Simeón de Durham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Simeón de Durham
Nacementoc. 1060
Falecemento1130
NacionalidadeReino de Inglaterra
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónhistoriador e monxe
editar datos en Wikidata ]

Simeón de Durham (tamén escrito Symeon) foi un monxe beneditino da abadía de Durham, que viviu no século XII, coñecido polo seu traballo como cronista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Claustro de Durham

Simeón entreu de mozo no mosteiro beneditino de Jarrow. Mudouse para Durham en 1074, e tomou os votos no ano 1085 ou 1086[1]. Cando William de Saint-Calais volveu do seu exilio en Normandía en 1091, probabelmente Simeón era o seu compañeiro. Simeón co tempo foi o encargado de organizar os cánticos de culto no seu priorato (chantre). Consérvanse anotacións súas nalgúns libros de Durham, como no Liber Vitae, ou libro dos cantos, (libro do que probabelmente fixo moito uso como parte dos seus deberes como chantre), e copias dos libros que escribiu[2].

Obra[editar | editar a fonte]

Simeón foi o autor de dúas obras históricas, de especial interese para o estudo da historia do norte de Inglaterra: o Libellus de Exordio atque Procursu istius, hoc est Dunelmensis, Ecclesie ('O pequeno libro sobre as orixes e evolución da Igrexa de Durham") e un recompilatorio titulado Historia regum Anglorum et Dacorum ("Historia dos reis dos ingleses e dos daneses").

Libellus de Exordio atque Procursu istius, hoc est Dunelmensis, Ecclesie

A primeira é unha historia da comunidade de monxes de Durham (que veu de Lindisfarne) desde a súa fundación no ano 1096, e é, con diferenza, o máis importante traballo de Simeón. Foi escrito entre 1104 e 1107. Esta tarefa, imposta polos seus superiores, foi para demostrar a continuidade da comunidade de Durham, a pesar das interrupcións que supuxeron para a vida monástica os ataques viquingos e as guerras de conquista normanda en diferentes períodos. Simeón tentou xustificar a expulsión de Guillerme de Saint-Calais da comunidade de Durham en 1083, co fin de dar sentido á súa substitución por un grupo de monxes beneditinos chegou de Wearmouth e Jarrow. Como anteriores escritores de Durham, Simeón atopa a continuidade histórica entre as principais etapas de desenvolvemento da comunidade pola presenza constante do seu patrón, san Cuthberht. Os milagres realizados en nome de Cuthberht durante o último período anglosaxón foron especialmente extravagantes, e Simeón engancha ao lector relatando algúns deles, como o milagre das tres ondas[3], a fundación de Durham [4] e algunhas curiosas mortes dos inimigos do santo.

Consérvanse algunhas copias do Libellus feitas durante a idade media. O mesmo Simeón revisou a copia que se atopa en Durham, agora preservada na biblioteca da universidade (catálogo: Cosin V. II.6). Este é o texto que foi publicado máis veces. O manuscrito de Durham contén dúas continuacións de autor anónimo. O primeiro narra a historia de 1096 ata a morte do bispo Ranulf Flambard (1129); a segunda vai desde 1133 ata 1144. Outra copia, conservada na biblioteca da Universidade de Cambridge (catálogo: Ff. I. 27) contén unha terceira continuación, que trata sobre os anos 1145-1154. Outro manuscrito, conservado na colección Cotton da British Library (catálogo:Cotton Faustina A. V) parece ser unha versión do Libellus anterior ás revisións do manuscrito de Durham[5].

Historia regum Anglorum et Dacorum

Sobre o 1129 Simeón empezou a escrita da Historia regum Anglorum et Dacorum. Esta narración histórica comeza no momento en que remata a Historia de Beda. Ata o ano 957 Simeón limítase a copiar o que atopa nuns antigos anais de Durham que, se non fose por el, se terían perdido para sempre e que teñen moito valor en relación á historia do norte de Inglaterra. Desde o ano 1119 copia a Xoán de Worcester, con algunhas adicións da súa propia autoría. A sección que trata sobre os anos 1119-1129 é unha narrativa independente e práctica, xa que describe eventos contemporáneos á súa vida. Simeón nesta etapa da historia exprésase con sinxeleza e claridade; pero non é menos importante o seu traballo como compilador da obra de outros[6].

Dáse o feito curioso de que Simeón usa a palabra Dacorum, que significa, literalmente, dacios para se referir aos viquingos que se estableceron en Northumbria (que eles chamaron Jórvik) e en Dublín. Un erro que tamén cometeu Asser, probabelmente porque descoñecía a existencia de Dinamarca; cómpre dicir, que cando a estes viquingos se lles preguntaba sobre a súa orixe ou de que etnia eran, a maioría contestaban coa palabra danes ("daneses"), que ten semellanzas fonéticas con dacis ou con Dania (o nome latino de Dinamarca)[7].

