Conversa usuario:AMPERIO/Arquivo 5

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Ano 2017


Wikirreto[editar a fonte]

Feliz aninovo! Hoxe dá comezo a nova edición do Wikirreto 2017. Anímate a participar!

RE: Modelo para referencias[editar a fonte]

{{sfn}}. O funcionamento é o mesmo. A única diferencia é que o {{sfnp}} que non temos engade parénteses no ano, mentres que {{sfn}} non. Polo resto funcionan exactamente da mesma forma. Banjo tell me 3 de xaneiro de 2017 ás 19:31 (UTC)[responder]

Revolución Rusa de 1917[editar a fonte]

Boas AMPERIO!! Vin a túa proposta para artigo bo da Revolución Rusa de 1917, non é por criticar a proposta pero, tendo en conta que é un dos 1.000 artigos que toda Wikipedia debería ter e que temos varios artigos de calidade e bos do tema, que che parece se o traballamos máis (especialmente a referenciación) e o presentamos para artigo de calidade? Eu teño moito choio con outros artigos, pero se te animas podo deixalo para máis adiante e repartimos o traballo da Revolución para ir máis rápidos, eu non teño grandes coñecementos do tema, pero podo ir completando con referencias e con algo máis de información dos outros artigos, só terías que revisar o meu traballo, que ti sabes moito máis. Creo que pode ser unha boa idea, xa que temos tan bo material relacionado aproveitalo para facer deste artigo un dos mellores da Galipedia. Máis nada, o dito, que contes comigo se te animas, creo que entre os dous podemos conseguir un bo artigo en relativamente pouco tempo. Unha aperta!! Piquito (conversa) 4 de xaneiro de 2017 ás 09:56 (UTC)[responder]

Así a primeira vista realmente non estou seguro de se engadiría algo máis de contido, referíame principalmente á referenciación, podemos comezar referenciando e logo, visto en conxunto valorar se precisaría ampliar algo, mais seguramente só referenciándoo máis poida ser de calidade. Se te animas repartimos seccións e imos referenciando. Apertas!! Piquito (conversa) 4 de xaneiro de 2017 ás 11:05 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de varios axustes no Libro de estilo da Galipedia, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Axustes no libro de estilo. Grazas! Banjo tell me 15 de xaneiro de 2017 ás 00:16 (UTC)[responder]

RE: Israel[editar a fonte]

Ola AMPERIO! Grazas por propoñer o artigo, o certo é que a outra vez a intención que tiña era facer que a comunidade votara máis na votación para calidade (algo que evidentemente non pasou), non tanto que saíra na portada. Hai tempo decidín non participar nas decisións da comunidade, a excepción das votacións para artigos de calidade/bos que estean a piques de finalizar e precisen dun único voto para seren elixidos (como pasou co artigo de George S. Patton), no caso de que se dea a situación non te preocupes que o votarei sen dubidar. Non o tomes como algo persoal, non o é, non teño absolutamente ningún problema contigo (se fora así ben sabes que cho diría, como fago con todos os que participan no proxecto), simplemente as circunstancias fixeron que tomara esa decisión. Unha aperta e grazas de novo! Piquito (conversa) 17 de xaneiro de 2017 ás 22:58 (UTC)[responder]

RE:Modelo:Conflito militar[editar a fonte]

Entendo que o problema dese modelo é que debería quedar como aparece na versión inglesa, en catro columnas e non en tres. O problema é que o noso modelo está tirado do equivalente na wiki en castelán, que ten un módulo de base distinto... Podo tentar adaptar o módulo da wiki inglesa e mailo modelo de alí para que se vexa como comentas, pero vaime levar un tempo, avisarei segundo vaia revisando, queda na lista de pendentes. Banjo tell me 19 de xaneiro de 2017 ás 16:54 (UTC)[responder]

Ola, Amperio! Podo subila, abofé, pero pode facelo calquera usuario; síntete libre de facelo ti mesmo con calquera imaxe con licenza compatible :) Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 8 de febreiro de 2017 ás 18:23 (UTC)[responder]

Vera Zasulich[editar a fonte]

Revisei o artigo, revisa ti a miña revisión, deixei algunhas dúbidas no apartado de Conversa Unhanova (conversa) 10 de febreiro de 2017 ás 10:13 (UTC)[responder]

Wikimaratón urxente maña[editar a fonte]

Boas, pídovos o voso apoio para organizar un wikimaratón para mañá, máis info en Wikipedia:Taboleiro_dos_administradores/Problemas_varios#Wikimarat.C3.B3n_para_ma.C3.B1.C3.A1 Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 10 de febreiro de 2017 ás 15:35 (UTC)[responder]

Vera Bogdanovskaya[editar a fonte]

