Óscar I de Suecia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Óscar I de Suecia
Oscar I av Sverige en (en sueco)
Oskar I av Sverige og Noreg (en noruegués)
Rei de Suecia e de Noruega
Crownprince Oscar of Sweden painted by Joseph Karl Stieler.jpg
Óscar, prícipe de Suecia, por Joseph Karl Stieler

Reinado8 de marzo de 1844-
8 de xullo de 1859
Nome completoJoseph François Oscar Bernadotte
Nacemento4 de xullo de 1799
París, Flag of France (1790-1794).svg Primeira República Francesa
Falecemento8 de xullo de 1859
Estocolmo, Swedish civil ensign (1844–1905).svg Suecia
SepulturaIgrexa de Riddarholmen
PredecesorCarlos XIV Xoán
SucesorCarlos XV
ConsorteXosefina de Leuchtenberg
Descendencia
  • Casa realCasa de Bernadotte
    ProxenitoresJean-Baptiste Jules Bernadotte
    Desideria Clary

    Escudo de Óscar I de Suecia
    Escudo de armas de Óscar I

    Óscar I, nado o 4 de xullo de 1799 en París,[1] no número 291 da Rue Cisalpina (hoxe: 32, Rue de Monceau),[2] na Primeira República Francesa, e finado o 8 de xullo de 1859, en Estocolmo, Suecia, foi rei de Suecia e de Noruega desde 1844 a 1859.[1]

    O seu nome de nacemento era Joseph François Oscar Bernadotte. O nome francés Joseph François Oscar en sueco é Joseph Frans Oscar. Pero o propio rei e os escritores modernos escribiron o seu nome como Oscar, mentres que a familia real sueca utiliza a ortografía Oskar.[3]

    Óscar promoveu a prosperidade económica dos seus dous reinos mellor que os seus antecesores. Buscou a paz e as reformas sociais que permitiran avanzar cara a un estado de dereito e de maiores liberdades, e pretendeu a integración política dos tres reinos nórdicos.

    Infancia e xuventude[editar | editar a fonte]

    Óscar naceu na cidade de París o 4 de xullo de 1799. Era fillo do ministro da guerra francés Jean-Baptiste Jules Bernadotte e de Desideria Clary.[1] Viviu a súa infancia parcialmente en París ao lado da súa nai, no castelo de Mortefontaine, de Xosé Bonaparte ou no castelo dos Bernadotte. Neste tempo tivo o seu primeiro titor, co que comezaría a súa educación francesa.[4]

    Pouco despois de que seu pai fora designado príncipe herdeiro da coroa sueca (o 21 de agosto de 1810), Óscar ocupou o terceiro lugar na liña sucesoria, tras ser recoñecida a descendencia masculina de Bernadotte como herdeira. Nese tempo Óscar viaxou a Suecia e recibiu o título de duque de Södermanland por parte do rei Carlos XIII.[4]

    Dado o seu importante lugar na liña sucesoria, Óscar aprendeu rapidamente a lingua sueca, o que lle permitiu desempeñar o posto de intérprete de seu pai.

    En 1812 foi nomeado tenente coronel do exército, en 1815 foi ascendido a coronel e, en 1817, a xeneral.

    Durante a década de 1810 aprendeu o idioma noruegués e instruiuse nas diversas áreas do coñecemento humano, como administración pública, dereito, ciencia e arte. Tamén estudou alemán e a relixión protestante luterana, na cal foi confirmado en 1815.[4]

    Príncipe herdeiro[editar | editar a fonte]

    Cando Jean-Baptiste Bernadotte se converteu en rei (co nome de Carlos XIV Xoán de Suecia) en 1818, Óscar foi elevado a príncipe herdeiro de Suecia e Noruega. En 1819 foi nomeado xeneral dos exércitos sueco e noruegués e recibiu o mando de varios destacamentos de infantaría, artillaría e cabalaría.

    En 1822 comprometeuse con Xosefina de Leuchtenberg, filla de Eugène de Beauharnais e neta da emperatriz Xosefina. A voda celebrouse en Estocolmo o 19 de xuño de 1823.[1]

    Desde febriero de 1824 o príncipe ocupou brevemente o cargo de vicerrei de Noruega e, xunto coa súa esposa, estableceu a súa residencia na cidade de Kristianía. O 11 de outubro declinou o cargo e regresou a Estocolmo. Novamente sería vicerrei de 1833 a 1834, cando participou na refundación do parlamento noruegués. Nos anos seguintes, cando o seu pai estaba de visita en Noruega, Óscar encargouse por vez primeira do goberno.

