Saltar ao contido

Boötes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bootes
Bootes
Nome latino Bootes; Arctophylax
Abreviatura Boo
Xenitivo Bootis
Simboloxía O Pastor
Ascensión recta 15 h
Declinación +30°
Área 907 graos cadrados

Rango 13º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

3
Estrela máis brillante Arcturus (α Boo)

(magnitude ap. −0.04)

Choiva de meteoros
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +90° e −50°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Xuño

Outras designacións: Arctophylax

Boötes, ou Boieiro,[1] é unha das 88 constelacións modernas e era unha das 48 constelacións listadas por Tolomeo. Boötes parece ser unha figura humana grande, mirando cara a Osa Maior.

Características destacables

[editar | editar a fonte]

Arturo (α Bootis) é a estrela máis brillante da constelación e a terceira máis brillante do ceo nocturno. É unha xigante laranxa, a segunda estrela xigante máis próxima ó Sistema Solar despois de Pólux (β Geminorum). Izar (ε Bootis), unha das estrelas binarias máis fermosas do ceo, foi chamada Pulcherrima ("a máis fermosa") polo astrónomo Friedrich Georg Wilhelm von Struve ó observa-lo fermoso contraste entre as dúas compoñentes. λ Bootis, tamén nesta constelación, é unha estrela quimicamente peculiar que para a súa composición anómala aínda hoxe en día non existe unha clara explicación.

Estrelas principais

[editar | editar a fonte]

Obxectos notables do espazo profundo

[editar | editar a fonte]

τ Boötis, estrela semellante ó noso Sol, ten un planeta masivo do tipo Xúpiter quente catalogado coma τ Boötis Ab. É o cuarto planeta extrasolar en ser descuberto e un dos máis estudados.

O Superbaleiro de Boötes, unha inmensa rexión do espazo profundo localizada na area de Boötes que esta baleira de galaxias.

Mitoloxía

[editar | editar a fonte]

Exactamente quen era Boötes non está moi claro e existen moitas versións da súa historia:

  • Filomeleo, fillo de Deméter e Yasonte, primeiro agricultor do mundo segundo os gregos.[Cómpre referencia]
  • Arcade, fillo de Calixto e Zeus e neto de Licaón, que invitou a Zeus a un banquete e lle serviu ó seu propio neto como alimento. O deus refixo o corpo de Arcade e converteuno na estrela pero segundo outra versión despois de recompoñelo deullo a un cabreiro para que o criase e castigou ó avó converténdoo en lobo (Lupus) e queimando a súa mansión.
  • Un labrador que conduciu os bois na constelación da Osa Maior usando ós seus dous cans Chara e Asterión (da constelación Canes Venatici). Os bois foron atados ó eixo polar e esta acción de Boötes mantivo os ceos en rotación constante.[Cómpre referencia]
  • O inventor do arado que compraceu tanto a Ceres, a deusa da agricultura que lle pediu a Xúpiter unha instalación fixa e permanente para Boötes nos ceos coma recompensa.[Cómpre referencia]
  • Icario, que aprendera coma cultiva-la vide do deus Dioniso. Icario invitou ós seus amigos a probalo. Estes beberon demasiado e espertaron a maña seguinte con tal malestar que supuxeron que Icario tratara de envelenalos e por isto foi asasinado. Dioniso colocou a Icario nas estrelas para honralo.
Imaxe dun atlas do século XVI da constelación de Böotes.
  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]