Lista de asteroides notables

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vesta é o asteroide máis brillante e o segundo máis masivo. Hai uns mil millóns de anos sufriu un impacto que penetrou a súa codia.[1]

A seguinte lista é unha colección de listas de asteroides notables do Sistema Solar. A efectos deste artigo 'asteroide' significa corpo menor que non traspasa (cara fora) a órbita de Xúpiter, esta lista inclúe o planeta anano Ceres.

Nota: cada asteroide ten un único número de identificación secuencial despois de que a súa órbita fose determinada con precisión. Antes diso, os asteroides eran coñecidos só polo seu nome sistemático ou designación provisional, coma por ex. "1950 DA".

Os máis grandes por diámetro[editar | editar a fonte]

Estima-los tamaños dos asteroides a partir das observacións é difícil debido ás súas formas irregulares, albedos que varían (refractividade), e pequenos diámetros angulares. Por exemplo os asteroides tipo-C puros son moito máis escuros cá maioría. Os asteroides con só un ou dous eixes medidos poden ter un diámetro falsamente inflado na súa media xeométrica, se segundo e/ou terceiro eixo descoñecido e é visibelmente menor có eixo primario. O asteroide 16 Psyche ten un diámetro no IRAS de 253 km, pero a súa recente e precisa media xeométrica é de só 186 km.

Nome Diámetro (km)
(media xeométrica)
Dimensións (km) Distancia media
ó Sol (en UA)
Data do Descubrimento Descubridor Clase
0011 Ceres 952 975×975×909 2,766 01-01-1801 Piazzi, G. G
0022 Pallas 544 582×556×500 2,773 28-03-1802 Olbers, H. W. B
0044 Vesta 525 573×557×446 2,362 29-03-1807 Olbers, H. W. V
01010 Hygiea 431 530×407×370 3,139 12-04-1849 de Gasparis, A. C
704704 Interamnia 326 350×304 3,062 02-10-1910 Cerulli, V. F
05252 Europa 315 380×330×250 3,095 04-02-1858 Goldschmidt, H. C
511511 Davida 289 357×294×231 3,168 30-05-1903 Dugan, R. S. C
08787 Sylvia 286 385×265×230 3,485 16-05-1866 Pogson, N. R. X
06565 Cybele 273 302×290×232 3,439 08-03-1861 Tempel, E. W. C
01515 Eunomia 268 357×255×212 2,643 29-07-1851 de Gasparis, A. S
0033 Juno 258 320×267×200 2,672 01-09-1804 Harding, K. L. S
03131 Euphrosyne 256 3,149 01-09-1854 Ferguson, J. C
624624 Hektor 241 370×195(×195) 5,235 10-02-1907 Kopff, A. D
08888 Thisbe 232 221×201×168 2,769 15-06-1866 Peters, C. H. F. B
324324 Bamberga 229 2,684 25-02-1892 Palisa, J. C
451451 Patientia 225 3,059 04-12-1899 Charlois, A.
532532 Herculina 222 2,772 20-04-1904 Wolf, M. S
04848 Doris 222 278×142 3,108 19-09-1857 Goldschmidt, H. C
375375 Ursula 216 3,126 18-09-1893 Charlois, A.
107107 Camilla 215 285×205×170 3,476 17-11-1868 Pogson, N. R. C
04545 Eugenia 213 305×220×145 2,720 27-06-1857 Goldschmidt, H. F
0077 Iris 213 240×200×200 2,386 13-08-1847 Hind, J. R. S
02929 Amphitrite 212 233×212×193 2,554 01-03-1854 Marth, A. S
423423 Diotima 209 171×138 3,065 07-12-1896 Charlois, A. C
01919 Fortuna 208 225×205×195 2,442 22-08-1852 Hind, J. R. G
01313 Egeria 206 217×196 2,576 02-11-1850 de Gasparis, A. G
02424 Themis 198 3,136 1853 de Gasparis, A. C
09494 Aurora 197 225×173 3,160 06-09-1867 Watson, J. C. C
702702 Alauda 195 3,195 16-07-1910 Helffrich, J.
121121 Hermione 190 268×186×183 3,457 12-05-1872 Watson, J. C. C
372372 Palma 189 3,149 19-08-1893 Charlois, A.
128128 Nemesis 188 2,751 25-11-1872 Watson, J. C. C
0066 Hebe 186 205x185x170 2,426 01-07-1847 Hencke, K. L. S
01616 Psyche 186 240×185×145 2,924 17-03-1852 de Gasparis, A. M
120120 Lachesis 174 3,301 10-04-1872 Borrelly, A. C
04141 Daphne 174 213x160 3,517 22-05-1856 Goldschmidt, H. C
0099 Metis 174 222x182x130 2,385 25-04-1848 Graham, A. S

O número de corpos crece rapidamente a medida que o tamaño diminúe. Baseándonos nos datos do IRAS, existen preto de 140 asteroides do cinto de asteroides cun diámetro superior ós 120 km.[2] Para unha lista máis completa, vexa Lista dos obxectos do Sistema Solar por tamaño.