Creo que os nomes máis correctos para eses compostos son metilidinafosfano e dibencil cetona. Xa fixen as páxinas de ambos e modifiquei o nome do composto na túa páxina. Por certo, que nesas dúas páxinas miñas menciónase brevemente a esa química co nome Vera Bogdanovskaya, e non sei se é a ortografía correcta en galego dese nome ruso (Bogdanovskaia talvez?). Se o chegas a saber seguro agradecería que mo modifiques nas páxinas se hai que modificalo. Ademais haberá que poñer a redirección do seu nome de solteira porque ao principio as miñas ligazóns estaban en vermello, e mesmo non sei se será máis correcto poñer de título o seu nome de solteira ou o seu nome de casada (que será, en realidade, o apelido do seu marido). Os nomes de compostos químicos teñen moita sinonimia, porque hai o nome da IUPAC, o sistemático, o que se dá en catálogos como o Belistein, Aldrich, etc. os nomes históricos que tivo e os cambios de nomenclatura que houbo (por exemplo agora a tendencia é escribir o grupo todo xunto; por exemplo dibencilcetona).--Miguelferig (conversa) 10 de febreiro de 2017 ás 20:24 (UTC)[responder]

Ah, creo que xa o arranxou Isilion. Parece ser que debe ser Bogdanovskaya. Pero haberá que comprobalo.--Miguelferig (conversa) 10 de febreiro de 2017 ás 20:26 (UTC)[responder]
Grazas, Amperio. Outra cuestión máis de carácter xeral é se se pon o nome das mulleres (como nome principal na páxina) co seu apelido de casada ou co apelido co que naceron. Ao mellor habería que preguntar na taberna se hai algunha política acordada sobre iso. Por un lado é un pouco unha contradición querer darlle relavancia ás mulleres na Galipedia e denominalas co apelido do seu marido, pero, por outra parte, é o seu apelido legal neses países e ás veces son máis colecidas por el (Madam Curie é máis coñecida así, co apelido do seu marido, por exemplo). Entón non sei que será mellor.--Miguelferig (conversa) 12 de febreiro de 2017 ás 19:12 (UTC)[responder]
Nos libros de química e enciclopedias que consultei non aparece esa investigadora. Hai que ter en conta que tampouco fixo descubrimentos de primeiro nivel.--Miguelferig (conversa) 12 de febreiro de 2017 ás 20:47 (UTC)[responder]

RE: wikimaratón[editar a fonte]

Haberá que revisalo, o único que tiven tempo foi traducir a lista de es.wiki, xa vin nomes en caracteres árabes que tampouco están ben, pero agora vou ver se dou feito un dos artigos porque mañá o tempo vouno ter xusto :). Cando se remate a actividade revisarei os títulos e se hai creado algún sen acentos xa me ocupo eu de movelo. Grazas polo aviso e un saúdo, Elisardojm (conversa) 11 de febreiro de 2017 ás 02:44 (UTC)[responder]

Re: Título[editar a fonte]

Ola Amperio. Xa o pensei pero non o fixen porque leva a confusión cos nomes das categorías dos lugares das parroquias. Non é o título que máis me gusta, polo de agora non atopo un mellor. Se en próximos días aparece un mellor poño o bot a mudalo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12 de febreiro de 2017 ás 20:05 (UTC)[responder]

Polo de agora, vou continuar con sitio. Cando a categoría estea máis poboada, ou haxa que facer subcategorías, ou cando teña algunha idea mellor, dos compañeiros ou miña, xa farei o cambio se é preciso. A prioridade para min neste momento é clasificar as imaxes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12 de febreiro de 2017 ás 20:15 (UTC)[responder]

RE: Marcadores atención[editar a fonte]

WP:NON#COLECCIÓN, concretamente o primeiro punto: Meras coleccións de ligazóns externas ou directorios da internet. Todo o contido baixo o "Véxase tamén" non empregado como referencia para o artigo ou que non cumpra directamente a política e cómpre revisar se é realmente preciso incluílo aí ou non. Banjo tell me 12 de febreiro de 2017 ás 20:13 (UTC)[responder]

Grazas. Engadinlle tamén o File:Discurso-comunista-hungría--outlawsdiary00tormuoft.png (faltalle o pé). Non sei se o descartaches intencionadamente ou foi un despiste. --. HombreDHojalata.conversa 13 de febreiro de 2017 ás 16:00 (UTC)[responder]

Códice de Alepo[editar a fonte]

Boas. O termo "coroa" refírese ó termo hebreo keter (כֶּתֶר), que quere dicir mesmo "coroa". Mais inda pretendo engadir máis informacións despois de rematar a tradución, cando fixer a revisión, que acostumo deixar para facer despois dun tempo e, así, poder enxergar mellor os erros de tradución e escrita. Grazas por tomares un tempo a ler, aprecio de veras a túa atención. Judcosta (conversa) 13 de febreiro de 2017 ás 18:31 (UTC)[responder]

¡Ola! Engadín unha nota a respecto. Inda non comentara: grazas por teres chamado a miña atención. Saúdos. Judcosta (conversa) 17 de febreiro de 2017 ás 18:36 (UTC)[responder]

RE:Rosalía en persa[editar a fonte]

Xenial!, xa está en 31 linguas, máis do dobre que Castelao! Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de febreiro de 2017 ás 22:06 (UTC)[responder]

Linguaxe non sexista nos modelos e categorías[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para intentar facer que a Galipedia use unha linguaxe non sexista nos modelos e nas categorías. Se ten un momento libre agradeceríamos a súa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de febreiro de 2017 ás 00:36 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

A muller de...[editar a fonte]

Ah, perdón, xa o esquecera!

