Metro
O metro é a unidade fundamental de lonxitude, pertencente ó Sistema Internacional de Unidades. Definiuse inicialmente como a 10 000 000 parte do cuadrante do meridiano terrestre, mais actualmente, o metro defínese como a lonxitude do traxecto percorrido pola luz no baleiro durante un intervalo de tempo de 1/299 792 458 de segundo (Unidade de Base ratificada pola 17ª CGPM - 1983.)
Etimoloxía[editar | editar a fonte]
As raíces da etimoloxía do vocábulo metro poden trazarse ata o verbo grego μετρέω (transliterado metreo, "medir, contar ou comparar") e o substantivo μέτρον (metron, "medida"), que se empregaban para medidas físicas, para a métrica e por extensión para a moderación ou evitar o extremismo (como en "ter unha resposta medida"). O rango de usos tamén se atopaba no latín metior, mensura e noutras linguas.
O lema ΜΕΤΡΩ ΧΡΩ (metro khro) aparece no selo da Oficina Internacional de Pesos e Medidas (BIPM), quee era unha expresión do estadista e filósofo grego Pitaco de Mitilene e se traduce como "Emprega medida!", chamando tanto pola medida como pola moderación. A palabra metro chegou a partir do francés mètre.
Múltiplos e submúltiplos[editar | editar a fonte]
Poden empregarse os prefixos do Sistema Internacional de Unidades (SI) para denotar múltiplos e submúltiplos do metro como se mostra na táboa:
1 metro equivale a | |
---|---|
10−24 yottámetros | 101 decímetros |
10−21 zettámetros | 102 centímetros |
10−18 exámetros | 103 milímetros |
10−15 petámetros | 106 micrómetros |
10−12 terámetros | 109 nanómetros |
10−9 xigámetros | 1010 ångströms |
10−6 megámetros | 1012 picómetros |
10−4 miriámetros | 1015 femtómetros |
10−3 quilómetros | 1018 attómetros |
10−2 hectómetros | 1021 zeptómetros |
10−1 decámetros | 1024 yoctómetros |
Algunhas destas unidades empréganse máis raramente. Así, as distancias longas adoitan expresarse en quilómetros, unidades astronómicas (149,6 Gm), anos luz (10 Pm) ou parsecs (31 Pm), máis que en Mm, Gm, Tm, Pm, Em, Zm ou Ym; "30 cm", "30 m" e "300 m" son máis comúns que "3 dm", "3 dam" e "3 hm", respectivamente.
Poden empregarse os vocábulos micron[1] e millimicron en lugar de micrómetro (μm) e nanómetro (nm), mais esta práctica está desaconsellada.[2] A palabra micra está oficialmente rexeitada.[3]
Equivalencias noutras unidades[editar | editar a fonte]
Unidade do SI expresada en unidades non do SI |
Unidade non do SI expresada en unidades do SI | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 metro | ≈ | 1,0936 | iarda | 1 iarda | ≡ | 0,9144 | metros | |
1 metro | ≈ | 39,370 | polgadas | 1 polgada | ≡ | 0,0254 | metro | |
1 centímetro | ≈ | 0,39370 | polgadas | 1 polgada | ≡ | 2,54 | centímetros | |
1 metro | ≡ | 1×1010 | ångström | 1 ångström | ≡ | 1×10−10 | metros | |
1 milla terrestre | ≡ | 1609,344 | metros | |||||
1 milla náutica | ≡ | 1852 | metros | |||||
1 pé | ≡ | 0,3048 | metros |
Na táboa, "polgada" e "iarda" refírense a "polgada internacional" e "iarda internacional".[4] O símbolo "≈" significa "aproximadamente igual a"; o símbolo "≡" significa "igual por definición" ou "exactamente igual a".
Historia da definición do metro[editar | editar a fonte]

Durante toda a historia leváronse a cabo intentos de unificación das distintas medidas co obxecto de simplificar os intercambios, facilitar o comercio e o cobro xusto dos impostos. En 1671 Jean Picard mediu a lonxitude dun péndulo cun período de dous segundos no Observatorio de París. Atopou un valor de 440,5 liñas da toesa de Châtelet, que acababa de ser renovada. Propuxo unha toesa universal (en francés, Toise universelle) que era o dobre da lonxitude do péndulo.[5][6] Porén, descubriuse axiña que a lonxitude dese péndulo varía co lugar: o astrónomo francés Jean Richer medira unha diferenza do 0,3% de lonxitude entre Cayenne (na Güiana Francesa e en París.[7][8][9] Jean Richer e Giovanni Domenico Cassini mediron a paralaxe de Marte entre París e Cayenne cando Marte estaba máis próximo á Terra en 1672. Chegaron a un valor para a paralaxe solar de 9,5 segundos de arco.