O cinto de asteroides interior (definida como a rexión interior dentro do oco de Kirkwood de resonancia orbital 3:1 a 2,50 UA) ten algúns grandes asteroides. Destes na lista anterior, só orbitan alí 4 Vesta, 19 Fortuna e 7 Iris.

Os máis masivos[editar | editar a fonte]

Abaixo están os dezaoito asteroides máis masivos.[3] As masas dos asteroides son calculadas a partir das perturbacións causadas por Marte e outros asteroides. Diferentes conxuntos de observacións astrométricas poden levar a diferentes valores de masa, o maior problema é contabiliza-las perturbacións engadidas a causa da suma de tódolos asteroides menores.[4]

As masas dos doce asteroides máis masivos,[3] en comparación co resto da masa do cinto de asteroides.[5]
     1 Ceres     4 Vesta     2 Pallas     10 Hygiea     31 Euphrosyne     704 Interamnia 
Nome Masa
(x 1018 kg)
Precisión
1 Ceres 946 0,15% (945–947)
4 Vesta 259,076 0,0004% (259,075–259,077)
2 Pallas 201 6,4% (188–214)
10 Hygiea 86,7 1,7% (85,2–88,4)
31 Euphrosyne 58,1 34% (38,4–77,8)
704 Interamnia 38,8 4,6% (37,0–40,6)
511 Davida 37,7 5,2% (35,7–39,7)
532 Herculina 33 17% (27–39)
15 Eunomia 31,8 0,9% (31,5–32,1)
3 Juno 28,6 16% (24,0–33,2)
16 Psyche 22,7 3,7% (21,9–23,5)
52 Europa 22,7 7% (21,1–24,3)
88 Thisbe 18,3 6% (17,2–19,4)
7 Iris 16,2 5,6% (15,3–17,1)
13 Egeria 16 27% (12–20)
423 Diotima 16 Unknown
29 Amphitrite 15,2 4% (14,8–15,6)
87 Sylvia 14,78 0,4% (14,72–14,84)
48 Doris 12 50% (6–18)

(Tódolos datos de arriba foron extraídos de 'Baer e o seu equipo' 2011, excepto os de 48 Doris e 532 Herculina, o cales son de Kochetova, 2004.)

Quedan aínda importantes incertezas. Por exemplo, a incerteza na estimación de 31 Euphrosyne é suficiente para que o seu límite inferior superase tanto a 704 Interamnia coma a 511 Davida, os cales se poderían superar entre si, tamén pasa o mesmo con 532 Herculina, que se superpón a 15 Eunomia e 3 Juno. Juno supera ou é igual que 52 Europa, que á súa vez se superpón con 16 Psyche. E dicir, excepto os catro primeiros, o fin e o cabo, tódalas masas dos asteroides teñen un rango de incerteza. Con todo, ningún dos asteroides menores, dos cales o máis masivo pénsase que é 88 Tisbe (en 17-19 x 1018 kg), 7 Vella, 29 Anfitrite e 48 Doris (todos na franxa de ≈ 15 x 1018 kg), poderían superar a Europa ou Psique, de xeito que os primeiros 12 asteroides no gráfico anterior son seguramente os doce asteroides máis masivos, a non ser que novas observacións revelen medicións de masa totalmente inesperadas.

O maior asteroide cunha masa medida con maior precisión é 4 Vesta, con 259,076 ± 0,001 x 1018 kg, debido ao feito de que foi visitado pola sonda Dawn. O segundo maior asteroide cunha masa medida con maior precisión, debido ó feito de que ten unha lúa, é 87 Sylvia, con 14,78 ± 0,06 x 1018 kg.

Se quere ver unha lista máis completa, vexa a Lista dos obxectos do Sistema Solar por tamaño. Outros grandes asteroides coma 423 Diotima actualmente só teñen unha masa estimada.[6][7]

Os máis brillantes visto dende a Terra[editar | editar a fonte]

Só Vesta alcanza regularmente un brillo suficiente forte para ser visible a simple vista. Os seguintes asteroides poden chegar a unha magnitude aparente máis brillante ou igual ás 8,3 magnitudes que acada a lúa de Saturno, Titán, a cal foi descuberta 145 anos antes que o primeiro asteroide que se atopou, debido á súa proximidade co Saturno, foi facilmente observada.

Ningún dos asteroides da parte exterior do cinto de asteroides pode acadar ese brillo. Aínda Hygiea e Interamnia chegan ás veces a magnitudes por riba de 10,0. Isto é debido á diferente distribución dos tipos espectrais dentro das diferentes seccións do cinto de asteroides, tal que os asteroides de maior albedo están todos concentrados máis preto de Marte, e os asteroides de menor albedo do tipo C e do tipo D son moi comúns na parte máis externa do cinto de asteroides.