Non, en publicacións en galego non atopei que tivera artigo de seu. Tampouco aparece mencionada nos artigos dedicados ao marido. --. HombreDHojalata.conversa 16 de febreiro de 2017 ás 12:50 (UTC)[responder]

Pero bótalle un ollo a: [1] --. HombreDHojalata.conversa 16 de febreiro de 2017 ás 12:57 (UTC)[responder]

RE:Discusión na taberna[editar a fonte]

Vale, botareille un ollo a ver o que se pode facer, grazas polo aviso. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de febreiro de 2017 ás 13:28 (UTC)[responder]

Re: Galerias[editar a fonte]

Non tivera tempo para corrixir iso aínda, estaba na lista de pendentes. Non queda ningunha galería orfa na categoría. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16 de febreiro de 2017 ás 21:51 (UTC)[responder]

Si que as vira. Algunhas das ligazóns que fixen son provisorias á espera que remodele outras galerías e poida poñelas na localización definitiva. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16 de febreiro de 2017 ás 22:03 (UTC)[responder]
Ese é un debate antigo: Galerías/Categorías. Eu son dos de ter as dúas, co que levamos feito borrar material é unha perda. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16 de febreiro de 2017 ás 22:11 (UTC)[responder]

Modelo:Pobo xudeu en Galicia[editar a fonte]

Ola AMPERIO! O certo é que estaba buscando máis cousas que se puideran engadir, pero non é cousa doada. Querías engadir algo? Unha preguntiña máis: todo ben? Teño a sensación de que estás molesto comigo por algo que descoñezo... Xa sabes que podes falar comigo o que sexa e aclarar o que haxa que aclarar. Un saúdo! Piquito (conversa) 16 de febreiro de 2017 ás 22:57 (UTC)[responder]

Simplemente deume a sensación. Como vin que revisaras o artigo de Mozart en Italia e que non votaras, sumado a que non dixeches nada á mensaxe que che deixei sobre destacar o artigo de Israel na portada, pensei que igual estabas molesto porque non participei na votación... Con isto non digo que me moleste que non votaras o artigo, simplemente que como revisaches o artigo e non só non o votaches, senón que concordaches coa proposta que fixera Banjo e que era posterior pensei que igual estabas enfadado e como represalia non votaras as miñas propostas (é un pouco lío, pero ás veces o cerebro móntase películas raras)...
Aproveito tamén, agora que retomei un pouco o tema dos portais (dandome a min mesmo máis choio coas imaxes que non dou feito :-O), se me permites comentarche unha cousa do portal de Eurovisión que vin e que igual non te deras conta e te replantexas. Persoalmente quitaría o propio artigo do Festival de Eurovisión da sección de "artigo destacado" e deixaríao nunha sección que fora visible sempre, xa que é o tema central do portal e así a xente poder velo sen necesidade de que apareza na selección aleatoria. Tal como o vexo eu, resulta raro entrar nun portal sobre un tema e que non o presente (non sei se me explico), tal e como está agora podes entrar no portal e non ver o que é Eurovisión en ningures. Non sei ti como o ves, é simplemente unha apreciación persoal.
Unha aperta! Piquito (conversa) 16 de febreiro de 2017 ás 23:31 (UTC)[responder]

RE:edición ip[editar a fonte]

Desfixen todo, non atopei referencias para engadir ningún presentador que non fose Gaioso, eu non vexo o programa pero polo pouco que sei del, o presentador "principal" é Gaioso, hai "presentadores" de seccións e noutras tempadas había co-presentadoras (a última da que atopo información é Lucía Regueiro pero xa non participa nese programa creo que dende fai máis dun ano) pero polo que parece agora xa non. Eu non atopei ningunha referencia, acabo de ve cachos do último programa e os créditos finais e non atopei nada. Se alguén quere engadir algo aí terá que achegar a fonte da información porque se non non se pode comprobar. Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de febreiro de 2017 ás 02:53 (UTC)[responder]

Pois agora podes velo cando queiras, están todos os últimos programas en Internete na web da TVG! ;) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de febreiro de 2017 ás 08:39 (UTC)[responder]

Moi boas noites. Quero agradecerche todas as túas observacións que fixeches no artigo, por suposto, todas as edicións feitas sobre el e os teus consellos tan importantes que me deches na miña páxina de conversa. Moitísimas grazas, apertas --RubenWGA (conversa) 20 de febreiro de 2017 ás 23:51 (UTC).[responder]

Buenas dias, querido AMPERIO, y muchas gracias por el contexto en esta pagina. Hasta Luego, un saludo de Caselle Landi! Rei Momo (conversa) 21 de febreiro de 2017 ás 09:34 (UTC)[responder]

