Saltar ao contido

Robert Ridgway

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRobert Ridgway

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xullo de 1850 Editar o valor en Wikidata
Mount Carmel Editar o valor en Wikidata
Morte25 de marzo de 1929 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Olney Editar o valor en Wikidata
ResidenciaLarchmound (en) Traducir (1913–1929) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoOrnitoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbotánico, zoólogo, ornitólogo, explorador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorInstituto Smithsoniano Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Participou en
31 de maio de 1899Harriman Alaska Expedition Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaRidgway Editar o valor en Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaRidgway Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsJohn L. Ridgway Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography, (sec:Ridgway, Robert) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4985819

Robert Ridgway, nado o 2 de xullo de 1850 en Mount Carmel, Illinois, e finado o 25 de marzo de 1929 en Olney, no mesmo estado de Illinois, foi un naturalista e ornitólogo estadounidense.

Trayectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Mount Carmel, Illinois, Ridgway foi un protexido do zoólogo Spencer Fullerton Baird, quen, cando foi nomeado secretario da Smithsonian Institution, propuxo a Ridgway como primeiro conservador a tempo completo de aves do U.S. National Museum. Neste posto Ridgway serviu desde 1880 até a súa morte en 1929.

Ridgway publicou un dos primeiros e máis importantes sistemas de cores para a identificación de aves, no seu libro de 1886 A Nomenclature of Colors for Naturalists (Boston: Little, Brown & Co.)

En 1912 publicou unha obra aínda maior sobre nomenclatura de cores, Color Standards and Color Nomenclature, co diñeiro que conseguiu do seu amigo José Zeledón, de Costa Rica. Ornitólogos de todo o mundo continúan citando os libros de Ridgway sobre a cor.

Na primavera de 1867, á idade de 16 anos, Ridgway foi contratado como naturalista do estudo de Clarence King. Neste estudo, no que permaneceu case dous anos, Ridgway recolleu moitos espécimes de aves, e foi un dos membros principais dos catro grandes estudos do Oeste norteamericano. Á súa volta á Smithsonian, traballou de forma informal até que foi formalmente nomeado conservador de ornitoloxía. Aínda que Ridgway só cursou o bacharelato, era moi elocuente e tiña amplos coñecementos de forma que serviu moitos anos coma voceiro da Smithsonian. Os seus amigos e colegas describírono como patoloxicamente tímido e, en xeral, evitou a publicidade e ser o foco de atención.

Ridgway foi coautor (xunto con Thomas Mayo Brewer e Spencer Fullerton Baird) de History of North American Birds (Boston, 1875-1884; Land Birds, 3 vols., Water Birds, 2 vols). Tamén escribiu outros libros e monografías, e máis de 450 artigos en revistas científicas.

En 1899 uniuse a E. H. Harriman na súa famosa exploración da costa de Alasca, onde acompañou a John Muir e a outros moitos naturalistas e científicos.

Abreviatura

[editar | editar a fonte]
  • A abreviatura Ridgway emprégase para recoñecer a Robert Ridgway como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.
  • A abreviatura Ridgway emprégase para recoñecer a Robert Ridgway como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Distincións

[editar | editar a fonte]
  • Medalla Daniel Giraud Elliot (1919)
  • Medalla Brewster (1921)

Epónimos

[editar | editar a fonte]
Aves
Xénero
Especies de aves
Vexetais
Especies vexetais
  1. Rhodora 1929, xxxi. 37, hybr. (IK)
  2. J. Arnold Arbor. vi. 2 1925 (IK)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]