Eses asteroides (do tipo C e D) adoitan ter excentricidades moi altas e só acadan a súa magnitude máxima en contadas ocasións, cando os seus perihelios están moi preto dunha conxunción heliocéntrica coa Terra, ou (no caso de 99942 Apophis), cando o asteroide pasa preto da Terra.

Asteroide Magnitude
cando é máis
brillante
Distancia media
respecto do Sol
(en UA)
Excentricidade
orbital
Diámetro
(km)
Ano do
descubrimento
99942 Apophis 3,4* 0,922 0,191 0,32 2004
4 Vesta 5,20 2,361 0,089172 529 1807
2 Pallas 6,49 2,773 0,230725 544 1802
1 Ceres 6,65 2,766 0,079905 952 1801
7 Iris 6,73 2,385 0,231422 200 1847
433 Eros 6,8 1,458 0,222725 34 × 11 × 11 1898
6 Hebe 7,5 2,425 0,201726 186 1847
3 Juno 7,5 2,668 0,258194 233 1804
18 Melpomene 7,5 2,296 0,218708 141 1852
15 Eunomia 7,9 2,643 0,187181 268 1851
8 Flora 7,9 2,202 0,156207 128 1847
324 Bamberga 8,0 2,682 0,338252 229 1892
1036 Ganymed 8,1 2,6657 0,533710 32 1924
9 Metis 8,1 2,387 0,121441 190 1848
192 Nausikaa 8,2 2,404 0,246216 103 1879
20 Massalia 8,3 2,409 0,142880 145 1852

* Apophis só acadará o seu máximo brillo o 13 de abril do 2029.[8][9] A súa magnitude aparente típica acostuma andar ó redor de 20–22.

Retrógrados e moi inclinados[editar | editar a fonte]

Están listados corpos menores con inclinacións orbitais superiores a 9° e menores que 180º cunha órbita con dirección retrógrada. En febreiro do 2011, dos máis 540.000 planetas menores coñecidos, só había 36 planetas menores retrógrados. En xullo de 2013, o número aumentou ata ós 50 obxectos.[10] En comparación, hai máis de 1.850 cometas con órbitas retrógradas. Isto fai dos planetas menores retrógrados o grupo máis raro de todos. Asteroides de alta inclinación son asteroides que cruzan a órbita de Marte (posibelmente en vías de ser expulsados do Sistema Solar) ou damocloides. Algúns deles están temporalmente capturados nunha resonancia retrógrada cos xigantes gasosos.[11]

Retrógrados
Nome Inclinación Data do descubrimento Comentario
1999 LE31 151,867° 12-06-1999 Un damocloide, que cruza as órbitas de Saturno e Xúpiter.[12]
2000 DG8 129,381° 25-02-2000 Un damocloide e obxecto do disco disperso. Cruza tódalas órbitas dos planetas exteriores agás Neptuno. Achegouse a menos de 0,03 Ua de Ceres no ano 1930.[13]
2002 CE10 145,453° 06-02-2002 Clasificado máis tarde coma o cometa P/2002 CE10 (LINEAR 34).
(65407) 2002 RP120 119,112° 04-09-2002 Cruza a través dos planetas exteriores, polo tanto é un damocloide e ademais un obxecto do disco disperso.
2004 NN8 165,377° 13-07-2004 Achegouse a menos de 0,80 UA de Saturno, o 05-06-2007
2005 NP82 130,595° 06-07-2005
2005 SB223 91,419° 30-09-2005 Ten unha órbita ben determinada cuns datos extraídos dun arco de 244 días (Parámetro de incerteza=1)
2005 VX3 112,471° 01-11-2005 Eixo semi-maior de 837 UA, pero ten un rango (arco) de observación de só 81 días, moi pouco rango para unha órbita tan longa
2006 BZ8 165,272° 23-01-2006  
2006 EX52 150,260° 05-03-2006 q=2,58 UA e un período=274 anos
2006 GZ2 168,331° 07-04-2006 Máis tarde reclasificado coma o cometa C/2006 GZ2 (Spacewatch).
2006 LM1 172,137° 03-06-2006 Ten só datos nun arco de 2 días (Parámetro de incerteza=E), pero ten unha gran inclinación
2006 RG1 133,315° 01-09-2006 Os datos da órbita son dun arco de 25 días (Parámetro de incerteza=4)
2007 VA85 131,768° 04-11-2007 Obxecto próximo á Terra que fai achegamentos tanto á Terra coma a Xúpiter.[14]
2009 HC82 154,649° 29-04-2009 Obxecto próximo á Terra e o que ten unha maior velocidade relativa respecto da Terra (282.900 km/hr) entre os obxectos que están a menos de 0,5 UA da Terra.
2010 BK118 143.926° 30-01-2010 Eixo semi-maior de 408 UA cun perihelio de 6,1 UA, o cal acadou en abril do 2012 (rango das observacións=1 ano)
2010 NV1 140,777° 02-07-2010 Cun perihelio a 9,4 UA, só 2008 KV42 ten un perihelio máis longo (rango das observacións=154 días)
Gran inclinación
Nome Inclinación Data do descubrimento Comentario
1373 Cincinnati 38,949° 08-08-1935 O primeiro asteroide do cinto de asteroides descuberto cunha inclinación superior á de 2 Pallas.
(88043) 2000 UE110 51,998° 29-10-2000 O primeiro asteroide do cinto de asteroides descuberto cunha inclinación superior ós 50°.
(5496) 1973 NA 67,999° 04-07-1973 A súa órbita cruza Marte e é un obxecto próximo á Terra.
2001 AU43 72,132° 04-01-2001 A súa órbita cruza Marte e é un obxecto próximo á Terra.
(127546) 2002 XU93 77,904° 04-12-2002 É un damocloide e é un obxecto do disco disperso. Acada a parte exterior da órbita de Urano.
2003 EH1 70,790° 06-03-2003 A súa órbita cruza Marte e é un obxecto próximo á Terra. Acada a parte interior da órbita de Xúpiter.
2004 LG 70,725° 09-06-2004 A súa órbita cruza Marte e Mercurio, e é un obxecto próximo á Terra.
2010 OA101 84,426° 17-07-2010 Un asteroide da parte externa do cinto de asteroides cun semi-eixo maior de 4,5 UA e unha inclinación de 84°. (rango das observacións=54 días)

