Alexandre de Beauharnais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alexandre de Beauharnais
Alexandre de Beauharnais.jpg
Nacemento28 de maio de 1760
Lugar de nacementoFort-de-France
Falecemento23 de xullo de 1794
Lugar de falecementoParís
Causadecapitación
SoterradoPicpus Cemetery
NacionalidadeFrancia
Alma máterUniversidade de Heidelberg
Ocupaciónpolítico e militar
PaiFrancis V de Beauharnais
NaiMarie Anne Henriette Françoise Pyvart de Chastullé
CónxuxeXosefina de Beauharnais
FillosEugène de Beauharnais e Hortênsia de Beauharnais
Na rede
WikiTree: De_Beauharnais-2 Find a Grave: 12132907 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Général ALEXANDRE FRANCOIS MARIE DE BEAUHARNAIS (1760-1794).jpg

Alexandre François Marie, Vicomte de Beauharnais nado en 1760 e finado en 1794) foi un político e militar francés. Foi o primeiro home de Joséphine Tascher de la Pagerie (1779), que máis tarde casou con Napoleón Bonaparte e converteuse en emperatriz de Francia.
Alexandre naceu en Fort-Royal (hoxe Fort-de-France), Martinica, onde o seu pai era gobernador.

Loitou no exército de Luís XVI na Guerra de Independencia americana, deputado da nobreza nos Estados Xerais, foi presidente da Asemblea Nacional Constituínte entre o 19 de xuño e o 3 de xullo de 1791 e de novo entre o 31 de xullo e o 14 de agosto de 1791. Nomeado xeneral en 1792, rexeitou o ministerio de guerra en xuño de 1793. Foi o xeneral en xefe do Exército do Rin en 1793.

O 2 de marzo de 1794, o Comité de Seguridade Xeral ordenou o seu arresto acusado de entregar Maguncia en 1793 e conducírono á prisión de Carmes, onde foi sentenciado a morte polo Tribunal Revolucionario e guillotinado co seu irmán Augustin na Praza da Revolución (hoxe Praza da Concordia) en París.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.