Manuel Guede
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Manuel Guede | |
---|---|
Nacemento | 1956 |
Lugar de nacemento | Venezuela |
Nacionalidade | España |
Ocupación | director teatral e escritor |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel Guede Oliva, nado en Venezuela en 1956, é un escritor e director teatral ourensán.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Mestre de escola, participou na compañía teatral Grupo Histrión 70 e na Agrupación Auriense, en 1982 fundou a Cooperativa Caritel. Estivo presente (e se deu a coñecer) nas Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia (1973-1980). Por este motivo, algúns estudosos do teatro, como Pedro Pablo Riobó, adscríbeno á xeración ou grupo Abrente, mentres que outros, como Manuel F. Vieites, deciden encadralo na promoción dos oitenta. Foi director do Centro Dramático Galego dende 1991 ata 2005, cargo ao que regresou en 2012 tras a destitución de Blanca Cendán. En xuño de 2015 renunciou ao cargo[1].
Obra[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Contra Serenou, 1985, Sotelo Blanco.
- As doce e sereno, 2000, Xerais.
Narrativa[editar | editar a fonte]
- Vísperas de Claudia, 1987, Xerais.
Teatro[editar | editar a fonte]
- O nome dos disfraces, 2002, 3C3 Editores.
- Ocaso Otero, 2007, Xerais.
- A función do tequila, 2011, Deputación da Coruña.
Traducións e adaptacións[editar | editar a fonte]
- Historia do soldado, de Igor Stravinskii e Charles Ferdinand Ramuz, 1993, Xunta de Galicia.
- Viaxe e fin de Don Frontán, de Rafael Dieste, 1995, Xunta de Galicia.
- Calígula, de Albert Camus, 2000, Xunta de Galicia.
- Os espectros de Henrik Ibsen, 2002, Xunta de Galicia.
- O colaborador de Friedrich Dürrenmatt, 2002, Xunta de Galicia.
- Cantiga para JA: Place de la Revolution, 2004, Xerais.
- Ricardo III de William Shakespeare, 2005, Xunta de Galicia.
Con Eduardo Alonso[editar | editar a fonte]
- O enfermo imaxinario de Molière, 1986, Centro Dramático Galego.
- Medea, 1988, Xerais.
- As alegres casadas, de William Shakespeare, 1989, edición dos autores.
- Un soño de verán de William Shakespeare, 1992, Xerais.
- Lisístrata, ou de cando as mulleres reviraron, de Aristófanes, 1997, Xunta de Galicia.
- A cacatúa verde de Arthur Schintzler, 2001, Xunta de Galicia.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Sede central. 1, 1988, Clube Cultural Adiante.
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
- Carlos Casares. A semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
Premios[editar | editar a fonte]
- Premio Xerais no 1987, por Vísperas de Claudia.
- Premio Álvaro Cunqueiro do 2006 con Ocaso Otero.
- Premio de teatro Rafael Dieste do 2011, por A función do tequila.