Georg Büchner
Georg Büchner | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 17 de outubro de 1813 |
Lugar de nacemento | Goddelau |
Falecemento | 19 de febreiro de 1837 |
Lugar de falecemento | Zürich |
Causa | Tifo |
Soterrado | Zürich |
Nacionalidade | Alemaña |
Alma máter | University of Strasbourg e Universidade de Giessen |
Ocupación | tradutor, dramaturgo, poeta, médico escritor, naturalista, revolucionario, escritor, filósofo e médico |
Pai | Ernst Büchner |
Nai | Karoline Reuss |
Irmáns | Ludwig Büchner, Alexander Büchner, Wilhelm Büchner e Luise Büchner |
Coñecido por | The Hessian Courier, Woyzeck, A morte de Danton, Lenz e Leonce and Lena |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Karl Georg Büchner, nado en Riedstadt 17 de outubro de 1813 e finado en Zúric o 19 de febreiro de 1837, foi un escritor, naturalista e revolucionario alemán, considerado un dos máis grandes escritores da era Vormärz, irmán do médico e filósofo Ludwig Büchner.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu na localidade de Goddelau, agora integrada en Riedstadt, daquela no Gran Ducado de Hesse, fillo do médico Ernst Büchner, que fora cirurxián nos exército de Napoleón. En 1816 a familia mudouse a Darmstadt, ao contratar a cidade ao pai de Büchner como médico da cidade e do hospital[1];
Büchner estudou na academia do teólogo Carl Weitershausen, onde recibiu unha formación humanística, cun importante énfase nas linguas, francés, latín e grego. A partir de 1825 continuou os estudos no Paedagogium Darmstadium, que daba grande énfase á formación clásica, ademais de francés, latín e grego tamén aprendeu italiano. En 1831 comezou os seus estudos de medicina en Estrasburgo, e alí comezou a se interesar tamén pola literatura francesa e mailo pensamento político. En especial exerceron influencia nel as teorías do socialismo utópico de François-Noël Babeuf e Claude Henri de Saint-Simon. En 1833 pasou a Gießen para continuar os seus estudos na universidade local.
Exilio[editar | editar a fonte]
Entrementres Büchner continuaba os seus estudos, estableceu, xunto a varios compañeiros de Darmstadt que estudaban en Gießen e outros estudantes, unha sociedade secreta, seguindo o modelo francés, dedicada á causa revolucionaria. En xullo de 1834, coa colaboración do teólogo evanxélico Friedrich Ludwig Weidig, publicou o panfleto revolucionario Der Hessische Landbote, crítico coas inxustizas sociais no Gran Ducado de Hesse. Acusado polas autoridades de traizón, arrestaron a Weidig, que morreu en prisión despois de sufrir torturas.
Mentres, Büchner conseguía fuxir a Estrasburgo, onde escribiu a maioría da súa obra literaria e traduciu dúas pezas do literato francés Victor Hugo, Lucrèce Borgia e Marie Tudor. Dous anos despois publicou a disertación médica , "Mémoire sur le Système Nerveux du Barbeaux (Cyprinus barbus L.)". En outubro de 1836, despois de recibir o seu doutoramento, foi designado pola Universidade de Zúric como profesor de anatomía. Alí pasou os seus derradeiros meses escribindo e ensinando ata o seu pasamento por tifo aos vinte e tres anos de idade.
Obra[editar | editar a fonte]
A súa primeira peza teatral Dantons Tod, sobre a Revolución Francesa, publicouse en 1835. Seguiulle Lenz, un fragmento de novela baseada na vida do poeta Jakob Michael Reinhold Lenz e publicada por primeira vez parcialmente na Deutsche Revue de Karl Gutzkow e Wienberg. En 1836 escribiu a súa segunda peza teatral Leonce und Lena, na que satiriza á nobreza. A súa obra máis coñecida, que quedou inconclusa, é Woyzeck, notable por extraer os seus principais personaxes da clase traballadora.
Legado[editar | editar a fonte]
Contra 1870 Büchner estaba case totalmente esquecido en Alemaña, ata que Karl Emil Franzos editou as súas obras, que máis tarde exerceron unha importante influencia nos movementos naturalista e expresionista. Arnold Zweig describiu a Lenz, a única obra de Bücher de ficción en prosa, como o comezo da prosa europea moderna.
Alban Berg adaptou Woyzeck, nunha ópera Wozzeck que estreou en 1925 e Werner Herzog nun filme, Woyzeck, en 1979.
O premio literario máis importante de Alemaña, o Premio Georg Büchner, leva o seu nome. Creado en 1923, concédese anualmente.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Georg Büchner ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Büchner, Georg". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.