Saltar ao contido

Ealhred de Northumbria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEalhred de Northumbria
Biografía
Nacementoséculo VIII Editar o valor em Wikidata
MorteDespois de 774 Editar o valor em Wikidata
Rei de Northumbria
765 – 774
← Aethelwald Moll de NorthumbriaAethelred I de Northumbria → Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeOsgifu
FillosAlchmund of Derby (en) Traducir, Osred II de Northumbria Editar o valor em Wikidata
PaiEanwine (en) Traducir Editar o valor em Wikidata


Ealhred, Alhred ou Alchred foi rei de Northumbria de 765 a 774.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Casou con Osgifu, ben filla de Oswulf e neta de Eadberht, ou filla de Eadberht, polo que estaba emparentado con Ecgberht, Arcebispo de York. Sobrevive unha xenealoxía que fai a Ealhred descendente de Ida de Bernicia a través dun fillo de nome Eadric.

Aethelwald Moll foi deposto en 765 e Ealhred converteuse en rei. Pouco se fala do seu reinado na Crónica anglosaxoa, á parte de que foi rei, e de que posteriormente foi deposto e exiliado en 774. Simeón de Durham na súa Historia Regum Anglorum informa que fuxiu ao reino dos pictos, onde foi recibido por Ciniod.

Frank Stenton nota a conexión de Eahlred coas misións inglesas no continente. A misión de San Willehad, que levou á fundación do Arcebispado de Bremen, foi autorizada por unha asemblea relixiosa convocada por Ealhred. Tamén conservamos unha carta de Ealhred a San Lull, Arcebispo de Maguncia, nativo de Wessex.

Ealhred foi sucedido por Æthelred, fillo de Æthelwald Moll. O seu fillo Osred sería rei posteriormente. Un segundo fillo, Ealhmund morrería durante o reinado de Eardwulf e sería venerado como Alcmund de Derby.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]