Cuadrántidas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Meteoro das Cuadrántidas (dereita)

As Cuadrántidas son unha chuvia de meteoros de actividade alta. O seu período de actividade esténdese entre o 1 e o 5 de xaneiro. O seu máximo é o día 3 con THZ 120, o que a converte na chuvia máis activa do ano, xunto as Xemínidas.

Son meteoros de velocidade moderada que radian da constelación do Boiero ou Boötes. Porén, reciben o nome da desaparecida constelación de Quadrans Muralis, que ocupaba parte do actual Boiero. A zona atópase entre o extremo do mango da Osa Maior e o cuadrilátero de estrelas que forman a cabeza da constelación do Dragón.

O corpo proxenitor das Cuadrántidas foi probablemente identificado (nun artigo de Peter Jenniskens) como o asteroide 2003 EH1, que se cre que foi á súa vez o cometa C/1490 Y1, que observaron astrónomos chineses, xaponeses e coreanos hai 500 anos.