Asteroides de referencia[editar | editar a fonte]

Nome Diámetro (km) Descubrimento Comentario
5 Astraea 117 08-12-1845 O primeiro asteroide en ser descuberto despois do descubrimento dos catro orixinais (38 anos máis tarde).
87 Sylvia 261 16-05-1866 O primeiro asteroide do que se tivo a certeza de que tiña máis dunha lúa (confirmado no ano 2005).
90 Antiope 80×80 01-10-1866 Asteroide dobre onde a súas compoñentes son case do mesmo tamaño; a súa natureza dual foi descuberta usando a óptica adaptativa no ano 2000.
92 Undina 126 07-07-1867 Creado por mor dunha das maiores colisións entre asteroides ocorrida nos últimos 100 millóns de anos.
216 Kleopatra 217×94 10-04-1880 Asteroide metálico con forma de oso e que posúe 2 satélites.
243 Ida 56×24×21 29-09-1884 O primeiro asteroide ó que se lle confirmou a posesión dunha lúa (confirmado no ano 1993).
243 Ida I Dactyl 1,4 17-02-1994 A lúa de 243 Ida, a primeira lúa dunha asteroide en ser confirmada.
279 Thule 127 25-10-1888 Orbita na parte máis externa do cinto de asteroides nunha resonancia orbital de 3:4 con Xúpiter.
288 Glauke 32 20-02-1890 Un período excepcionalmente lento do redor de 1.200 horas (2 meses).
323 Brucia 36 22-12-1891 O primeiro asteroide en ser descuberto principalmente grazas á astrofotografía.
433 Eros 13×13×33 13-08-1898 O primeiro asteroide próximo á Terra en ser descuberto e o segundo asteroide dese tipo por tamaño; tamén foi o primeiro asteroide descuberto grazas ó radar.
490 Veritas 115 03-09-1902 Creado nunha das maiores colisións entre asteroides ocorrida nos últimos 100 millóns de anos
624 Hektor 370×195 10-02-1907 O asteroide troiano de Xúpiter máis grande descuberto ata o presente.
719 Albert 2,4 03-10-1911 O último asteroide numerado en ser perdido e en ser recuperado.
1125 China   30-10-1957 O primeiro asteroide en ser descuberto por unha institución.
1566 Icarus 1,4 27-06-1949 Asteroide do tipo Apolo; o seu perihelio está máis preto do Sol có de Mercurio
1902 Shaposhnikov 97 18-04-1972 O descubrimento máis recente dun asteroide do cinto de asteroides que teñan máis de ~100 km de diámetro.
2063 Bacchus 1,1×1,1×2,6 24-04-1977
3200 Phaethon 5 11-10-1983 O primeiro asteroide descuberto dende o espazo; fonte da chuvia de meteoritos das Xemínidas.
3753 Cruithne 5 10-10-1986 Inusual asociación orbital coa Terra.
4179 Toutatis 4,5×2,4×1,9 04-01-1989 O seu achegamento máis próximo á Terra foi o 29-09-2004.
4769 Castalia 1,8×0,8 09-08-1989 Primeiro asteroide en ser captado por radar co suficiente detalle coma para sacar un modelo 3D do mesmo.[15]
5261 Eureka ~2–4 20-06-1990 Primeiro asteroide troiano de Marte en ser descuberto.
11885 Summanus   25-09-1990 Primeiro descubrimento automático dun obxecto próximo á Terra (NEO).
(29075) 1950 DA 1,1 February 23, 1950 O seu achegamento á Terra que terá lugar o 2880 e será moi pechado, con posibilidade incluso de colisión.
99942 Apophis 0,3 19-06-2004 Primeiro asteroide en recibir un grao de máis de 1 na escala de Turín (recibiu o rango de 2 , máis tarde o de 4, e actualmente ten 0). Antigamente era mellor coñecido pola súa designación provisional de 2004 MN4.
1997 XR2 0,23 04-12-1997 O primeiro asteroide cun rango maior de 0 na escala de Torino (tiña un rango de 1; o seu rango actual é de cero)
1998 KY26 0,030 02-06-1998 Achegase a menos de 800.000 km da Terra
2002 AA29 0,1 09-01-2002 Inusual asociación orbital coa Terra
2004 FH 0,030 15-03-2004 Descuberto, antes do seu achegamento a menos de 43.000 km da Terra, o 18-03-2004.
2008 HJ 0,024x0,012 24-04-2008 O asteroide coa rotación máis rápida: 42,7 segundos
2008 TC3 ~0,003 06-10-2008 Primeiro impactador coa Terra en ser descuberto antes do impacto (07-10-2008)
2010 TK7 ~0,3 Outubro do 2010 Primeiro asteroide troiano da Terra en ser descuberto