O valor dos anais da Northumbria, que Simeón usou na Historia regum Anglorum et Dacorum, foi posto en cuestión por John Hodgson-Hinde no limiar do seu libro Symeonis Dunelmensis opera,[8] , tamén por R. Pauli en Forschungen zur deutschen Geschichte[9] e por W. Stubbs, na introdución de Roger of Hoveden[10][6].

Outras obras

Simeón foi tamén o autor de breves biografías de arcebispos de York, e, ademais, escribiu unha carta na que figuran os erros teolóxicos cometidos por Oríxenes. Téñenselle atribuído outras obras, pero a autoría non foi demostrada. Estas obras publicounas  Roger Twysden (1652), baixo o título Scriptores decem. A moderna edición máis completa é a de Thomas Arnold (Rolls series, 2 volumes, 1882-1885).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Edwin Burton. «Symeon of Durham». Catholic Encyclopedia, 1913. [Consulta: 10 xulio 2017].
  2. Rollason 2000, p. xliv-l.
  3. Dise que san Cuthberht transformou unha parte do mar de Irlanda en sangue para evitar que os que lle tiñan devoción levasen as súas reliquias fóra de Inglaterra. Libellus II.11
  4. Dise que o corpo de san Cuthberht, mentres o trasladaban por Inglaterra nunha carreta, se negou a continuar a viaxe, para indicar a súa vontade de permanecer en Durham. Libellus III.1
  5. Rollason 2000, p. lxiii-lxv.
  6. 6,0 6,1 Chisholm 1911, p. 122.
  7. Downham 2013, p. 13.
  8. volume I. p. xiv e seg. (1868)
  9. XII. p. 137 e seg. (Göttinga, 1872)
  10. volume I p. x. (“Rolls” series)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Rollason, David W. (1998). David W.Rollason, ed. Symeon of Durham: historian of Durham and the North xix. Stamford: Shaun Tyas. pp. 362 p. 
  • Chai-Elsholz, Raeleen (2005). "Symeon of Durham and the memoria of Bede". Pecia : ressources en médiévistique (en french). 8-11 vols. ISSN 1761-4961. 
  • Simeón de Durham (2000). Rollason, David W., ed. Libellus de Exordio atque Procursu istius, hoc est Dunhelmensis, Ecclesie [Tract on the origins and progress of this the Church of Durham] (en Latin). Oxford: Clarendon Press. ISBN 0-19-820207-5. 
  • Forsyth, K.; Koch, J.T. (2000). Simon Taylor, ed. "Historia Regum Anglorum of Symeon of Durham". Kings, clerics and chronicles in Scotland, 500-1297: essays in honour of Marjorie Ogilvie Anderson on the occasion of her ninetieth birthday (Dublin: Four Courts). ISBN 1-85182-516-9. 
  • Breeze, Andrew (1999). "Simeon of Durham's annal for 756 and Govan, Scotland". Nomina 22. ISSN 0141-6340. 
  • Gullick, Michael (1994). David W. Rollason, Margaret M. Harvey and Michael Prestwich, ed. "The scribes of the Durham cantor's book (Durham Dean and Chapter library, MS B.IV.24) and the Durham martyrology scribe". Anglo-Norman Durham, 1093-1193 (Woodbridge: Boydell). 
  • Rollason, David W. (1992). Carola Hicks, ed. "Symeon of Durham and the community of Durham in the eleventh century". Harlaxton Medieval Studies (Stamford) 2 (England in the eleventh century: proceedings of the 1990 Harlaxton symposium). 
  • Johnson-South, Ted (1993). "The Norman conquest of Durham: Norman historians and the Anglo-Saxon community of St Cuthbert". Haskins Society Journal 4. ISSN 0963-4959. 
  • Lapidge, Michael (1982). "Byrhtferth of Ramsey and the early sections of the Historia Regum attributed to Symeon of Durham". Anglo-Saxon England 10. ISSN 0263-6751. doi:10.1017/s0263675100003227.  ISSN (electronic) 14740532
  • Offler, Hilary Seton (1970). "Hexham and the Historia Regum". Transactions of the Architectural & Archaeological Society of Durham & Northumberland (new series 2): 51–62. 
  • Schnith, Karl; et al. (1965). C. Bauer, ed. "Von Symeon von Durham zu Wilhelm von Newburgh: Wege der englischen 'Volkgeschichte' im 12. Jahrhundert". Speculum historiale (Freiburg and Munich). 
  • Hunter Blair, Peter (1963). Nora K. Chadwick, ed. "Some observations on the Historia Regum attributed to Symeon of Durham". Celt and Saxon: studies in the early British border (Cambridge). 
  • Davies, J. C. (1951). "A recovered manuscript of Symeon of Durham". Durham University Journal (new series 13:1). 
  • Angus, W.S. (1940). "The annals for the tenth century in Symeon of Durham's Historia regum". Durham University Journal (new series 1:3). 
  • Arnold, Thomas (1882–1885). Thomas Arnold, ed. "Symeonis monachi opera omnia". Rerum Britannicarum Medii Aevi Scriptores 2. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]