Saturación (cor)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Diferentes niveis de saturación dunha imaxe.

Na teoría da cor, a saturación,[1] colorido ou pureza é a intensidade dun matiz específico. Baséase na pureza da cor; unha cor moi saturada ten unha cor viva e intensa, mentres que unha cor menos saturada parece máis descolorida e agrisada. Sen saturación, unha cor convértese nun ton de gris.

A saturación dunha cor está determinada por unha combinación da súa intensidade luminosa e a distribución das súas diferentes lonxitudes de onda no espectro de cores. A cor máis pura conséguese usando unha soa lonxitude de onda a unha intensidade moi alta, como cun láser. Se a intensidade luminosa diminúe, a saturación tamén. Para desaturar unha cor nun sistema sustractivo (como no gouache), pode engadírselle branco, negro, gris, ou a súa cor complementaria.

A saturación é unha das coordenadas nos sistemas colorimétricos HSL e HSV.

Pureza no sistema colorimétrico CIE 1931[editar | editar a fonte]

No sistema colorimétrico CIE 1931, a saturación é a distancia euclidiana entre a posición da cor e o punto branco sobre o plano de proxección xy da CIE, dividido pola distancia (euclidiana, sempre) dunha cor pura (monocromática ou dicromática sobre a mesma liña) do mesmo matiz  :

y máximo no diagrama cromático.

Saturación no sistema colorimétrico RGB[editar | editar a fonte]

Nun RGB, a saturación pode ser descrita como a desviación estándar σ entre as coordenadas R(vermella), G(verde) e B(azul). Se eliximos μ para representar a luminosidade, daquela,

.

En termos sinxelos, poderíase dicir que unha cor ten unha saturación máxima se ten unha luminosidade de 100% na canle vermella e 0% nas outras canles. Esta cor non estaría saturada en absoluto se todas as canles fosen iguais. Deste xeito, pódese dicir que a saturación é a diferenza entre os valores das canles.

En termos exclusivamente colorimétricos, esta simple definición no espazo colorimétrico RGB supón varios problemas. O espazo colorimétrico RGB non é absoluto, o valor de saturación é arbitrario e depende da escolla das cores primarias e do punto branco. Por exemplo, o espazo de cor RGB non ten necesariamente un xacobiano único en termos colorimétricos.

Exemplo :

100%:  cor viva ou intensa (saturada)
 75%:  cor forte ou profunda
 50%:  cor moderada, terra ou agrisada (semisaturada)
 25%:  cor débil ou semineutra
  0% :  cor neutra ou acromática (non saturada)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para saturación.