Desideria Clary
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (fr) Bernhardine Eugénie Désirée Clary 8 de novembro de 1777 Marsella, Francia |
| Morte | 17 de decembro de 1860 Estocolmo, Suecia |
| Lugar de sepultura | Riddarholmskyrkan 59°19′29″N 18°03′53″L / 59.3247, 18.0647 |
| Rainha consorte da Suécia (pt) | |
| 5 de febreiro de 1818 – 8 de marzo de 1844 ← Hedvig de Holstein-Gottorp (pt) | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Actividade | |
| Ocupación | consorte |
| Outro | |
| Título | Princesa herdeira Raíña consorte |
| Familia | Clary family (en) |
| Cónxuxe | Carlos XIV Xoán de Suecia (1798–) |
| Fillos | Óscar I de Suecia |
| Pais | François Clary |
| Irmáns | Xulia Clary Joseph Nicolas Clary Étienne François Clary |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Svenskt kvinnobiografiskt lexikon, lang: lingua sueca, lingua inglesa Obálky knih, Dicionário Biográfico Sueco (pt) |
Bernardine Eugénie Désirée Clary (en galego Bernardina Euxenia Desideria Clary), nada en Marsella o 9 de novembro de 1777 e finada en Estocolmo o 17 de decembro de 1860, foi raíña consorte de Suecia e Noruega, desde 5 de febreiro de 1818 ao 8 de marzo de 1844, polo seu casamento co mariscal de Francia Jean-Baptiste Bernadotte, que fora elixido en 1810, polo parlamento de Suecia, como príncipe herdeiro do ancián rei Carlos XIII, sendo afillado por este; tras a morte do monarca, Bernadotte accedeu o 5 de febreiro de 1818 ao trono da unión de Suecia e Noruega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Desgusto con Napoleón
[editar | editar a fonte]
Desideria era filla dun rico comerciante de seda de Marsella, François Clary, e da súa segunda esposa, Françoise Rose Somis.
A súa irmá Julie casou, en 1794, con Xosé I Bonaparte, irmán máis vello de Napoleón e rei de España.
O 21 de abril de 1795 Napoleón comprometeuse oficialmente con Desideria.
Porén tras o encontro de Napoleón con Xosefina de Beauharnais en París (o 15 de outubro de 1795) e pola presión dun amigo de Napoleón,[Cómpre referencia] Paul Barras, o primeiro rompeu o seu compromiso de matrimonio con Desideria para desposar a Xosefina.
Desideria levou moi mal a súa ruptura, sentimento que quedou claramente plasmado nunha das súas citas máis coñecidas:
Fixeches a miña vida miserábel, pero son abondo débil para perdoarte.
Matrimonio
[editar | editar a fonte]

O 17 de agosto de 1798 Desideria casou en Sceaux, cerca de París, co mariscal de Francia Jean-Baptiste Bernadotte,[1]
Durante as frecuentes ausencias de Bernadotte, debido ás guerras napoleónicas, albergaba na súa casa de París tertulias literarias, converténdose nunha dama moi popular.
Dous anos despois de que o seu marido fora nomeado príncipe real (herediro) de Suecia, viaxou a Estocolmo, onde permaneceu dous anos (1810-1811), pero despois volve a París.
Bernadotte sobe definitivamente ao trono en 1818 como Carlos XIV Xoán, e Desideria incorporouse á corte en 1823, desempeñando un modesto papel, como raíña consorte, coñecida como Desideria.
Á morte do rei o 8 de marzo de 1844, o fillo de ambos sobe ao trono de Suecia e Noruega como Óscar I.
O seu nome na dinastía Bernadotte
[editar | editar a fonte]Desideria foi moi popular en Suecia, e os suecos recórdana con cariño.
A terceira irmá do actual rei de Suecia (Carlos XVI Gustavo), a princesa Desideria, ten ese nome en honor a ela.
Así mesmo a actual herdeira do trono, Vitoria, leva como cuarto nome o de Désirée en honor á primeira da súa dinastía.
Antepasados de Desideria
[editar | editar a fonte]| 16. Antoine Clary | ||||||||||||||||
| 8. Jacques Clary | ||||||||||||||||
| 17. Marguerite Canolle | ||||||||||||||||
| 4. Joseph Clary | ||||||||||||||||
| 18. Angelin Barosse | ||||||||||||||||
| 9. Catherine Barosse | ||||||||||||||||
| 19. Jeanne Pélissière | ||||||||||||||||
| 2. François Clary | ||||||||||||||||
| 20. David Ammoric | ||||||||||||||||
| 10. François Ammoric | ||||||||||||||||
| 21. Magdalene Chabrande | ||||||||||||||||
| 5. Françoise Agnès Ammoric | ||||||||||||||||
| 22. Maurice Boisson | ||||||||||||||||
| 11. Jeanne Boisson | ||||||||||||||||
| 23. Gabrielle Bouquette | ||||||||||||||||
| 1. Désirée Clary | ||||||||||||||||
| 24. François Somis | ||||||||||||||||
| 12. Jean Louis Somis | ||||||||||||||||
| 25. Françoise Chiosio | ||||||||||||||||
| 6. Joseph Ignace Somis | ||||||||||||||||
| 26. Antoine Christophe Bouchard | ||||||||||||||||
| 13. Françoise Bouchard | ||||||||||||||||
| 27. Catherine Martel | ||||||||||||||||
| 3. Françoise Rose Somis | ||||||||||||||||
| 28. Louis Soucheiron | ||||||||||||||||
| 14. François Soucheiron | ||||||||||||||||
| 29. Claire Tolode | ||||||||||||||||
| 7. Catherine Rose Soucheiron | ||||||||||||||||
| 30. César Cautier | ||||||||||||||||
| 15. Anne Cautier | ||||||||||||||||
| 31. Thérèse Amauric | ||||||||||||||||
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Le Destin fabuleux de Désirée Clary (1942), dirixida por Sacha Guitry. Con Geneviève Guitry e Gaby Morlay.
- Désirée (1954), dirixida por Henry Koster. Con Marlon Brando, Jean Simmons (como Desideria) e Merle Oberon.
- Napoleón (1955), dirixida por Sacha Guitry. Desideria está interpretada por Dany Robin.
| Predecesor: Carlota de Holstein-Gottorp |
Raíña Consorte de Suecia 1818 – 1844 |
Sucesor: Xosefina de Leuchtenberg |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Desideria Clary |