Púrpura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cores púrpuras.

O púrpura[1] é a cor ou coloracións que se atopan entre o vermello e o azul, ou máis especificamente é unha cor maxenta escura que se atopa entre o violeta e o carmesí. O termo provén dos caracois mariños tamén chamados púrpuras (Stramonita haemastoma, Nucella lapillus), e así se denominaba tamén á cor producida pola oxidación da tinta destes caracois, (tinta moi aprezada dende antigo) e ás teas tinguidas con ela.[2]

En colorimetría foi definida como a cor complementaria dos que se perciben como consecuencia da fotorrecepción dunha luz cuxa lonxitude de onda dominante mide entre 555 e 565 nm. Trátase dunha cor estándar, é dicir que se atopa normalizada en catálogos de cores e inventarios cromáticos. A denominación de cor «púrpura» inclúe ao conxunto das coloracións semellantes á cor estándar, purpúreas. Á dereita achégase unha mostra do púrpura estándar.

Popularmente, úsanse como sinónimos nomes como morado, violeta, lila, malva ou maxenta. Porén, estas denominacións teñen diferente etimoloxía, e aínda que tamén son coloracións situadas entre o vermello e o azul, desenvolveron en xeral o seu propio significado específico.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para púrpura.
  2. Diccionario Akal del color. Akal. ISBN 978-84-460-1083-8.