Asteroides visitados por sondas espaciais ou que son obxectivos de futuras misións[editar | editar a fonte]

Asteroides visitados[editar | editar a fonte]

A táboa seguinte lista os asteroides que foron visitados por sondas espaciais.

Nome Diámetro
(km)
Descubrimento Sonda espacial Ano(s) Maior
Aproximación
(km)
Notas
4 Vesta 529 29-03-1807 Dawn 2011–2012 approx. 200 Saíu da súa órbita o 5 de setembro do 2012 e estase dirixindo a Ceres, e ten prevista a súa chegada en febreiro do 2015.
21 Lutetia 120×100×80 15-11-1852 Rosetta 2010 3.162 Sobrevoo
243 Ida 56×24×21 29-09-1884]] Galileo 1993 2.390 Sobrevoo; descubrimento de Dactyl.
253 Mathilde 66×48×46 12-11-1885 NEAR Shoemaker 1997 1.212 Sobrevoo.
433 Eros 13×13×33 13-08-1898 NEAR Shoemaker 1998 3.827 Sobrevoo.
433 Eros 13×13×33 13-08-1898 NEAR Shoemaker 2000 35 Orbitado; primeiro asteroide en ser estudado dende a súa órbita.
433 Eros 13×13×33 13-08-1898 NEAR Shoemaker 2001 0 Aterraxe.
951 Gaspra 18,2×10,5×8,9 30-07-1916 Galileo 1991 1.600 Sobrevoo; primeiro asteroide en ser visitado por unha sonda espacial.
2685 Masursky 15-20 03-05-1981 Cassini 2000 1 600 000}} Sobrevoo a distancia.
2867 Šteins 4,6 04-11-1969 Rosetta 2008 800 Sobrevoo.
Anne frank 4,0 23-03-1942 Stardust 2002 3.079 Sobrevoo.
9969 Braille 2,2×0,6 27-05-1992 Deep Space 1 1999 26 Sobrevoo; seguido dun sobrevoo do Cometa Borrelly.
25143 Itokawa ~1 26-09-1998 Hayabusa 2005 0 Aterraxe; retornou á Terra con mostras.
132524 APL ~2,5 09-05-2002 New Horizons 2006 101.867 Sobrevoo a distancia.
4179 Toutatis 4,5×~2 10-02-1934 Chang'e 2 2012 3,2 Sobrevoo.[16]

Asteroides que son obxectivos de futuras misións espaciais[editar | editar a fonte]

A seguinte táboa lista os asteroides que están previsto que sexan visitados por sondas espaciais. Os planetas ananos tamén están incluídos.

Nome Diámetro
(km)
Descubrimento Sonda espacial Pais Ano(s) Notas
Ceres 959×933 01-01-1801 Dawn USA 2015 Nun futuro; será orbitado (planeta anano).
Plutón 2344 18-02-1930 New Horizons USA 2015 Sobrevoo - xullo do 2015 (planeta anano).
101955 Bennu ~0,5 11-09-1999 OSIRIS-REx USA 2020 Futura aterraxe planeada.
65803 Didymos ~1 (+,15) 11-04-1996 AIDA UE N/A Proposta.
(162173) 1999 JU3 ~1 10-05-1999 Hayabusa 2 Xapón N/A Proposta.