    A casa real Bernadotte en 1857.[5]

    Foi director da Real Academia Sueca das Artes e da Universidade de Lund en 1824. Cultivou tamén a litografía e a composición musical. Neste último campo, o príncipe herdeiro Óscar compuxo unha marcha fúnebre que se interpretou no funeral de do rei Carlos XIII; este foi o seu primeiro traballo público de alto nivel. A fama desta composición foi amplamente difundida, e Ludwig van Beethoven escribiulle ao seu pai, Carlos Xoán, ofrecéndose para contribuír ao desenvolvemento do talento musical do príncipe herdeiro. Había unha vella amizade entre Beethoven e Carlos Xoán, establecida no período en que Bernadotte residiu en 1798 como ministro francés en Viena.[6]

    En 1840 publicou un escrito acerca do sistema penitenciario sueco, onde expuso as súas propostas de reforma do mesmo, impugnando a pena de morte, a tortura e a deportación, e favorecendo a mellora das condicións carcerarias e dos dereitos humanos nas prisións. A súa obra foi traducida a varios idiomas europeos (noruegués, alemán, francés, holandés, inglés, italiano) e fíxoo merecedor da gran prestixio internacional.

    Rei de Suecia e de Noruega[editar | editar a fonte]

    Xosefina de Leuchtenberg, esposa de Óscar I, nun retrato de 1835.

    Óscar tomou as rendas do goberno o 8 de marzo de 1844 e foi coroado en Estocolmo o 28 de setembro do mesmo ano (nunca foi coroado en Noruega). Desde un principio o seu goberno estivo restrinxido pola pugna no parlamento entre liberais e conservadores, así como polo seu consello de ministros bastante plural e pola súa propia irresolución.

    O rei mostraba certas tendencias liberais moderadas, posición que resultou incómoda tanto para a ala conservadora como para a liberal, o que supuxo o rexeitamento continuo das propostas enviadas polo monarca. A presión exercida desde o parlamento foi fundamental para os constantes cambios no seu consello de ministros. Concedeu especial interese á política social e pronunciouse en reiteradas ocasións por reformar o sistema xurídico e penal sueco.

    Entre as reformas que puido levar a cabo houbo algunhas importantes destinadas a mellorar a economía do país, como foron a simplificación fiscal e a lexislación aduaneira para o libre comercio. No aspecto social logrou a liberdade de prensa —que foi aproveitada para criticar o rei—, o gravame sobre as bebidas alcohólicas, o establecemento da maioría de idade para as mulleres solteiras aos 25 anos, e o impulso a unha maior liberdade relixiosa.

    Para calmar a inconformidade dos noruegueses, estableceu a igualdade dos dous reinos no seo da unión e dotou esta dun emblema que foi incorporado á bandeira de ambos os reinos. Buscou sen éxito a integración social dos dous pobos, o que botou por terra unha asociación duradeira no futuro.

    Política exterior[editar | editar a fonte]

    Óscar simpatizou co movemento escandinavista xurdido nos grupos estudantís de Copenhague a metade do século XIX e tivo varias reunións co rei de Dinamarca Cristián VIII que propiciaron o acercamento entre ambos os Estados. Cando pouco despois de inicado o reinado de Federico VII estalou a guerra dos Ducados entre Dinamarca e a Confederación Xermánica e Prusia, Óscar I decidiu intervir do lado danés e enviar tropas sueco-norueguesas a Fionia e Xutlandia e, posteriormente, ao norte de Schleswig. As tropas non tiveron unha participación bélica, senón máis ben actuaron como un factor de presión política. A paz asinouse en 1852, manténdose a integridade do reino de Dinamarca.

    Óscar terminou coa política condescendente do seu pai cara a Rusia. Durante a guerra de Crimea decidiu declarar a neutralidade de Suecia-Noruega en decembro de 1853. Porén foi presionado por Francia e Gran Bretaña en 1855 para participar na coalición contra o tsar. Óscar pretendía nas negociacións coas potencias occidentais arrincar Finlandia (perdida por Suecia) do dominio ruso. Pese a todo, Suecia-Noruega non puido entrar na guerra, pois o conflito terminou pouco despois (abril de 1856). Óscar participou nas negociacións de paz, pero só puido obter a desmilitarización das illas Åland e, en contrapartida, a inimizade con Rusia.

    En 1856, Óscar retomou a súa política escandinavista e entrou en contacto, por medio de emisarios, cos daneses proclives a esta política, o mesmo que con Federico VII. Pero Francia e Gran Bretaña pronunciáronse en contra dunha posíbel unión nórdica, e o rei danés finalmente desistiu.

    Últimos anos[editar | editar a fonte]

    A saúde de Óscar I, sempre débil, comezou a agravarse a principios da década de 1850 e, en 1857, empeorou drasticamente. Ante a imposibilidade de gobernar, o seu fillo Carlos foi nomeado rexente por acordo do parlamento de ambos os reinos o 25 de setembro dese mesmo ano. Despois dunha longa agonía, falecieu en Estocolmo o 8 de xullo de 1859. O seus restos mortais repousan na Igrexa de Riddarholmen desa cidade.

