José Manuel Maza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Manuel Maza
El Fiscal General del Estado, en Segovia, “Me tengo que morder la lengua” 01.jpg
Nome completoJosé Manuel Maza Martín
Nacemento23 de outubro de 1951
 Madrid, España España
Falecemento18 de novembro de 2017 23 de outubro de 1951 (67 anos)
 Buenos Aires, Flag of Argentina.svg Arxentina
Causasepse
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
OcupaciónFiscal Xeral do Estado
ProfesiónMaxistrado e criminólogo
editar datos en Wikidata ]

José Manuel Maza Martín, nado en Madrid o 23 de outubro de 1951 e finado en Buenos Aires o 18 de novembro de 2017, foi un maxistrado, criminólogo e escritor español. Foi Fiscal Xeral do Estado desde 2016 até a súa morte.[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Dereito e en Historia pola Universidade Complutense de Madrid. Tamén obtivo un diploma en Criminoloxía pola mesma institución. Ingresou na Carreira Xudicial en 1975 e na Fiscal en 1978, onde foi o primeiro da súa promoción. Exerceu uns anos como avogado e como letrado da Rede Nacional de Ferrocarrís.[2] Estaba divorciado e tiña un fillo.[3] O 17 de novembro de 2017 foi ingresado nun hospital de Buenos Aires por unhas dores. Morreu ao día seguinte.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na década dos 90 foi portavoz da asociación conservadora de xuíces e maxistrados Unión Xudicial Independente (UJI). Durante eses anos pasou a ser xuíz decano de distrito en Madrid tras ocupar a titularidade nos xulgados de Alcorcón, Valencia e Cangas do Morrazo (Pontevedra). Máis tarde foi presidente da sección primeira na Audiencia Provincial de Madrid e en 2002 foi nomeado maxistrado da Sala Segunda do Tribunal Supremo ("Sala Penal"), en substitución de Adolfo Prego, que foi nomeado vogal do CGPX.

Foi autor do Manual de Psiquiatría Legal e Forense, Circunstancias que exclúen ou modifican a Responsabilidade criminal e Casación Penal Práctica, así como doutras publicacións relacionadas co Dereito Penal e os vínculos entre o Dereito e a Medicina.

Dentro da súa labor no Supremo, defendeu a inhabilitación do xuíz Baltasar Garzón por abrir unha causa que investigase os crimes do franquismo. En 2007 pronunciouse en contra da Doutrina Botín que permitiu arquivar o caso en contra do ex-presidente do Banco Santander, o defunto Emilio Botín. Tamén votou en contra de deixar en liberdade ao preso de ETA Ignacio Pujana, pola anulación da Doutrina Parot.

En abril de 2016, foi o relator da decisión de arquivar a querela de Manos Limpias contra os líderes do partido Podemos, Pablo Iglesias e Íñigo Errejón, por financiamento ilegal con fontes procedentes de Irán.

Foi o primeiro en desenvolver nunha sentenza a responsabilidade penal das persoas xurídicas, en aplicación da recente reforma do Código Penal de España.

Desde o 25 de novembro de 2016, por decisión do Consello de Ministros, foi Fiscal Xeral do Estado.[5]

Jose Manuel Maza foi reprobado, o 16 de maio do 2017, polo Congreso dos Deputados xunto ao Ministro de Xustiza Rafael Catalá Polo e Manuel Moix, este último presentou a súa renuncia como fiscal xefe Anticorrupción o 1 de xuño de 2017 tras revelarse a súa sociedade en Panamá.[6][7]

En setembro de 2017, José Manuel Maza, manifestou a posibilidade de deter ao presidente da Generalitat de Cataluña, Carles Puigdemont, por malversación de fondos públicos.[8]

Notas[editar | editar a fonte]