Na Revolución Francesa, xunto con outros desafíos considerados necesarios para os novos tempos, nomeáronse comisións de científicos para uniformar os pesos e as medidas, entre os que está a lonxitude. A tarefa foi ardua e complexa. Considerouse empregar como padrón a lonxitudo do péndulo nun segundo a unha latitude de 45°, pero acabou descartándose por non ser un modelo completamente obxectivo.[10] Finalmente acordouse medir un arco de meridiano para establecer sobre el e polo tanto sobre a propia Terra o padrón do metro. Os encargados de facer esta medida foron Jean Baptiste Joseph Delambre e Pierre Méchain, que a estableceron entre 1791 e 1798 mediante un sistema de triangulación dende Dunkerque a Barcelona.[11]
Inicialmente esta unidade de lonxitude foi creada en 1792 pola Academia de Ciencias de Francia e definida como a dezmillonésima parte da distancia que separa o polo da liña do ecuador, a través da superficie terrestre. Se este valor se expresase de xeito análogo a como se define a milla náutica, corresponderíase coa lonxitude de meridiano terrestre que forma un arco de 1/10 de segundo de grao centesimal.
O 28 de setembro de 1889 a Comisión Internacional de Pesos e Medidas adoptou novos prototipos para o metros e, despois, para o quilogramo, que se materializaron nun metro padrón de platino e iridio depositado en cofres situados nos subterráneos do pavillón de Breteuil en Sèvres, Oficina de Pesos e Medidas, nos arredores de París.[11]
A XI Conferencia de Pesos e Medidas adoptou unha nova definición de metro en 1960: 1. 650. 763,73 veces a lonxitude de onda no baleiro da radiación laranxa do átomo de cripton 86. A precisión era cincuenta veces superior á do padrón de 1889.[11]
A definición dada na XVII Conferencia Xeral da Oficina Internacional de Pesas e Medidas, vixente dende 1983, é a seguinte:[11]
Un metro é a distancia que percorre a luz no baleiro durante un intervalo de 1/299 792 458 de segundo.[12]
A precisión desta definición é trinta veces superior á do prototipo de 1960.[11]
Liña de tempo[editar | editar a fonte]
![]() |
A liña do tempo amósanos como foi mudando a definición do metro en distintas épocas:
|
Unidades derivadas[editar | editar a fonte]
O metro dá orixe a diversas unidades compostas ou derivadas, como:
- metro cadrado (superficie)
- metro cúbico (volume)
- metro por segundo e quilómetro por hora (velocidade)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para micron.
- ↑ Taylor & Thompson 2003, p. 11.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para micra.
- ↑ Astin & Karo 1959
- ↑ texte, Picard, Jean (1620–1682). Auteur du (1671). Mesure de la terre [par l'abbé Picard]. Gallica (en inglés). pp. 3–4. Consultado o 2018-09-13.
- ↑ Bigourdan, Guillaume (1901). Le système métrique des poids et mesures ; son établissement et sa propagation graduelle, avec l'histoire des opérations qui ont servi à déterminer le mètre et le kilogramme. University of Ottawa. Paris : Gauthier-Villars. pp. 6–8.
- ↑ Poynting, John Henry; Thomson, Joseph John (1907). A Textbook of Physics (en inglés). C. Griffin. pp. 20.
- ↑ Picard, Jean (1620–1682) Auteur du texte (1671). Mesure de la terre [par l'abbé Picard] (en inglés). pp. 3–5.
- ↑ Bond, Peter, (1948- ...). (2014). L'exploration du système solaire. Dupont-Bloch, Nicolas. ([Édition française revue et corrigée] ed.). Louvain-la-Neuve: De Boeck. pp. 5–6. ISBN 9782804184964. OCLC 894499177.
- ↑ Estrada, H. Ruiz, J. Triana, J. El origen del metro y la confianza en la matemática Arquivado 17 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine., 2011, ISSN 0120-6788, págs. 89-101.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 Denis Guedj, El metro del mundo, Anagrama, Barcelona, 2000, ISBN 84-339-7018-6, págs. 330-331
- ↑ A BIPM non fai distinción entre baleiro cuántico e espazo baleiro. Resolution 1 of the 17th CGPM (CGPM, 1984), recuperado da base de datos da BIPM (BIPM, n.d.) o 24 de agosto de 2008.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Metro ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Taylor, B.N. and Thompson, A. (2008b). Guide for the Use of the International System of Units (Special Publication 811). Gaithersburg, MD: National Institute of Standards and Technology. Consultado o 23 de agosto d e2008.