Saltar ao contido

Carlos XV de Suecia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarlos XV de Suecia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(sv) Karl XV Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de maio de 1826 Editar o valor en Wikidata
Estocolmo, Suecia Editar o valor en Wikidata
Morte18 de setembro de 1872 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Malmö, Suecia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaRiddarholmskyrkan 59°19′29″N 18°03′53″L / 59.3247, 18.0647 Editar o valor en Wikidata
Rei de Suecia
8 de xullo de 1859 – 18 de setembro de 1872
← Óscar I de SueciaÓscar II de Suecia →
Monarca de Noruega
8 de xullo de 1859 – 18 de setembro de 1872
← Óscar I de SueciaÓscar II de Suecia →
Mestre-Geral do Ordnance (pt) Traducir
1849 – 1857
← Axel Gustaf von Arbin (pt) TraducirFabian Jakob Wrede (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor en Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Uppsala Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estocolmo (1859–1872) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1846 Editar o valor en Wikidata - 1872 Editar o valor en Wikidata
Membro de
LinguaLingua sueca Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloRei
Duque Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Bernadotte Editar o valor en Wikidata
CónxuxeLuísa dos Países Baixos (1850–1871), morte do cónxuxe
FillosLuísa da Suécia (pt) Traducir, Carlos Óscar, Duque de Södermanland (pt) Traducir, Carl Rudolf Bernadotte Nordenstam (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaisÓscar I de Suecia Editar o valor en Wikidata  e Xosefina de Leuchtenberg Editar o valor en Wikidata
IrmánsEugênia da Suécia (pt) Traducir, Gustavo, duque de Uppland (pt) Traducir, Augusto, duque de Dalarna (pt) Traducir, Óscar II de Suecia e Hjalmar Högqvist (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

IMSLP: Category:King_of_Sweden_and_Norway,_Charles_XV WikiTree: Bernadotte-52 Find a Grave: 8509138 Editar o valor en Wikidata

Carlos XV de Suecia, nado en Estocolmo o 3 de maio de 1826 (como Karl Ludvig Eugen Bernadotte), e finado en Malmö o 18 de setembro de 1872,[1] foi rei de Suecia e de Noruega desde 1859 até a súa morte (en Noruega adoptou o nome de Carlos IV).

Era o fillo máis vello do rei Óscar I e da raíña Xosefina.[1] Foi o primeiro monarca da dinastía Bernadotte nado en Suecia.[2]

Casou o 19 de xuño de 1851 coa princesa Luísa dos Países Baixos.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu no Palacio Real de Estocolmo e ao seu nacemento foille outorgado o título de príncipe herdeiro e o de duque de Escania. Foi brevemente vicerrei de Noruega, entre 1856 e 1857. Asumiu a rexencia o 25 de setembro 1857 ante a enfermidade de seu pai. Cando Óscar I faleceu, Carlos foi nomeado monarca dos reinos unidos de Suecia e Noruega. En Suecia foi coroado o 3 de maio de 1860 e, en Noruega, o 5 de agosto do mesmo ano.

Foi un defensor e promotor do escandinavismo e da solidariedade política entre os tres reinos nórdicos (Suecia, Noruega e Dinamarca). Estableceu relacións de amizade co rei Frederico VII de Dinamarca, ao que lle prometeu en xullo de 1863 axuda militar para protexer o ducado de Schleswig da invasión prusiana. O apoio militar, porén, nunca chegou por motivos políticos internos en Suecia.

O rei fortaleceu e cambiou radicalmente a política interna sueca coa reforma do parlamento. En 1860 o monarca lanzou a súa proposta de "estado democrático" e, tras discutilo cos membros do seu goberno, en 1863 o primeiro ministro Louis De Geer presentou unha proposta de reforma que rompía coa conformación do parlamento dos estados.[3] Despois de cerca de tres anos de discusión, a reforma foi aprobada o 22 de xuño de 1866.

Tamén se modificaron as leis municipais e se concedeu ás mulleres o dereito ao voto por primeira vez nas eleccións municipais. Durante o seu reinado a liberdade relixiosa foi estendida ao ámbito xurídico e político.

Houbo novas leis penais e continuou coa política de desenvolvemento económico de Óscar I, que comprendeu unha mellora significativa das infraestruturas e o impulso da industrialización, construíndose ademais unha ampla rede de comunicacións ferroviarias.

A comezos de 1871 decaeu a súa saúde, coincidindo coa morte da súa esposa a raíña Luísa o 30 de marzo de 1871. Despois dunha viaxe de descanso a Aquisgrán, o rei viviu un tempo no Palacio de Ulriksdal, nas aforas de Estocolmo, de onde se mudou a Malmö. Nesta cidade faleceu o 18 de setembro de 1872. O seu corpo foi sepultado na Igrexa de Riddarholmen de Estocolmo.

Ante a falta de fillos varóns (o seu fillo Carlos falecera dezaoito anos antes), foi sucedido polo seu irmán o duque Óscar. O seu neto Carlos de Dinamarca converteríase en rei de Noruega, co nome de Haakon VII.

Casado con Luísa dos Países Baixos, tivo dous fillos:[1]

  1. Luísa (1851 - 1926). Casou con Frederico VIII de Dinamarca.
  2. Carlos Óscar Guillerme Frederico (1852 - 1854). Duque de Södermanland.