Krupskaia[editar a fonte]

Isto non me cadra: "Krupskaia apoiou o primeiro, en parte pola súa antiga proximidade a Zinoviev e Kamenev, compañeiros durante o seu segundo exilio." porque di que apoia ao primeiro pola proximidade co segundo e o terceiro. Unhanova (conversa) 21 de febreiro de 2017 ás 09:56 (UTC)[responder]

Homónimos[editar a fonte]

Moi boas noites. Con respecto ao que me comentabas na miña páxina de conversa, a ligazón a El Independiente xa está arranxada no artigo e engadida á páxina de homónimos como xornal arxentino. Por último, quero agradecerche o teu consello xa que tiña conciencia do trebello mais non o tiña activado, pero de agora en adiante seguro traballarei moito mellor grazas a el. Moitísimas grazas, apertas --RubenWGA (conversa) 21 de febreiro de 2017 ás 23:20 (UTC).[responder]

RE: Comentario votación[editar a fonte]

Boas AMPERIO! Non te preocupes, o ton non ten nada de malo. Ao que me refiro co exilio é que inicialmente parece que regresou de xeito definitivo a Rusia en 1879, non é que non estea claro se saiu do país, o que me pasou a min lendo o artigo foi que logo de ler a frase Oposta cada vez máis ao terrorismo, regresou a Rusia clandestinamente a finais do verán de 1879 e pouco despois Zemlia i Volia disolveuse polas disensións internas relativas a este pensei que ese ano regresara a Rusia de xeito definitivo, non é ata a última frase do seguinte parágrafo cando queda claro que foi unha visita e non un traslado, eu lin todo o último parágrafo da sección pensando que xa regresara ao seu país.

Tiña pensado revisar o artigo da República Soviética Húngara, comecei por este porque tiña menos votos e é máis curto, pero revisarei ese e o da Revolución de Maio, mais paseniño, non teño moito tempo para ler artigos. Sobre os temas... a min a política nin me interesa nin me gusta, penso que os teus artigos son máis de historia (que si me interesa e me gusta) si que hai moitos contidos rusos, pero se é o que che gusta, para que vas facer outra cousa? Tamén eu propoño moitos artigos de música clásica, vota pouca xente? Si, pero non vou deixar de escribir sobre o que me gusta e me interesa só porque a xente non participa masivamente nas votacións, que chegan con catro votos á última semana e saen de milagre, gústame, interésame, coñezo o tema... por que escribir logo sobre outras cousas? Unha aperta!! Piquito (conversa) 21 de febreiro de 2017 ás 23:22 (UTC)[responder]

Creo que a baixa participación ten máis relación coa cantidade de propostas que cos temas, de feito Banjo presenta artigos de temáticas variadas que non superan con moito os cinco votos necesarios. Creo que se nos vai un pouco a man abrindo unha votación cada semana ou cada menos tempo, porque ao final estamos facendo que a comunidade (que non é grande) teña unha "cola de impresión" coas revisións de artigos... non sei se me explico. Eu ía propoñer o artigo de Jane Joseph e outros como Georges Bizet ou sinfonía coral (outros relacionados co hóckey sobre xeo non me plantexo presentalos porque xa vin que o tema non ten moita aceptación, uuups), mais francamente non atopo sitio porque hai cinco votacións abertas, tres delas sen os cinco votos necesarios... moito lío para a xente, se cadra habería que ir un pouco máis despacio co ritmo de propostas para tentar enganchar de novo á xente, porque ao final o que creo que nos interesa a todos é que todas as propostas saian adiante. É a miña visión, que pode estar equivocada, claro está. Saúdos!! Piquito (conversa) 21 de febreiro de 2017 ás 23:32 (UTC)[responder]

RE:Terceira malla de artigos[editar a fonte]

Tes razón, o ano pasado fóiseme o santo ó ceo con varias cousas que me liaron pero este ano non o podemos deixar pasar. Estaba pensando unha boa data para facela, que non coincida con outras actividades e que poida quedar "fixa" para tódolos anos. En marzo xa está o aniversario da Galipedia así que non pode ser, en maio está o día das letras... Podería ir a comezos de abril, por exemplo, sabes se hai algún evento importante que poida afectar á wiki? Que tamén podemos probar como queda este ano e se non cae ben, cambiala os seguintes anos... Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de febreiro de 2017 ás 13:45 (UTC)[responder]

Ó final estiven liado e a malla non puido ser, pero acabo de abrir agora a páxina e de propor na taberna que se faga neste mes, en principio, do 19 ó 25 de xuño. Se ves que pode ser mellor facela noutra data ou queres cambiar outra cousa, podes comentalo alí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xuño de 2017 ás 13:13 (UTC)[responder]

re: dúbida rápida[editar a fonte]

Non che sei. Os meus coñecementos de ortografía e gramática galega son limitados e de orixe autodidacta. Mellor pregúntalle a Atobar ... ou na Taberna. --. HombreDHojalata.conversa 22 de febreiro de 2017 ás 23:09 (UTC)[responder]

