Copa do Rei de Rugby 2020-2021

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaCopa do Rei de Rugby 2020-2021
TipoCopa do Rei de Rugby Editar o valor em Wikidata
Deporterugby a 15 Editar o valor em Wikidata
OrganizadorFederación Española de Rugby Editar o valor em Wikidata
Número de participantes4 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Número de edición88 Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoClub Alcobendas Rugby Editar o valor em Wikidata

Na tempada 2020-2021 levouse a cabo a 88ª edición da Copa do Rei de rugby, o torneo nacional máis antigo do rugby español, organizado pola F.E.R..

Disputaron esta competición da Copa do Rei os catro equipos que quedaron en primeiro lugar nos resultados habidos na primeira volta da División de Honra de cada un dos catro grupos de tres equipos que foron creados por sorteo entre os doce equipos que constituían a División de Honra, de xeito que cada equipo xogou dentro do seu grupo un encontro como local e outro como visitante.

Torneo da Copa do Rei[editar | editar a fonte]

O Copa do Rei comezou propiamente coas semifinais, de xeito que nesta edición o torneo contou oficialmente con catro participantes e constou de tres encontros: as dúas semifinais e a final.

Cadro da competición
  Semifinais Final
             
02/05/21 - La Teixonera (Barcelona)
  Cataluña Barcelona 16  
  Castela e León Aparejadores 20  
 
06/06/21 - Carlos Belmonte (Albacete)
      Castela e León Aparejadores 13
    Comunidade de Madrid Alcobendas 37
02/05/21 - Pepe Rojo (Valladolid)
  Castela e León El Salvador 3
  Comunidade de Madrid Alcobendas 7  


A final da Copa do Rei de rugby tivo lugar en Albacete, cidade que nunca acollera unha final de Copa. O encontro rematou co resultado de 37 a 13 a prol do Club Alcobendas Rugby, que deste xeito acadou o seu terceiro título consecutivo nesta competición.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]