Marcelino de Santiago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marcelino de Santiago
Os monicreques de Kukas 01.jpg
Nacemento26 de abril de 1954
 Santiago de Compostela
Ocupaciónpintor, escultor, fotógrafo e dramaturgo
editar datos en Wikidata ]

Marcelino de Santiago Viqueira, máis coñecido como Kukas, nado en Santiago de Compostela o 26 de abril de 1954, é un artista e creador multidisplinar galego. A súa actividade abrangue desde a pintura ou a fotografía ata a literatura, a escultura, as artes escénicas ou a música.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Graduouse en Artes Aplicadas e Oficios Artísticos, Especialidade de Fotografía Artística.

Como pintor realizou desde 1967 más de 70 exposicións individuais e colectivas en Madrid, Pontevedra, Segovia, Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña, Vilagarcía de Arosa, O Barco de Valdeorras.

Como fotógrafo realizou desde 1975 más de 60 exposiciones individuaies e colectivas en Bilbao, Vigo, Bruxelas, Salamanca etc. Colaborou co Museo do Pobo Galego (1980-82), Museo de las Peregrinaciones (1984), e a Familia Valle Inclán na recuperación e conservación do arquivo do escritor.

Como deseñador gráfico realizou portadas de discos para: Milladoiro, Faíscas do Xiabre, Cadros Malvendidos, carteles como Sorteo Extraordinario de Verán de 1982 da Lotería Nacional, Monicreques de Kukas, Mofa e Befa, Centro Dramático Galego, Ollomol, Teatro da Lúa, Medusa, Áncora, Concello de Santiago, Grupo de Cámara e Aula de Teatro da Universidade de Santiago, VII e VIII Homenaxe ás Bandas Populares, Milladoiro etc. Foi director da sección de artes gráficas da revista universitaria de cultura, Coordenadas (1979-1983).

Como autor dramático estreou máis de 20 obras: O Peluquillas Langarillas, Pirula do Vertedeiro, A rúa das Balconadas, Don Gaiferos, Unha noite no Pórtico do Paraíso, Federico Federico, Galiza Máxica, Contos do vento acatarrado, Sen Título 8x4x6, 7 Cuentos capitales (Historias Para Pícaros adultos), El Kikirijote, aventuras y desventuras de un gallo de corral. Coa segunda montaxe, Manolo Tirantes e Santiago Mandíbulas, estivo detido por criticar as autoridades.[2]

Tamén se dedica á interpretación actoral, a pantomima e a animación de monicreques.

Ademais tense dedicado ao ensino impartindo cursos de construción, animación e posta en escena con monicreques, bonecos, teatro, fotografía ou artes plásticas en diferentes lugares.

Os monicreques de Kukas[editar | editar a fonte]

En 1979, Marcelino de Santiago (Kukas) e Isabel Rey Pousada fundaron en Santiago de Compostela Os monicreques de Kukas.[3][4]

Traballaron na investigación e creación de novas marionetas que permitiron novos espectáculos de grande formato. Participaron nos circuítos teatrais galegos e en festivais internacionais. Os seus noicreques están representados en diferentes museos, como Lalín, Bilbao e Almagro.

En 1994 colaboraron co CDG para montar O Mariscal. En 1997 coa Xunta de Galicia e o IGAEM en Unha noite no Pórtico do Paraíso. En 2001 comienzan a colaborar coa Real Filarmonía de Galicia en El Retablo de Maese Pedro de Manuel de Falla e o Carnaval de los animales de C. Saint Saëns no 2003 dirixidas por A. Ros Marbá; en 2004 a Cantata San Nicolas de Britten e en 2009 El Castillo da Rocha Vella dirixidas por Maximino Zumalave.[5]

En 2004 celebraron o seu 25 Aniversario con Galicia Máxica invitados polo IGAEM e o XACOBEO 2004. En 2007 Ministerio de Cultura convidounos a crear La Doncella Guerrera, espectáculo complementario á exposición das Misiones Pedagógicas 1931-1936. En 2015 o Festival da Ópera da Coruña encargoulles A Flauta Máxica de Mozart en colaboración con Zoar.

En 2017 o Pleno do Concello de Santiago de Compostela estableceu un convenio de colaboración coa compañía para crear a Casa dos Monicreques un centro de promoción, produción e didáctico, proxecto que foi apoiado pola Deputación da Coruña.[6]

En 2019 estrearon Arlequina un espectáculo multimedia e musical en colaboración co quinteto de vento Zoar.[7]

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1993: Premio Compostela á mellor escenografía por Saxo Tenor de Roberto Vidal Bolaño.
  • 1997: Mención de Honor por su trabajo en el teatro de marionetas del CDTB y Festival Internacional de marionetas de Bilbao.
  • 2011: Premio María Casares á mellor escenografía pola obra O Cránio Furado dirixida por Quico Cadaval.
  • 2019: Premio Cultura Galega de Artes Escénicas: Títeres de Kukas.[8]
  • 2019: Premio Xiria da MITCFC polo seu labor teatral
  • 2019: Premio de Honra da Asociación de amigos de el Teatro de Cuenca y Titiricuenca.
  • 2020: Premio da Crítica de Galicia Artes Escénicas por Arlequina e a súa traxectoria.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Marcelino de Santiago "Kukas"" (PDF). arteinformado.com. 
  2. País, Ediciones El (2009-03-14). "Reportaje. Treinta años de Kukas". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-11-23. 
  3. "Monicreques de Kukas (Kukas Producciones Artísticas)". Redescena. Consultado o 2020-11-23. 
  4. Titeresante, Sobre el autor (2019-02-27). "Monicreques de Kukas (Galicia). 40 años de vida titiritera. Por José Breijo Vidal". Titeresante (en castelán). Consultado o 2020-11-23. 
  5. "«Levo a Santiago por aí e ás veces síntome máis picheleiro que galego»". La Voz de Galicia. 2009-07-04. Consultado o 2020-11-23. 
  6. culturagalega.org (2017-01-23). "O centro acollerá o material da veterana compañía Monicreques de Kukas". culturagalega.org. Consultado o 2020-11-23. 
  7. Coruña, Ayuntamiento de A. Coruña / Concello da. "Arlequina - Monicreques de Kukas". Cultura Coruña. Consultado o 2020-11-23. 
  8. "Premios de la Cultura Galega 2019. Cultura de Galicia". www.cultura.gal (en castelán). Consultado o 2020-11-23. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]