Ola, AMPERIO. Así é, non ten sentido d'La e tampouco o tería d'A Magdalena. Ese apóstrofo pódese empregar (opcionalmente) coas publicacións, pero fóra diso non. Por exemplo, "Os colaboradores d'A Nosa Terra foron...". Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23 de febreiro de 2017 ás 00:03 (UTC)[responder]

Xa postos, cópioche: "No galego moderno non se utiliza habitualmente o apóstrofo (’), aínda que se admite o seu uso cando se pretende reproducir fielmente a prosodia do galego oral ou dialectal: n’é verdade, n’o fixen, ont’á noite. Poderá usarse tamén na citación de títulos ou cabeceiras de publicacións cando o artigo inicial se integra coas preposicións de ou en: o argumento d’A Esmorga; iso está n’Os Eoas."[2] --Atobar (conversa comigo) 23 de febreiro de 2017 ás 00:05 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de varios axustes na política actual de ligazóns externas. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Ligazóns externas/Proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 24 de febreiro de 2017 ás 09:32 (UTC)[responder]

RE:Consulta tamaño artigos[editar a fonte]

Se só ten unha liña de texto a cousa está clara, hai que borralo porque esa información non chega para ter entidade de artigo. Se ten unha ficha e unha foto..., non sei, o artigo Wilford Brimley que marcaches para borrar non di gran cousa, só que é actor e americano, eu case que o borraba porque iso e máis nada éche o mesmo.

Pero tampouco o teño claro, pensaba que se engadira algo sobre iso nalgunha política pero non o atopo, ó mellor Banjo sabe algo máis sobre o tema. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de febreiro de 2017 ás 10:26 (UTC)[responder]

Non hai un mínimo de tamaño establecido. WP:A3 establece que a eliminación rápida aplica cando o artigo non ten un contido suficiente. Como di Elisardo no caso dese artigo podería aplicarse, cumple o criterio. A propia aplicación ou non do criterio queda a elección do administrador que revise o artigo. Hai artigos moi curtos sobre lugares de Galicia que se manteñen sempre por exemplo, mentres que outros coma ese sobre persoeiros estranxeiros é máis habitual que se borren sen maior problema. O ideal en todo caso sempre é amplialos ata que acaden un mínimo de contido relevante, pero como xa dixen non hai problema en borralo, xa virá outro usuario a crealo máis adiante con máis información. Banjo tell me 24 de febreiro de 2017 ás 10:37 (UTC)[responder]

Guerras Médicas[editar a fonte]

Boas AMPERIO!! Non sei por que hoxe lembreime do artigo das Guerras Médicas que propuxeches hai tres anos. Ti que sabes francés animaríaste a revisar e referenciar o artigo? Eu podo axudarche se queres engadindo algo que poida haber na Wikipedia en lingua inglesa e así pode que fagamos un artigo co mellor de cada un dos outros, e así de paso ampliamos un pouco os arigos de calidade sobre historia, que practicamente todos son de historia contemporánea e non temos ningún de historia antigo. Que che parece? Non me esquezo do artigo da República Soviética Húngara, agora estou máis relaxado co tema porque vin que xa ten os votos necesarios para ser de calidade, pero revisareino de todos xeitos. Apertas!! Piquito (conversa) 24 de febreiro de 2017 ás 14:55 (UTC)[responder]

Moi boas noites. En primero lugar, gustaríame agradecer a túa e tan importante observación no artigo. Respecto ao que me comentabas hoxe das seccións que faltaban de "Golpe de Estado" e "Resultado", grazas aos modelos presentes na Wikipedia inglesa e española, puiden completar o respectivo modelo na Galipedia (Modelo:Conflito militar) e así evitar a redacción de devanditas seccións, xa que este inclúe o casus belli, o resultado do golpe, os seus belixerantes, forzas en combate, baixas... Espero ter obrado correctamente e ter axudado no progreso dun campo tan relevante e apaixonante como é o da Historia. Moitísimas grazas e apertas, --RubenWGA (conversa) 27 de febreiro de 2017 ás 23:08 (UTC).[responder]

Moi boas tardes. Tendo en conta o teu consello da caixa de información na miña páxina de conversa, realicei unha pequena, mais servible, redacción cos datos da caixa que complementan, como ben dis, a información presente no artigo. Gustaríame e agradecería, se tes un pouco de tempo, que revisases a mesma para detectar posibles erros ou observacións a corrixir. Moitísimas grazas por toda a axuda prestada e apertas, --RubenWGA (conversa) 28 de febreiro de 2017 ás 13:15 (UTC).[responder]

Boas AMPERIO, segundo WP:TRL sería Yambol. Saúdos! --Norrin (Fálame) 1 de marzo de 2017 ás 10:16 (UTC)[responder]

Goberno provisional ruso[editar a fonte]