Carlos tamén tivo un fillo ilexítimo, Carl Johan Bolander, nado o 4 de febreiro de 1854, e que foi o pai do bispo Nils Bolander,[4] e unha filla, Ellen Svensson Hammar, nada o 28 de outubro de 1865 e finada en 1931.
Así mesmo, hai rumores de que tiña máis fillos extraconxugais.[5]

Vida intelectual

[editar | editar a fonte]
Vista de Värmdö (1865).

Durante o seu cargo como vicerrei de Noruega, Carlos compuxo contos en prosa. De regreso a Suecia trataría sen éxito de obter un premio na Academia Sueca. Escribiu tamén algúns ensaios políticos e de administración do exército.

A súa obra literaria máis coñecida son dúas coleccións de poemas: Unha colección de poemas de C. e Pequenos poemas de C., que serían traducidas a varios idiomas.

Foi coleccionista de arte e alentou o desenvolvemento da arte nacional sueca e norueguesa.

Tamén desempeñou con talento a pintura, representando principalmente paisaxes típicos de Escandinavia. A súa colección incluía case 500 pinturas, principalmente de artistas suecos.

Gran parte da súa colección de arte e artesanado foi doada ao Estado sueco no seu testamento. As pinturas da súa autoría áchanse nos principais museos de arte suecos e nalgunhas galerías norueguesas.

Algunhas das súas pinturas:

  • Vista desde Värmdö (1865)
  • Vista de Ulriksdal (1868)
  • Paisaxe norueguesa á luz da alba (década de 1860)
  • Xunto ao arroio do bosque (1872)

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Escudos de armas

[editar | editar a fonte]
Armas de Carlos como Duque de Escania
(1826–1844)
Armas de Carlos como Príncipe Herdeiro
(1844–1859)
Armas de Carlos XV & IV como Rei de Suecia e Noruega
(1859–1872)
Monograma do rei Carlos XV

Antepasados

[editar | editar a fonte]
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Jean Bernadotte
 
 
 
 
 
 
 
8. Jean Henri Bernadotte
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Marie du Pucheu dite de La Place
 
 
 
 
 
 
 
4. Carlos XIV Xoán de Suecia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Jean de Saint Vincent
 
 
 
 
 
 
 
9. Jeanne de Saint-Vincent
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Marie d'Abbadie de Sireix
 
 
 
 
 
 
 
2. Óscar I de Suecia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Joseph Clary
 
 
 
 
 
 
 
10. François Clary
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Françoise Agnès Ammoric
 
 
 
 
 
 
 
5. Desideria Clary
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Joseph Ignace Somis
 
 
 
 
 
 
 
11. Françoise Rose Somis
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Catherine Rose Soucheiron
 
 
 
 
 
 
 
1. Carlos XV de Suecia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Francisco V de Beauharnais
 
 
 
 
 
 
 
12. Alexandre de Beauharnais
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Henriqueta Pyvart de Chastillé
 
 
 
 
 
 
 
6. Eugène de Beauharnais
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Xosé Gaspar Tascher de La Pagerie
 
 
 
 
 
 
 
13. Xosefina Tascher de la Pagerie
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Rosa Clara des Vergers de Sannois
 
 
 
 
 
 
 
3. Xosefina de Leuchtenberg
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Frederico Miguel de Zweibrücken-Birkenfeld
 
 
 
 
 
 
 
14. Maximiliano I de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. María Francisca de Sulzbach
 
 
 
 
 
 
 
7. Augusta de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Xurxo Guillerme de Hesse-Darmstadt
 
 
 
 
 
 
 
15. Augusta Guillermina de Hesse-Darmstadt
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Luísa de Leiningen-Heidesheim
 
 
 
 
 
 
Precedido por:
Óscar I
Rei de Suecia
1859 - 1872
Sucedido por:
Óscar II
Rei de Noruega
1859 - 1872
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Darryl Lundy, Xenealoxía de Carlos XV de Suecia (Carl XV Bernadotte, King of Sweden) en The Peerage (en inglés).
  2. Cronholm, Neander N. (1902): A History of Sweden from the Earliest Times to the Present Day. Volume 2. Capítulo 41, pp. 289-299. (Ver dixitalizado).
  3. Louis de Geer, Minnen ["Recordos"] del 1 Sthlm 1892 s 157 f.
  4. Carl-Erik Sahlberg en Nils Bolander diktare och predikant. ISBN 91-86112-39-2, p. 11. Resumo (en sueco).
  5. Lagerqvist & Åberg en King and Rulers of Sweden. ISBN 91-87064-35-9, p. 48.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Edholm, Erik af (1944): Svunna dagar: ur förste hovmarskalken Erik af Edholms dagböcker. Upplevelser under Karl XIV Johans och Oskar I:s tid. Stockholm: Norstedt & Söner. (en sueco).
  • McNaughton, Arnold (1973): The book of kings: A royal genealogy. Volume 1. Londres: Garnstone Press. ISBN 978-0-9003-9119-4 (en inglés).
  • Sandberg, Thorsten (1999): "Reformprinsen". Lund: Populär historia. ISSN 1102-0822. Libris 2819517 (en sueco).

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]