Braulio Vázquez
Nome orixinal | Braulio Jesús Vázquez Benítez | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 14 de marzo de 1972 (52 anos) Pontevedra, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,75 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1995 - 2007 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Braulio Jesús Vázquez Benítez, nado en Pontevedra o 14 de marzo de 1972, é un exfutbolista e adestrador de fútbol galego, actual director deportivo de Osasuna. Como futbolista, xogaba de dianteiro e formouse na canteira do Deportivo da Coruña, co que debutou en Primeira División. Tras pasar pola Primeira Liga, nas filas do Farense, pasou por varios equipos españois, principalmente da Segunda B e a Terceira División.
Trala súa retirada como futbolista traballou como director deportivo do Valencia, o Valladolid e Osasuna. É pai do tamén futbolista Jesús Vázquez, lateral esquerdo do Valencia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como futbolista
[editar | editar a fonte]Naceu en Pontevedra, nunha familia de gardas civís, sendo fillo e neto de gardas.[1] Ata os 14 anos viviu nun cuartel da Garda Civil da Coruña, xunto a seus pais José e Antonia. Comezou a xogar ao fútbol no San Cristóbal da cidade herculina,[2] onde as súas boas actuacións o levaron á selección coruñesa infantil e pouco despois á galega, ás ordes de Manolete.[3][4] De aí pasou ao Deportivo da Coruña, que o fichou en 1987 para a súa canteira.
En 1989, militando aínda no equipo xuvenil, realizou os seus primeiros adestramentos co primeiro equipo do club, baixo a batuta de Arsenio, situación que se repetiu durante os seguintes anos, pero sen chegar a debutar.[5] Na tempada 1990/91 subiu ao equipo filial, o Fabril, da Terceira División, participando ese mesmo ano do primeiro ascenso á Segunda División B da historia do equipo. Militou no Fabril un total de seis anos, vivindo un descenso e un segundo ascenso na tempada 1994/95.
Na campaña 1995/96 debutou finalmente co primeiro equipo na Primeira División, da man de Toshack, nun encontro ante o Racing de Santander en Riazor que se saldou con derrota (2–3) e no que entrou na segunda parte como substituto de Voro. Disputou un segundo partido coa camiseta do Deportivo uns meses despois, tamén en liga e entrando de novo como suplente, antes de deixar o club no verán de 1996.
Fichou entón polo Farense, equipo da Primeira Liga portuguesa, no que militou durante os seguintes dous anos.[6] Disputou 58 partidos na máxima categoría lusa, ás ordes do histórico Paco Fortes, marcando nove goles. Na tempada 1998/99 regresou a España e fichou polo CP Mérida de Segunda División, onde tivo como adestrador a Paco Herrera. Neste club xogou 40 partidos e anotou 7 goles.
Pasou as seguintes catro tempadas na Segunda División B, nas filas doutros catro equipos: Castellón, Zamora, Novelda e UD Mérida. En 2003 volveu a Galicia, onde asinou como novo xogador do Lugo, na Terceira División.[7] Vestiu durante tres anos a camisola albivermella, xogando 82 partidos e anotando 23 goles, e conseguindo o ascenso a Segunda B na 2005/06. Retirouse como futbolista en 2007, despois dunha última campaña co Bergantiños.