Discordo coa túa posición, non considero que o Goberno provisional ruso sexa unha etapa histórica ou cómputo cronolóxico como o é Século das Luces, a Antigüidade, o Pleistoceno, o Bienio Progresista ou o Trienio Liberal que son algúns dos exemplos que dá a obra Ortografía da lingua galega (2004) de Begoña González Rei para estes casos —obra á cal a o Seminario Lexicográfico da RAG acode continuamente. Eu penso que a locución Goberno provisional ruso é igual ca a do Goberno franquista, Administración galega, Estado español etc.--Isili0n (conversa) 3 de marzo de 2017 ás 16:42 (UTC)[responder]

Catorce aniversario da Galipedia[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para buscar un logotipo para celebrar o catorce aniversario da Galipedia, será o vindeiro día 8 de marzo, e decidir se facer algunha actividade especial ese día. Se ten un momento libre agradeceríamos a súa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 5 de marzo de 2017 ás 02:37 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Moi boas AMPERIO/Arquivo 5. Xa que vostede comentou na votación para converter ao artigo Revolución de Maio artigo de calidade, coido de gran importancia avisarlle de que o artigo sufriu un gran número de modificacións relevantes que o cambian por completo debido a problemas graves no interior do mesmo. Agradeceríalle, pois, o seu interese e dedicación no caso de que teña tempo para revisar novamente e completamente a proposta presentada o pasado 13 de febreiro e que cumpre e remata o prazo o vindeiro 15 de maio. Desculpe os inconvenientes e as molestias que isto lle poidese ocasionar, novamente grazas e un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 12 de marzo de 2017 ás 23:07 (UTC).[responder]

PD: Tamén infórmolle e invítolle a botar unha ollada a miña proposta para converter ao artigo Miguel Shishman en artigo bo. Para ir á páxina da proposta presentada: pinche aquí. Novamente moitísimas grazas e un saúdo cordial, RubenWGA (conversa) 12 de marzo de 2017 ás 23:19 (UTC).[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da política de títulos dos artigos sobre organizacións. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Títulos dos artigos sobre organizacións. Grazas! Banjo tell me 17 de marzo de 2017 ás 19:10 (UTC)[responder]

Galizionario[editar a fonte]

Boas. Movidas Cheísmo, Estudo, Pobo e Sarcasmo ó Galizionario. Perdón pola tardanza. Un saúdo.[ Furagaitas * ] 23 de marzo de 2017 ás 16:12 (UTC)[responder]

Moi boas noite AMPERIO. Concordo plenamente no borrado do artigo e creo que me excedín creando o mesmo. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 18 de maio de 2017 ás 21:12 (UTC).[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Punto de vista neutral, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Punto de vista neutral/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 2 de xuño de 2017 ás 09:01 (UTC)[responder]

Proposta para a organización da terceira malla da Galipedia[editar a fonte]

Boas tardes, na taberna hai unha proposta para organizar a terceira malla de artigos da Galipedia e que pode ser do seu interese. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 14 de xuño de 2017 ás 16:06 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Saúdos. Acaba de comezar unha votación sobre a proposta Wikipedia:Votacións/Cambio de nome de categorías de personalidades e creación de categorías por sexo. Podes ver e participar na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Cambio de nome de categorías de personalidades e creación de categorías por sexo. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de xuño de 2017 ás 22:13 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Política de protección, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Política de protección/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 30 de xuño de 2017 ás 07:34 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Política de protección, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Política de protección/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 30 de xuño de 2017 ás 07:34 (UTC)[responder]

Terceira malla de artigos da Galipedia[editar a fonte]

Como se anunciou na taberna, durante esta semana, do 3 ó 9 de xullo, estamos a facer a Terceira malla de artigos da Galipedia. Todo o mundo pode colaborar e precisamos axuda para amañar estes artigos con problemas. Anímate e achégate á malla!! Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 3 de xullo de 2017 ás 08:35 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Proselitismo, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Proselitismo. Grazas! Banjo tell me 20 de xullo de 2017 ás 08:43 (UTC)[responder]

Imaxes de Sarria[editar a fonte]

Boas AMPERIO, vin a túa mensaxe de que andas por Sarria, O:), e entón, viña comentarche que temos en marcha o Wikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquias e que faría moito ben a túa axuda nese concello porque faltan unhas cantas. Están todas aquí por se te animas a dar un paseo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 31 de xullo de 2017 ás 21:09 (UTC)[responder]

Ah, vale, pois se che cadra de pasar :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de xullo de 2017 ás 22:46 (UTC)[responder]

Lonxitude de artigos curtos[editar a fonte]

Boas, hai unha proposta na taberna para determinar a lonxitude dos artigos curtos, todos os comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de agosto de 2017 ás 11:57 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Asociación de amigas e amigos da Galipedia[editar a fonte]

Boas, hai unha proposta na taberna para a creación dunha asociación de apoio á Galipedia, todos os comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de agosto de 2017 ás 06:51 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Categorías/proposta 2017, seguindo o calendario de votacións proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Categorías/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 11 de agosto de 2017 ás 07:53 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta dunha nova redacción para a política oficial Wikipedia:O que a Wikipedia non é. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:O que a Wikipedia non é/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 2 de setembro de 2017 ás 09:43 (UTC)[responder]

