Galaxia espiral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe da galaxia espiral M81 na que se pode observar po interestelar.

Unha galaxia espiral é un tipo de galaxia da secuencia de Hubble que se caracteriza polas seguintes propiedades físicas:

  • Ten un disco plano xiratorio composto de estrelas e materia interestelar que adoitan ser de nova creación. Véxase a relación Tully-Fisher.
  • Está composta por unha concentración de estrelas central (bulbo) arrodeada por un disco.
  • O disco é plano (con posibilidades de alabeo) e está formado por materia interestelar (gas e po), estrelas novas de Poboación I (alta metalicidade) e cúmulos abertos.
  • Galaxias NGC 1356 (a aparentemente maior); LEDA 467699 (sobre ela) e LEDA 95415 (moi próxima en aparencia á súa esquerda); e IC 1947 á esquerda da foto. Todas elas, espirais e con distancias relativas entre elas moi diferentes das aparentes.
    Galaxias NGC 1356 (a aparentemente maior); LEDA 467699 (sobre ela) e LEDA 95415 (moi próxima en aparencia á súa esquerda); e IC 1947 á esquerda da foto. Todas elas, espirais e con distancias relativas entre elas moi diferentes das aparentes.
    O bulbo é similar a unha galaxia elíptica, contendo numerosas estrelas antigas, chamadas de Poboación II e con baixa metalicidade, e normalmente un buraco negro supermasivo no centro.

As galaxias espirais deben o seu nome ós brazos luminosos con formación estelar dentro do disco que se prolonga —máis ou menos logaritmicamente— dende o núcleo central. Aínda que ás veces son difíciles de percibir, estes brazos distínguenas das galaxias lenticulares que presentan unha estrutura de disco pero sen brazos espirais. Son as máis abundantes do universo constituíndo o 70%.

A nosa galaxia, a Vía Láctea, é espiral, cunha clasificación na secuencia de Hubble Sbc.