    Familia[editar | editar a fonte]

    Casado con Xosefina de Leuchtenberg o 22 de maio de 1823, no palacio de Leuchtenberg, en Múnic, e o 19 de xuño do mesmo ano celebrouse unha cerimonia en Estocolmo.[1] Óscar I tivo tamén un romance extramatrimonial coa famosa actriz sueca Emilie Högqvist, e outra relación coa aristócrata Jaquette Löwenhielm.[7]

    Fillos con Xosefina de Leuchtenberg[editar | editar a fonte]

    Fillos con Emilie Högqvist[editar | editar a fonte]

    Os fillos foron chamados en privado príncipes de Laponia.[7]

    Filla con Jaquette Löwenhielm (nacida Gyldenstolpe)[editar | editar a fonte]

    • Oscara Meijergeer (18171880) (de casada Hilder).
    As amantes de Óscar I

    Escudos de armas[editar | editar a fonte]

    Blason du Prince Oscar 1810.svg
    Príncipe herdeiro de Suecia. Duque de Södermanland
    (1810)
    Coat of arms of Oscar, Duke of Södermanland1.svg
    Príncipe herdeiro de Suecia. Duque de Södermanland (1818-1826)
    Blason du Prince Oscar 1826-1844 1.svg
    Príncipe herdeiro de Suecia. Duque de Södermanland (1826-1844)
    Armoiries des rois Oscar Ier et Charles XV de Suede.svg
    Rei de Suecia e de Noruega (1844–1859)
    Oskar I, monogram.svg
    Monograma do rei Óscar I
    Predecesor:
    Carlos XIV Xoán
    Blason du Prince Oscar 1826-1844.svg
    Príncipe Herdeiro de Suecia e Noruega

    5 de febreiro de 18188 de marzo de 1844
    Sucesor:
    Carlos XV
    Predecesor:
    Carlos XIV Xoán
    Great coat of arms of Sweden.svg
    Rei de Suecia

    8 de marzo de 18448 de xullo de 1859
    Sucesor:
    Carlos XV
    Predecesor:
    Carlos XIV Xoán
    Coat of arms of Norway.svg
    Rei de Noruega

    8 de marzo de 18448 de xullo de 1859
    Sucesor:
    Carlos XV

    Notas[editar | editar a fonte]

    1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Xenealoxía de Óscar I de Suecia en The Peerage (en inglés).
    2. O 4 de xullo de 1911 a Société archéologique colocou unha placa conmemorativa no edificio.
    3. Anders (29 de setembero de 2011): "Från Gustaf till Gustav". Språktidningen. [1].
    4. 4,0 4,1 4,2 "Oskar" en Nordisk familjebok, 2ª edición, 1914, pp.999-1000.
    5. De pé, de esquerda a dereita: príncipe Augusto, duquesa Sofía de Nassau, duque Óscar, príncipe da coroa Karl e princesa Euxenia. Sentados, de esquerda a dereita: raíña Xosefina, rei Óscar I, princesa Luísa e princesa da coroa Luísa.
    6. Vogel-Rödin, Gösta (1991): Bernadotter i politik och kulturliv. Lidköping: Läckö institutet. ISBN 91-971685-0-5. Libris 7794977.
    7. 7,0 7,1 Söderhjelm, Alma & Palmstierna, Carl-Fredrik (1944).

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Bibliografía[editar | editar a fonte]

    • Edholm, Erik af (1944): Svunna dagar: ur förste hovmarskalken Erik af Edholms dagböcker. Upplevelser under Karl XIV Johans och Oskar I:s tid. Stockholm: Norstedt & Söner. (en sueco).
    • Ernby, Birgitta; Martin Gellerstam, Sven-Göran Malmgren, Per Axelsson & Thomas Fehrm (2001): Oskar I. Norstedts första svenska ordbok. Stockholm: Norstedts ordbok. ISBN 91-7227-186-8. (en sueco).
    • McNaughton, Arnold (1973): The book of kings: A royal genealogy. Volume 1. London: Garnstone Press. ISBN 978-0-9003-9119-4 (en inglés).
    • Sandberg, Thorsten (1999): "Reformprinsen". Lund: Populär historia. ISSN 1102-0822. Libris 2819517 (en sueco).
    • Söderhjelm, Alma & Palmstierna, Carl-Fredrik (1944): Oscar I. Stockholm: Bonnier. Libris 22887 (en sueco).
    • Ulvros, Eva Helen (2007): Oscar I: en biografi. Stockholm: Historiska media. ISBN 978-91-85507-10-8. Libris 10266195 (en sueco).

    Outros artigos[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]