Quince aniversario da Galipedia[editar a fonte]

Boas, hai unha proposta na taberna para organizar algún tipo de celebración e actividades en marzo de 2018 co gallo dos quince anos da Galipedia. Fai falta xente que axude coa organización e propostas a realizar, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 19 de setembro de 2017 ás 08:21 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

(Israel) ישראל[editar a fonte]

Boas AMPERIO! Alédame verte de novo por aquí! Grazas pola túa axuda co artigo, a ver se desta vez hai sorte. Unha aperta compañeiro!! Piquito (conversa) 29 de setembro de 2017 ás 19:03 (UTC)[responder]

Cento cincuenta artigos de calidade para o décimo quinto aniversario da Galipedia[editar a fonte]

Boas, hai unha proposta na taberna para tentar acadar os cento cincuenta artigos de calidade antes do décimo quinto aniversario da Galipedia. Fai falta xente para colaborar nesta proposta, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de outubro de 2017 ás 09:57 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Puigdemont e artigos relacionados[editar a fonte]

Ola, Amperio. O problema que sinalaba no cadro de resumo non atangue só á entrada para Carles Puigdemont. Verías que estes días tanto eu coma outros usuarios protexemos unha serie de artigos relacionados con Cataluña. O motivo é que, principalmente dende ip's anónimas, houbo intentos de sesgar as informacións ou, directamente, de vandalizalas. A iso me refería. A túa edición non vai por aí, xaora, pero si vin que retiraches unha cabeceira válida para incluír un parágrafo de actualidade (que en todo caso podería ir máis abaixo, pero non como resumo globalizador nunha cabeceira que era correcta); ademais, mudaches o "xornalistas e político catalán" a "xornalista e político español". Sei que o sabes, pero permíteme en todo caso que che lembre que, por unha banda, na Wikipedia en galego tratamos de respectar as nacionalidades históricas, motivo polo que é habitual que falemos do concreto: catalán, vasco, galego, andaluz. Amais, tamén temos a política de escolla do primeiro editor, e aí de novo catalán foi a primeira opción. A maiores, coido que coa vista na realidade sociopolítica peninsular destes últimos días, mudar agora ese catalán por español non pode responder senón a unha cuestión ideolóxica, máxime cando mesmo dende unha visión posible do mundo, ese catalán perfectamente podería implicar o español, co cal non suporía unha contradición nin un dato incorrecto. Despois, vin tamén que hai unha valoración en texto corrido ("ilegal" ou "contrario á constitución", non me lembro) e iso é opninión, como opinión é a de Junqueras ao cualificar a aplicación do artigo 155 de "antidemocrática", polo que o entrecomiñei e acheguei a referencia. Por último, na miña opinión era ben que todos deixemos pasar uns días antes de lles meter man a esta clase de artigos. É unha tentación levar a auga cara ao rego dun, non o nego, mais o certo é que agora mesmo existe un xogo de legalidades contrapostas moi difícil de calibrar. En resumo, só tratei de neutralizar o artigo e que non quede excluída ningunha das visións. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 29 de outubro de 2017 ás 16:35 (UTC)[responder]

RE:Modelo: Visitas[editar a fonte]

Limiteime a crear o modelo para simplificar a gráfica que engadiron outros usuarios, xa que estaba a engadirse moito código pouco manexable nas conversas. Elisardojm ou HombreDHojalata poden entrar máis a fondo no propósito e alcance da gráfica, eles son os que máis traballaron niso ata o de agora. Banjo tell me 20 de novembro de 2017 ás 16:17 (UTC)[responder]

Máis ben é cousa de HombreDHojalata, que entendo que está a engadila ós artigos que foron escollidos nalgunha votación da Galipedia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de novembro de 2017 ás 16:23 (UTC)[responder]
@Elisardojm: non necesariamente, posto que o engadiu na conversa de José Manuel Maza que creei o onte. Pero a ver se el pode dar algunha pista. --AMPERIO (conversa) 20 de novembro de 2017 ás 16:27 (UTC)[responder]
Vale, pois eu esperaría a ver o que comenta el antes de seguir engadindo o modelo (ver conversa de Banjo). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de novembro de 2017 ás 18:40 (UTC)[responder]
@Elisardojm: paréceme ben. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 20 de novembro de 2017 ás 18:45 (UTC)[responder]
Ola. Isto ven a raíz dun comentario de Viascos... O tal modelo pariuno o ano pasado Yuri Astrakhan e xa se emprega en corenta proxectos. Para algúns usuarios pode ser unha información interesante saber se tal artigo ou tal outro se lee ou non. Cada un terá os seus propios intereses e empregará o modelo ou non. A min, por exemplo, en principio, pareceume interesante incluílo nas conversas dos artigos destacados, sobre Galicia, bos, de calidade, de finados este ano e dalgunhas políticas, así como noutros non incluídos en ningunha desas categorías, precisamente para poder facer comparacións entre uns e outros, e ver, por exemplo, como afecta a actualidade as visitas, e cando digo actualidade refírome tanto á actualidade fóra do proxecto (nos mass media) como á actualidade dentro do proxecto (propostas, votacións etc). --. HombreDHojalata.conversa 20 de novembro de 2017 ás 18:49 (UTC)[responder]
Vale, HombreDHojalata, máis ou menos era o que pensaba polas túas edicións. Por min pode engadirse se hai un criterio, pero engadir por engadir non me parece correcto. Quizais o que habería que facer era comentar o tema na taberna e logo indicar as pautas de inclusión na súa documentación. Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de novembro de 2017 ás 13:33 (UTC)[responder]