Na tempada 2007/08 iniciou unha breve carreira como adestrador, dirixindo o Soneira na Segunda Autonómica Galega. Con todo, ao pouco de comezar a tempada tivo que facer ficha como xogador, debido ás importantes baixas do equipo, polo que acabou actuando como xogador-adestrador e acadando unha boa cantidade de goles.[8][9][1]
Trala retirada
[editar | editar a fonte]Comezou a tempada 2008/09 adestrando o Laracha en Preferente, antes de recibir unha chamada de Fernando, vicepresidente deportivo do Valencia e antigo compañeiro seu no Castellón, que lle ofreceu un posto de observador no club ché.[1] Realizou esa función durante dous anos, ata que en 2010 foi nomeado director deportivo do club polo presidente Manuel Llorente. Dirixiu a parcela deportiva do Valencia durante máis de tres anos, nos que o club atravesaba unha crise económica. Tivo como axudante ao seu antigo compañeiro Domingo Catoira, e conseguiu dous terceiros e un quinto postos en liga, pero os malos resultados no inicio da tempada 2013/14 provocaron o enfado da afección e a súa destitución polo novo presidente Amadeo Salvo en novembro de 2013.[10][11]
Entre 2014 e 2017 foi director deportivo do Real Valladolid, logo do descenso do equipo á Segunda División. No equipo valisoletano traballou de novo xunto a Domingo Catoira, completando a dirección deportiva un terceiro galego, Cata.[12] Dimitiu en maio de 2017, despois de non conseguir os obxectivos marcados.[13]
En xuño de 2017 incorporouse a Osasuna, tamén como director deportivo. Baixo a súa dirección o equipo navarro logrou o ascenso a Primeira División e clasificouse para unha final da Copa do Rei por segunda vez na súa historia.[14]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou coa estremeña Ana Alcalde, á que coñeceu mentres militaba no CP Mérida e coa que tivo dous fillos: Jesús e Marco.[1] O primeiro deles iniciou tamén unha carreira como futbolista profesional.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Deportivo da Coruña
- Supercopa de España (1): 1995.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Braulio Vázquez: «Coreé el nombre de Parejo en la final de Copa»" (en castelán). 18 de marzo de 2021. Consultado o 6 de abril de 2023.
- ↑ López, Sergi (21 de decembro de 2016). "Braulio Vázquez: “Hay muchas facilidades para formarse; no hacerlo es buscar coartadas y excusas”" (en castelán). Consultado o 6 de abril de 2023.
- ↑ "Las selecciones de fúbol infantil y juvenil de La Coruña y Santiago jugarán mañana en Elviña". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de xaneiro de 1987. p. 39.
- ↑ "A las cuatro, en la Torre, partido de entrenamiento de las preselecciones gallegas juvenil e infantil". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de abril de 1987. p. 43.
- ↑ "Vicente, con vértigo, baja deportivista para el desplazamiento a Lérida". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de maio de 1989. p. 50.
- ↑ "Los futbolistas Bodelón y Braulio jugarán la próxima temporada en los equipos portugueses del Farense y el Estrela de Amadora". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de xullo de 1996. p. 52.
- ↑ "El ex deportivista Braulio, refuerzo de lujo para el Lugo". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de xullo de 2003. p. 36.
- ↑ "El técnico del Soneira, Braulio, podría hacer ficha para jugar". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de setembro de 2007. Consultado o 6 de abril de 2023.
- ↑ "Braulio debutó, provocó un penalti, que transformó Vituco, y el Soneira derrotó al difícil Calo". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de setembro de 2007. Consultado o 6 de abril de 2023.
- ↑ "Mestalla coreó "¡Braulio, vete ya, Braulio, vete ya!!"" (en castelán). 30 de outubro de 2013. Consultado o 6 de abril de 2023.
- ↑ Matallanas, Carlos (5 de novembro de 2013). "Una vieja gloria ché, y de confianza, para reforzar al 'débil' Djukic" (en castelán). Consultado o 6 de abril de 2023.
- ↑ Antelo, Iván (24 de novembro de 2016). "Galicia manda en el Valladolid". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4 de abril de 2023.
- ↑ "Braulio Vázquez deja el Real Valladolid" (en castelán). 19 de maio de 2017. Consultado o 6 de abril de 2023.
- ↑ "Braulio Vázquez: "La novia que todos querían está en la final"" (en castelán). 6 de abril de 2023. Consultado o 6 de abril de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Nados en 1972
- Nados en Pontevedra
- Futbolistas de Pontevedra
- Xogadores do Deportivo Fabril
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do SC Farense
- Xogadores do CP Mérida
- Xogadores do CD Castellón
- Xogadores do Zamora CF
- Xogadores do Novelda CF
- Xogadores do Mérida UD
- Xogadores do CD Lugo
- Xogadores do Bergantiños FC
- Adestradores de fútbol de Galicia
- Dianteiros de fútbol
- Adestradores do Soneira SD
- Adestradores do Laracha CF
- Directores deportivos de fútbol de Galicia