916 | FC Barcelona | 8 | 8 | 0 | 0 | 46 | 6 | 16 |
| 1916-1917 | FC Espanya | 11 | 8 | 1 | 2 | 26 | 9 | 17 |
| 1917-1918 | RCD Espanyol | 10 | 7 | 2 | 1 | 34 | 8 | 16 |
| 1918-1919 | FC Barcelona | 10 | 8 | 1 | 1 | 31 | 6 | 17 |
| 1919-1920 | FC Barcelona | 10 | 9 | 1 | 0 | 28 | 7 | 19 |
| 1920-1921 | FC Barcelona | 10 | 6 | 3 | 1 | 17 | 10 | 15 |
| 1921-1922 | FC Barcelona | 10 | 9 | 1 | 0 | 63 | 8 | 19 |
| 1922-1923 | CE Europa | 10 | 8 | 1 | 1 | 31 | 11 | 17 |
| 1923-1924 | FC Barcelona | 10 | 10 | 0 | 0 | 28 | 7 | 20 |
| 1924-1925 | FC Barcelona | 14 | 9 | 2 | 3 | 25 | 9 | 20 |
| 1925-1926 | FC Barcelona | 14 | 9 | 2 | 3 | 35 | 15 | 20 |
| 1926-1927 | FC Barcelona | 14 | 11 | 1 | 2 | 64 | 20 | 23 |
| 1927-1928 | FC Barcelona | 14 | 12 | 0 | 2 | 56 | 11 | 24 |
| 1928-1929 | RCD Espanyol | 10 | 9 | 1 | 0 | 32 | 4 | 19 |
| 1929-1930 | FC Barcelona | 10 | 8 | 0 | 2 | 33 | 6 | 16 |
| 1930-1931 | FC Barcelona | 10 | 8 | 1 | 1 | 34 | 10 | 17 |
| 1931-1932 | FC Barcelona | 14 | 11 | 1 | 2 | 43 | 12 | 23 |
| 1932-1933 | RCD Espanyol | 14 | 12 | 1 | 1 | 42 | 14 | 25 |
| 1933-1934 | CE Sabadell | 14 | 11 | 1 | 2 | 34 | 19 | 23 |
| 1934-1935 | FC Barcelona | 10 | 8 | 1 | 1 | 36 | 10 | 17 |
| 1935-1936 | FC Barcelona | 10 | 9 | 1 | 0 | 41 | 9 | 19 |
| 1936-1937 | RCD Espanyol | 10 | 7 | 0 | 3 | 29 | 23 | 14 |
| 1937-1938 | FC Barcelona | 14 | 10 | 1 | 3 | 42 | 13 | 21 |
| 1938-1939 | Non se disputou | - | - | - | - | - | - | - |
| 1939-1940 | RCD Espanyol | 10 | 9 | 1 | 0 | 35 | 11 | 19 |
En 1984 foi creada a Copa Cataluña, unha competición cun formato distinto do que tiña o Campionato de Cataluña, pero que é a herdeira do seu legado.