Copa do Rei de Rugby 2021-2022

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaCopa do Rei de Rugby 2021-2022
TipoCopa do Rei de Rugby Editar o valor em Wikidata
Deporterugby a 15 Editar o valor em Wikidata
OrganizadorFederación Española de Rugby Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Número de edición89 Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoClub de Rugby El Salvador Editar o valor em Wikidata


Na tempada 2021-2022 levouse a cabo a 89ª edición da Copa do Rei de rugby, o torneo nacional máis antigo do rugby español, organizado pola F.E.R.. Disputaron esta competición da Copa do Rei os catro equipos que quedaron en primeiro lugar nos resultados habidos na primeira volta da División de Honra de cada un dos catro grupos de tres equipos que foron creados por sorteo entre os doce equipos que constituían a División de Honra, de xeito que cada equipo xogou dentro do seu grupo un encontro como local e outro como visitante.

Torneo da Copa do Rei[editar | editar a fonte]

O Copa do Rei comezou propiamente coas semifinais, de xeito que nesta edición o torneo contou oficialmente con catro participantes e constou de tres encontros: as dúas semifinais e a final.

Cadro da competición
  Semifinais Final
             
03/04/22 - Las Terrazas (Alcobendas)
  Comunidade de Madrid Alcobendas 23  
  Andalucía Ciencias 18  
 
25/09/22 - La Cartuja (Sevilla)
      Andalucía Ciencias 26
    Castela e León El Salvador 27
02/04/22 - Altamira (Ordizia)
  Ordizia 16
  Castela e León El Salvador 23  


A final da Copa do Rei de rugby tivo lugar en Sevilla e levouse a cabo no mes de setembro despois de ter sido aprazada. Nun inicio estaba programada para o 1 de maio de 2022. Nela enfrontáronse o Club de Rugby El Salvador e o Club de Rugby Ciencias trala expulsión do Club Alcobendas Rugby da División de Honra anunciada o 25 de maio de 2022. A final disputada no Estadio de La Cartuja rematou co resultado de 27 a 26 a prol do Club de Rugby El Salvador, que deste xeito acadou o seu oitavo título nesta competición.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]