Asteroides que foron numerados e que son tamén cometas[editar | editar a fonte]

Nome Nome do cometa Comentario
4015 Wilson–Harrington 107P/Wilson–Harrington En 1992, chegouse á conclusión de que a órbita do asteroide 1979 VA coincidía coas posicións do cometa perdido Wilson-Harrington (1949 III).
7968 Elst–Pizarro 133P/Elst–Pizarro Descuberto no ano 1996 coma un cometa, pero orbitalmente coincidía co asteroide 1979 OW7.
118401 LINEAR 176P/LINEAR (LINEAR 52) Cometa-asteroide do cinto de asteroide ó que se lle descubriu a súa coma o 26 de novembro do 2005.

Nota: hai moi poucos outros casos nos que un asteroide non numerado, con só unha designación sistemática (coma 2001 OG108), se convertese nun cometa (neste caso C/2001 OG108 (LONEOS)). A táboa anterior lista só asteroides numerados que tamén son cometas.

Corpos menores que foron rebautizados[editar | editar a fonte]

En tempos antigos, antes de que as modernas regras de numeración e nomenclatura estivesen en vigor, os asteroides recibiron ás veces números e nomes antes de que ás súas órbitas fosen coñecidas con precisión. E nalgúns casos o mesmo obxecto recibiu dous nomes (co uso moderno de ordenadores para calcular e comparar órbitas coas vellas posicións rexistradas, este tipo de erro xa non ocorre máis). Iso levou a algúns casos nos que os asteroides tiveron que ser renomeados.[17]

330 Adalberta Un obxecto descuberto 18 de marzo do 1892 por Max Wolf coa designación provisional "1892 X" foi nomeado coma 330 Adalberta, pero perdeuse e nunca foi recuperado. En 1982, determinouse que as observacións que levaron á designación de 1892 X eran estrelas, e que o obxecto nunca existiu. O nome e o número 330 Adalberta foi, entón, reutilizado noutro asteroide descuberto por Max Wolf o 2 de febreiro de 1910, o cal tiña a designación provisional de A910 CB .
525 Adelaide O obxecto A904 EB foi descuberto o 14 de marzo de 1904 por Max Wolf, quen lle deu o nome de 525 Adelaide, posteriormente o obxecto perdeuse. Máis tarde, o obxecto 1930 TA descuberto o 3 de outubro de 1930 por Sylvain Arend foi nomeado coma 1171 Rusthawelia. Naqueles días de pre-ordenador, non se comprobou ata 1958 que estes dous obxectos eran o mesmo obxecto. O nome Rusthawelia foi mantido (e descubrimento asignado a Arend); o nome de 525 Adelaide foi reutilizado para o obxecto 1908 Eka descuberto o 21 de outubro de 1908 por Joel Hastings Metcalf.
715 Transvaalia e 933 Susi O obxecto 1911 LX descuberto o 22 de abril de 1911 por H. E. Wood foi nomeado coma 715 Transvaalia. O 23 de abril de 1920, o obxecto 1920 GZ foi descuberto e nomeado coma 933 Susi. En 1928, comprendeuse que estes dous obxectos eran un só obxecto. O nome Transvaalia foi mantido e o nome e número 933 Susi foi reutilizado para o obxecto 1927 CH descuberto o 10 de febreiro de 1927 por Karl Reinmuth.
864 Aase e 1078 Mentha O obxecto CB A917 descuberto o 13 de febreiro de 1917 por Max Wolf foi nomeado coma 864 Aase, e o obxecto 1926 XB descuberto o 7 de decembro de 1926 por Karl Reinmuth foi nomeado coma 1078 Mentha. En 1958, descubriuse que eran o mesmo obxecto. En 1974, este contratempo foi resolto, manténdose o nome de 1078 Mentha e reutilizando o nome e o número 864 Aase para o obxecto 1921 KE, descuberto o 30 de setembro de 1921 por Karl Reinmuth.
1095 Tulipa e 1449 Virtanen O obxecto 1928 DC descuberto o 24 de febreiro de 1928 por Karl Reinmuth foi nomeado coma 1095 Tulipa, e o obxecto 1938 DO descuberto o 20 de febreiro de 1938 por Yrjö Väisälä foi nomeado coma 1449 Virtanen. En 1966, descubriuse que eran o mesmo obxecto. O nome 1449 Virtanen foi mantido e o nome e o número 1095 Tulipa foi reutilizado para o obxecto 1926 GS descuberto o 14 de abril de 1926 por Karl Reinmuth.
1125 China e 3789 Zhongguo O obxecto 1928 UF descuberto o 25 de outubro de 1928 por Zhang Yuzhe (YC Change) foi chamado 1125 China, e posteriormente foi perdido. Máis tarde, o obxecto 1957 ONU 1 que foi descuberto o 30 de outubro de 1957 no Observatorio Purple Mountain e inicialmente creuse incorrectamente que era o redescubrimento do obxecto 1928 UF. O nome e o número 1125 China foron, entón, reutilizada para o obxecto 1957 ONU1, e 1928 UF permaneceu perdido. En 1986, o obxecto 1986 QK1 foi descuberto e probado que era ao verdadeiro redescubrimento de 1928 UF. Este obxecto recibiu un novo número e nome, 3789 Zhongguo. Nota: Zhongguo é a palabra en chino mandarín para "China", en transliteración pinyin.
Asteroide 1317 O obxecto 1914 UQ descuberto o 20 de abril de 1914 por G. N Neujmin foi bautizado coma 787 Moskva (e conserva ese nome ata hoxe). O obxecto 1934 FD descuberto o 19 de marzo de 1934 por C. Jackson recibiu o número de secuencia de 1317. En 1938, GN Neujmin descubriu que o Asteroide 1317 e 787 Moskva eran o mesmo obxecto. O número de secuencia 1317 foi posteriormente reutilizado para o obxecto 1935 RC descuberto o 01 de setembro de 1935 por Karl Reinmuth; ese obxecto é agora coñecido como 1317 Silvretta.

