Saltar ao contido

Begoña Muñoz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBegoña Muñoz
Biografía
Nacemento1961 Editar o valor en Wikidata
Barakaldo (España) Editar o valor en Wikidata
Morte17 de abril de 2010 Editar o valor en Wikidata (48/49 anos)
Ourense (España) Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturga , mestra , escritora Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1040541

Begoña Muñoz Saa, nada en Barakaldo en 1961 e finada en Ourense o 17 de abril de 2010, foi unha profesora e autora teatral galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesora de Lingua Galega e Literatura e de Iniciación á Arte Dramática no IES Otero Pedrayo.

Foi coautora, con Xosé Carlos Couceiro, Ánxeles Cuña e Fernando Dacosta, das obras Afección, Tics e Os soños de Caín representadas pola compañía Sarabela Teatro. Foi co-adaptadora de Xacobe ou a submisión, de Eugène Ionesco; Madame de Sade, de Yukio Mishima; As sillas, de Ionesco; Cama dous por dous para dous (Talem), de Sergi Belbel; A esmorga, a partir da novela homónima de Eduardo Blanco Amor; O lapis de carpinteiro, segundo a novela de Manuel Rivas; e Sexismunda, adaptación de La vida es sueño de Calderón de la Barca, tamén representadas por Sarabela Teatro.

Galardóns

[editar | editar a fonte]
  • Premio Compostela de Teatro pola adaptación de Madame de Sade de Mishima (1990).
  • Premio Compostela de Teatro pola adaptación de As sillas de Ionesco (1992).
  • Premio ao mellor texto por Tics no Festival Internacional de Teatro para la Infancia y la Juventud (FETEN) de Xixón (1997).
  • Premio María Casares á mellor adaptación por O lapis do carpinteiro (2001).
  • Premio María Casares á mellor adaptación por Sexismunda (2002).
  • Premio María Casares á mellor adaptación por A esmorga (2010).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]