Saltar ao contido

Universidade do Sur de Florida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade do Sur de Florida
Logotipo
Imaxe
 Composto por
 Nome orixinal
University of South Florida (en) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
University of South Florida (en) Editar o valor en Wikidata
Características
 Lingua usada
 Forma xurídica
Implicados
 Reitor/a
 Matriz
 Ten en propiedade
 Entidades subsidiarias
Datas
 Data de comezo
1956 Editar o valor en Wikidata
 Fundación / creación
1956 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Cadro de persoal
   6.133 Editar o valor en Wikidata
 Estudantes
40.416 (1 de setembro de 2021)
47.646 (2012) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Enderezo
4202 East Fowler Ave, Tampa, FL, 33620-9951 Editar o valor en Wikidata
 País
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Código postal33620-9951 Editar o valor en Wikidata
VIAF150485719 Editar o valor en Wikidata
ISNI000000012353285X Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/09s5q8 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexI2613432 e P4310315599 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: USouthFlorida Twitter: USouthFlorida Instagram: usouthflorida LinkedIn: usouthflorida Snapchat: usouthflorida Youtube: UCLuRbT2d4WqL1ngrcpFJ72A BNE: XX171385 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Universidade do Sur de Florida, tamén coñecida como USF, é unha universidade pública localizada en Tampa, Florida. Fundada en 1956, forma parte do Sistema Universitario Estatal de Florida, sendo a cuarta universidade pública dese estado, con 47.646 estudantes matriculados no ano académico 2012–2013.[1] A USF conta con tres institucións independentes: USF Tampa, USF San Petersburgo e USF Sarasota-Manatee.[2] Cada institución está acreditada separadamente pola comisión universitaria da Asociación do sur de escolas e universidades.[2] A universidade conta con 14 facultades, que ofrecen preto de 80 estudos de grao e máis de 130 de posgraduado.[3]

A USF aparece clasificada pola Carnegie Foundation for the Advancement of Teaching no nivel superior de universidades en canto á investigación, e é unha das catro únicas universidades en Florida que obtén esta clasificación.[4] Na clasificación do ano 2011, a Intellectual Property Owners Association clasificou á USF na décima posición a nivel mundial en canto ao número de patentes rexistradas.[4] A universidade conta cun presuposto anual de 1.500 millóns de dólares e ten un impacto económico de 3.700 millóns de dólares.[5] Segundo unha clasificación realizada pola National Science Foundation, a USF atópase entre as 50 universidades dos Estados Unidos que adican un gasto maior á investigación, sendo só superada en Florida pola Universidade de Florida.[6]

A USF aparece no top 100 das mellores universidades públicas do ano 2012 segundo U.S. News & World Report.[4] Nese mesmo ano, foi considerada como a oitava universidade con maior progresión por esa mesma revista.[4] A universidade foi nomeada líder na educación en liña pola Guía de Universidades en liña.[4][4]

  1. "Largest Colleges in FL". collegestats.org. CollegeStats. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2013. Consultado o 20 de xuño 2013.
  2. 1 2 "About USF Overview". usf.edu. University of South Florida. Consultado o 18 de xuño 2013.
  3. "Academics Overview". usf.edu. University of South Florida. Consultado o 20 de xuño 2013.
  4. 1 2 3 4 5 6 "Points of Pride". usf.edu. University of South Florida. Consultado o 18 de xuño de 2013.
  5. "USF Facts and Statistics". usf.edu. University of South Florida. Consultado o 18 de xuño de 2013.
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2012. Consultado o 23 de decembro de 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]