Calendario coas maiores aproximacións á Terra[editar | editar a fonte]

Esta é unha lista de exemplos nas que un asteroide ou meteoro viaxa preto da Terra. Algúns son considerados coma obxectos potencialmente perigosos, se son estimados para ser grandes abondo coma para ocasionar unha devastación rexional.

A tecnoloxía de detección de obxectos próximos á Terra mellorou moito ó redor de 1998, de xeito que os obxectos que foron detectados a partir de 2004 poderían terse perdido só unha década antes, debido á falta estudos adicados á procura a este tipo de obxectos. A mellora nos métodos para facer estas procuras, fai que sexan descubertos con regularidade asteroides cada vez máis pequenos. Os pequenos asteroides próximos da Terra 2008 TC3 e 2014 AA son os dous únicos asteroides descubertos antes de chocar coa Terra. Os científicos estiman que decenas de asteroides de tamaño de 6 a 12 metros aparecen cada ano nun rango de sobrevoo menor cá distancia entre a Lúa e a Terra, pero só unha fracción deles son detectados.[18]

Unha lista de exemplos de achegamentos coñecidos.[note 1] (véxase tamén NEO Earth Close Approaches (en inglés))

Data do
maior achegamento
Obxecto Distancia nominal
xeocéntrica (km)[note 2]
Tamaño (m)
(approximado)
29-10-2013 2013 UV3 283.000 11 - 25
25-10-2013 2013 UX2 150.000 3,8 - 8,4
15-02-2013 2012 DA14[19][20] 34.100 40×20[21]
12-10-2012 2012 TC4[22] 95.000 17
29-05-2012 2012 KT42 20.800 4–10
28-05-2012 2012 KP24[23][24] 57.300 25
27-01-2012 2012 BX34 65.400 8
03-12-2011 2011 XC2 347.000 100
08-11-2011 2005 YU55 324.900 400
27-06-2011 2011 MD[25][26] 18.700 10
04-02-2011 2011 CQ1[27] 11.900 1
09-10-2008 2008 TS26[28] 12.500 1

A distancia media respecto da Lúa é de aproximadamente 384.400 km[29]

Obxectos que rotan cunha lentitude excepcional[editar | editar a fonte]

Os períodos de rotación foron determinados só para unha pequena cantidade dos asteroides (a partir de curva de luz s ou a través estudos de radar). A maioría dos asteroides teñen períodos de menos de 24 horas de rotación. Hai 14 obxectos sospeitosos de ter un período de rotación maior que 30 días (720 horas). Os asteroides de máis de 150 metros, adoitan ter períodos de rotación de máis de 2 horas.

Nome Rotación
período
(horas)
846 Lipperta 1641
912 Maritima 1332
1235 Schorria 1265
288 Glauke 1200
1220 Crocus 737
253 Mathilde 417,7
1998 QR52 234
3691 Bede 226,8
9969 Braille 226,4
(38071) 1999 GU3 216
(65407) 2002 RP120 200

Véxase tamén: Minor Planet Lightcurve Parameters (en inglés)

Os corpos que rotan máis rápido[editar | editar a fonte]

Os asteroides de menos de 150 metros, normalmente teñen períodos de rotación de menos de 2 horas.

Nome Rotación
período
(segundos)
Diámetro
(m)
2010 JL88 24,5 15
2010 WA 31 3
2008 HJ 42,7 24
2000 DO8 78 30
2003 DW10 ~100 20
2003 EM1 111,6 33