RE: Reino de Hungría (1920-1946)‎[editar a fonte]

Moi boas AMPERIO! Grazas pola revisión, aínda non puiden ver os cambios que fixeches, en canto teña algo de tempo revisarei. O traballo non hai moito mérito, só traducín o artigo en castelán, pareceume interesante e traducino. Tamén traducín estes días o da insurrección nacional eslovaca, que teño co marcador "en uso" porque teño que darlle unha pasada á ortografía porque sempre se me quedan cousas na tradución, pero se te animas podes revisalo sen problema, teño moitas frontes abertas e viríame ben que se me alixeirara traballo jajaja, traducino do homónimo en castelán, que fixo o mesmo usuario que o do Reino de Hungría e que fai uns artigos de historia espectaculares. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 22 de novembro de 2017 ás 13:04 (UTC)[responder]

Acción Socialista[editar a fonte]

Grazas polo aviso. Non, foi un erro porque collín a estrutura do artigo de Acción Coruñesa. Grazas, e saúdos. --Xas (conversa) 27 de novembro de 2017 ás 19:00 (UTC)[responder]

Portal Irlanda[editar a fonte]

Boas Amperio. Supoño que non te lembras, pero fuches ti quen cambiou o mapa que ilustra o portal (véxase esta mensaxe na miña páxina de conversa). Eu din a miña aprobación para que a icona fose semellante á do resto de portais de países, pero iso non significa que o portal só faga referencia á República de Irlanda. A primeira imaxe que usei foi Ficheiro:Provinces of Ireland.svg, porque inclúe as catro provincias históricas da illa. De feito, no portal hai imaxes e artigos destacadas tanto de Irlanda do Norte como da República. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 30 de novembro de 2017 ás 00:10 (UTC)[responder]

Está ben. Adiante con Ireland stub3.svg. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 2 de decembro de 2017 ás 14:48 (UTC)[responder]

RE:Dúbida[editar a fonte]

A primeira versión do artigo comezaba: "A medalla de Galicia é unha distinción de honra que concede a Xunta de Galicia a personas ou institucións polos seus méritos ao servizo de Galiza". Entón, segundo as políticas, o habería que facer sería unificar todo o que se poida a Galiza (por exemplo Xunta de Galicia non se pode cambiar porque ese é o nome da institución, igualmente nos casos nos que apareza noutros nomes). Pero tamén podes comentalo na conversa do artigo a ver o que opina a xente. Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de decembro de 2017 ás 09:23 (UTC)[responder]

Wikirreto 2017 - Novembro[editar a fonte]

Parabéns! Gañaches o Trofeo de Ouro do mes de novembro do Wikirreto 2017. --Chairego apc (conversa) 2 de decembro de 2017 ás 15:39 (UTC)[responder]

Wikirreto 2017 Novembro (Trofeo de Ouro)

Cat-a-lot[editar a fonte]

Ola, Amperio! Como vai?

Como lle expliquei hai uns meses a Chairego, existe o trebello Cat-a-lot, que serve para mudar categorizacións de forma masiva. Como me explicou Banjo, podes activalo engadindo o seguinte código en meta:User:AMPERIO/global.js:

//catALot///////////////////////////////////////
mw.loader.using(['jquery.ui.resizable', 'mediawiki.util'], function(){
	mw.loader.load('//commons.wikimedia.org/w/load.php?modules=ext.gadget.Cat-a-lot');
});
////////// Cat-A-Lot user preferences //////////
window.catALotPrefs = {"watchlist":"preferences","minor":true,"editpages":true,"docleanup":false,"subcatcount":10};
////////////////////////////////////catALotEnd//

Unha vez que estea activo, cando esteas nunha categoría hache aparecer abaixo á dereita unha pestaniña que pon "Cat-a-lot", e podes mover os artigos que queiras desa categoría a outra. En fin, quizais che sexa de utilidade.

Unha aperta! --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de decembro de 2017 ás 18:47 (UTC)[responder]

RE:Ficha de nobre[editar a fonte]

Si, non creo que haxa problema en que se collan os datos xerais en Wikidata. Cando teña un momento xa o miro, agora estou no medio da revisión do artigo de Linneo, cando a remate póñome con iso. Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de decembro de 2017 ás 19:35 (UTC)[responder]