Saltar ao contido

Cérbero (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cérbero
Imaxe de Cérbero feita por New Horizons
Descubrimento
Descuberto o 28-06-2011
(verificado o 20-07-2011)
Características orbitais
Raio orbital medio (59 ± 2) x 103 km[1]
Excentricidade ≈ 0[1]
Período orbital 32,1 ± 0,3 días[1]
Satélite de Plutón
Características físicas
Magnitude aparente 26,1 ± 0,3[1]

Cérbero (tamén coñecido coma S/2011 (134340) 1 ou P4)[2] é un pequeno satélite natural de Plutón (134340 é o número asignado a Plutón no Minor Planet Center despois da súa degradación ó status de planeta anano). Foi descuberto o 28 de xuño do 2011 polo programa Pluto Companion Search Team (programa para a procura de compañeiros de Plutón) do Hubble Space Telescope, durante unha tentativa por descubrir algún anel planetario que puidese posuír Plutón.[3] Observación posteriores feitas o 3 e o 18 de xullo do 2011 deron lugar á súa verificación coma unha nova lúa de Plutón.[1][4] Foi recuperado en imaxes arquivadas do Hubble feitas o 15 de febreiro e o 25 de xuño do ano 2010.[1] Cérbero posúe un brillo que é só o 10 % do brillo de Nix, e foi atopado por que o equipo responsable do descubrimento tomou imaxes cunha exposición de 8 minutos; as observacións anteriores fixéranse con tempos de exposición máis curtos.[5]

Imaxe do descubrimento de Cérbero tomada polo Hubble, tamén podemos ve-lo resto das lúas de Plutón coas súas órbitas marcadas (excepto Caronte). Na imaxe, tanto a Plutón coma Caronte, foille reducido moito o seu brillo, para así poder aprecia-lo resto das lúas do sistema.

Características

[editar | editar a fonte]

Cun diámetro estimado de entre 13 e 34 km, Cérbero é a lúa máis pequena de Plutón[6][7] e as actuais observacións suxiren unha órbita circular e ecuatorial cun raio orbital de aproximadamente 59.000 km.[1][5] A lúa orbita entre Nix e Hydra e tarda 32,1 días en facer unha órbita completa ó redor de Plutón.[1][5] Este período está moi próximo a ser unha resonancia orbital de 1:5 con Caronte, cunha discrepancia temporal (aparentemente) de menos dun 0,6%. Determinar se se trata dunha resonancia real, vai requirir de estudos moito máis detallados sobre a súa órbita, e en particular mellora-la taxa de precisión dos datos obtidos.

Coma no caso dos outros satélites de Plutón,[8] sospéitase que Cérbero podería se-lo resultado da fusión dos cascallos dunha gran colisión entre Plutón e outro obxecto do cinto de Kuiper, semellante ó impacto da teoría do Big Splash, na cal se tería formado a nosa Lúa.[3]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Showalter, M. R.; Hamilton, D. P. (20-07-2011). Unión Astronómica Internacional, ed. "New Satellite of (134340) Pluto: S/2011 (134340) 1". Central Bureau for Astronomical Telegrams. Consultado o 20-07-2011. 
  2. Unión Astronómica Internacional (ed.). "Names for New Pluto Moons Accepted by the IAU After Public Vote". The International Astronomical Union (IAU) is announcing that the names Kerberos and Styx have officially been recognised for the fourth and fifth moons of Pluto. 
  3. 3,0 3,1 Boyle, A. (20-07-2011). "Scientists spot Pluto's fourth moon". msnbc.com. Arquivado dende o orixinal o 15-07-2012. Consultado o 20-07-2011. 
  4. "Pluto Has Another Moon, Hubble Photos Reveal | Dwarf Planet Pluto | Pluto's Moons | Space.com". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2011. Consultado o 21 de xullo de 2011. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Lakdawalla, E. (20-07-2011). "A fourth moon for Pluto". Planetary Society weblog. The Planetary Society. Arquivado dende o orixinal o 01-04-2012. Consultado o 20-07-2011. 
  6. "NASA's Hubble Discovers Another Moon Around Pluto". Consultado o 20-07-2011. 
  7. CNN (ed.). "Tiny fourth moon discovered in Pluto's orbit". Consultado o 20-07-2011. 
  8. Stern, S. A.; Weaver, H. A.; Steff, A. J.; Mutchler, M. J.; Merline, W. J.; Buie, M. W.; Young, E. F.; Young, L. A.; Spencer, J. R. (23-02-2006). "A giant impact origin for Pluto’s small moons and satellite multiplicity in the Kuiper belt" (PDF). Nature 439: 946–948. doi:10.1038/nature04548. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19-01-2012. Consultado o 20-07-2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]