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Unha lista máis completa de asteroides próximos á Terra que é publicada pola Unión Astronómica Internacional: "Near Earth Asteroids (NEAs): A Chronology of Milestones".
  2. Distancia dende o centro da Terra ó centro do obxecto. Vexa o NASA/JPL Solar System Dynamics Glossary: Geocentric. A Terra ten un raio de aproximadamente 6.400 km.
  1. Savage, Don; Jones, Tammy; and Villard, Ray (1995). Hubble Site News Release STScI-1995-20, ed. "Asteroid or Mini-Planet? Hubble Maps the Ancient Surface of Vesta". Consultado o 17-10-2006. 
  2. JPL's Solar System Dynamics Group (ed.). "JPL Small-Body Database Search Engine: asteroids and orbital class (IMB or MBA or OMB) and diameter > 120 (km)". Consultado o 16-04-2012. 
  3. 3,0 3,1 "Recent Asteroid Mass Determinations" Arquivado 21 de outubro de 2013 en Wayback Machine.. Mantido por Jim Baer. Última actualización 12-12-2010. Consultado o 02-09-2011.
  4. Baer, James; Steven R. Chesley (2008). Springer Science+Business Media B.V. 2007, ed. "Astrometric masses of 21 asteroids, and an integrated asteroid ephemeris" (PDF). Celestial Mechanics and Dynamical Astronomy 100 (2008): 27–42. Bibcode:2008CeMDA.100...27B. doi:10.1007/s10569-007-9103-8. Consultado o 11-11-2008. 
  5. Conferencia: Estimations of masses of the largest asteroids and the main asteroid belt from ranging to planets, Mars orbiters and landers, E. V. Pitjeva; Conferencia editada no libro: 35th COSPAR Scientific Assembly. Held 18–25 xullo 2004, en Paris, Franciae; pax. 2014, (2004); bibcode= 2004cosp.meet.2014P
  6. Michalak, G. (2001). "Determination of asteroid masses". Astronomy & Astrophysics 374 (2): 703–711. Bibcode:2001A&A...374..703M. doi:10.1051/0004-6361:20010731. Consultado o 10-11-2008. 
  7. Michalak, G. (2001), foron usadas masas asumidas para os asteroides perturbadores nos cálculos das perturbacións dos asteroides testados.
  8. NEODyS (Near Earth Objects - Dynamic Site) (ed.). "(99942) Apophis Ephemerides for 13 Apr 2029". Consultado o 05-05-2011. 
  9. Minor Planet Center Ephemeris Service - Dynamic Site) (ed.). "(99942) Apophis Ephemerides for 13 Apr 2029". 
  10. "Minor Planet Center". Consultado o 01-07-2013. 
  11. Morais, M.H.M.; F. Namouni. "Asteroids in retrograde resonance with Jupiter and Saturn". Monthly Notices of the Royal Astronomical Society Letters (in press). arXiv:1308.0216. 
  12. 1999 LE31 approaches to Jupiter and Saturn
  13. 2008 DG8 and Ceres in 1930
  14. 2007 VA85 and Jupiter/Earth
  15. NASA, ed. (18-02-1994). "1994 Release #9412". Consultado o 17-04-2008. 
  16. Chang'E 2 images of Toutatis - December 13, 2012 - The Planetary Society
  17. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2004. Consultado o 02 de abril de 2014. 
  18. Responding to Potential Asteroid Redirect Mission Targets
  19. NASA/JPL (ed.). "NEOs Removed from Impact Risk Tables". Near-Earth Object Program Office. Consultado o 17-02-2013. 
  20. "JPL Small-Body Database Browser: (2012 DA14)". 16-02-2013 últimas observacións. Consultado o 17-02-2013. 
  21. Benner, Lance A. M. "2012 DA14 Goldstone Radar Observations Planning". Asteroid Radar Research. JPL/Instituto Tecnolóxico de California. Consultado o 20 February 2013. 
  22. Malik, Tariq (11-10-2012). SPACE.com, ed. "House-Size Asteroid Comes Closer to Earth Than the Moon Friday: Watch Live". Consultado o 10-02-2013. 
  23. "JPL Small-Body Database Browser: (2012 KP24)". 28-05-2012 últimas observacións. Consultado o 16-02-2013. 
  24. Plait, Phil (25-05-2012). Discover, ed. "Small asteroid to buzz Earth on May 28". Consultado o 16-02-2013. 
  25. "JPL Small-Body Database Browser: (2011 MD)". 03-07-2011 últimas observacións. Consultado o 22-02-2013. 
  26. Benner, Lance A. M. JPL/Instituto Tecnolóxico de California, ed. "2011 MD Goldstone Radar Observations Planning". Asteroid Radar Research. Consultado o 22-02-2013. 
  27. Yeomans, Don; Chodas, Paul; (04-02-2011). NASA/JPL, ed. "Very Small Asteroid Makes Close Earth Approach on February 4, 2011". Near-Earth Object Program Office. Consultado o 22-02-2013. 
  28. "JPL Small-Body Database Browser: (2008 TS26)". 09-10-2008 últimas observacións. Consultado o 12-02-2013. 
  29. NASA Staff (10-05-2011). NASA, ed. "Solar System Exploration: Planets: Earth's Moon: Facts & Figures". Arquivado dende o orixinal o 10-02-2014. Consultado o 06-11-2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Dictionary of Minor Planet Names, 5th ed.: Prepared on Behalf of Commission 20 Under the Auspices of the International Astronomical Union, Lutz D. Schmadel, ISBN 3-540-00238-3

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]