Gris (cor)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Grises.

O gris[1] é a denominación común das cores acromáticas cuxa luminosidade está comprendida entre a máxima (correspondente ó branco) e a nula (correspondente ó negro), aínda que se aplica especialmente ós de luminosidade media. O gris percíbese como consecuencia da fotorrecepción dunha luz de intensidade moderada constituída por todas as lonxitudes de onda do espectro visible, por tres lonxitudes de onda (longa, media e curta) ou por dúas lonxitudes de onda complementarias. Aseméllase á cor das nubes cumulonimbus cando son densas, baixas e sombrías, á cor da néboa e á cor da cinza.[2]

A denominación de cor «gris» abarca as coloracións lixeiramente cromáticas semellantes ós grises neutros, denominadas agrisadas. Tamén se denomina «gris» ás coloraciones pardas, e especialmente ás que son claras.

A cor gris que se atopa estandarizada en catálogos de cores e inventarios cromáticos, servindo de referencia xeral para o gris, é acromático e de luminosidade media.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para gris.
  2. Diccionario Akal del color. Akal. ISBN 978-84-460-1083-8.