Riddarholmskyrkan
| Riddarholmskyrkan | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| concello de Estocolmo | |||||||||||
|
Estilo
| |||||||||||
|
Material usado
| |||||||||||
|
Composto por
| |||||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||||
|
Operador/a
| |||||||||||
|
Diocese
| |||||||||||
|
Propietario/a
| |||||||||||
|
Fundador/a
| |||||||||||
|
Arquitecto/a
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||
A Riddarholmskyrkan (en galego Igrexa de Riddarholmen) é a igrexa que serve de panteón dos reis de Suecia.
A igrexa está situada na illa de Riddarholmen, próxima ao Palacio Real de Estocolmo,[1] no corazón da cidade vella (Gamla stan). Nela está a nécropole do soberanos suecos polo que o santuario alberga as tumbas de moitos reis, raíñas, príncipes e princesas de Suecia desde o século XVII até o XX.
Desde 1922, a familia real sueca elixiu outro lugar para as inhumacións: o cemiterio real de Haga.
Historia
[editar | editar a fonte]Esta igrexa é un dos edificios máis antigos de Estocolmo; partes del construíronse no século XIII, cando foi edificado como mosteiro franciscano. A primeira pedra desta grande igrexa colocouse en 1270, baixo o reinado do rei Magnus Ladulås (que está enterrado nela). Foron necesarios 15 anos para rematar a construción da abadía, que abarca a maior parte da illa de Gråmunkeholmen (o antigo nome da illa de Riddarholmen). A abadía seguiu sendo próspera até que as ideas da reforma chegaron ao país: en 1527 os monxes víronse obrigados a abandonar o seu mosteiro. Pouco despois, a igrexa converteuse nun templo luterano,[2] e actualmente utilízase soamente para funerais e en cerimonias especiais.
No século XVI engadíuselle unha agulla, acaroada ao edificio, deseñada polo escultor e arquitecto flamengo Guillaume Boyen, durante o reinado de Xoán III; pero queimouse pola acción dun raio durante unha tormenta o 28 de xullo de 1835, sendo substituída por unha nova.
A maior parte dos monarcas suecos desde Gustavo II Adolfo a Gustavo V encóntranse enterrados aquí, ademais de monarcas anteriores, como Magnus Ladulås e Carlos VIII Knutsson. Faltan uns poucos, como a raíña Cristina, convertida ao catolicismo e soterrada na Basílica de San Pedro da Cidade do Vaticano.
A maior parte da igrexa é de estilo gótico e foi edificada en ladrillo vermello; así e todo, varias das capelas funerarias, que sobresaen notabelmente do corpo do edificio, foron realizadas noutros estilos arquitectónicos e materiais como o mármore de Carrara.
Aínda que a igrexa conserva a maioría das súas disposicións orixinais (nave única de ladrillo típica da arquitectura escandinava medieval), varias capelas foron engadidas máis adiante. A máis recente foi construída en 1858 polos gobernantes da casa de Bernadotte. En particular, alberga o sarcófago en pórfiro do fundador da dinastía, Jean-Baptiste Bernadotte, que se converteu en rei baixo o nome de Carlos XIV; as pedras tiveron que ser transportadas por zorras tiradas por cans desde o taller onde se traballaron, non lonxe da cidade de Älvdalen, no norte do país.[3]
A igrexa é tamén a sede cerimonial da Orde dos Serafíns (Kungliga Serafimerorden), a principal distinción honorífica de Suecia, institución creada polo rei Federico I en 1748.[4]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- A Igrexa de Riddarholmen.
- A Igrexa de Riddarholmen vista desde a Casa do Concello de Estocolmo.
- Pequenos campanís sobre as capelas laterais.
- Campanario.
- Interior da Riddarholmskyrkan (o coro alto, con vista cara ao oeste). En primeiro plano, as tumbas dos reis Carlos VIII e Magnus Ladulás.
- Tumba do rei Carlos XIV Xoán.
Necrópole real
[editar | editar a fonte]Na necrópole real repousan os restos mortais de varios membros da familia real sueca, incluíndo 17 soberanos reinantes. As súas tumbas están instaladas no coro da igrexa e en tres capelas principais: as de Gustavo Adolfo, Carolina e Bernadotte.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Miranda, Ulrika Junker & Anne Hallberg (2007): Riddarholmskyrkan. Estocolmo: Albert Bonniers Förlag. ISBN 91-0-011462-6, p. 813.
- ↑ in "Stockholm", guides Hachette, pp. 56-57.
- ↑ The Bernadotte Chapel Arquivado 24 de setembro de 2016 en Wayback Machine. na páxina web da Casa Real sueca (en inglés).
- ↑ The Riddarholmen Church Arquivado 24 de setembro de 2016 en Wayback Machine. na web da Casa Real sueca (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Riddarholmskyrkan |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Riddarholmen Church na web da Casa Real sueca (en inglés).