Saltar ao contido

Vega (estrela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vega
 Parte de
 Época
 Idade estimada
455 Editar o valor en Wikidata
 Constelación
 Clasificación espectral
A0Va Editar o valor en Wikidata
 Tipo de estrela variable
Características orbitais
Velocidade de rotación24 km/s Editar o valor en Wikidata
Velocidade radial−20,6 km/s Editar o valor en Wikidata
Declinación do movemento propio285,46 mas/a Editar o valor en Wikidata
Ascensión do movemento propio201,85 mas/a Editar o valor en Wikidata
Ascensión recta279,234734787 °, 16.688 ′ e 66.793 ˢ Editar o valor en Wikidata
Declinación38,783688956 °, 2.320 ′ e 2.320,9 ′ Editar o valor en Wikidata
Características físicas
Diámetro3.770.000 km Editar o valor en Wikidata
Radio2,818 R☉ Editar o valor en Wikidata
Masa2,135 M☉ Editar o valor en Wikidata
Gravidade superficial9.000 cm/s² Editar o valor en Wikidata
Distancia da Terra7,67 pc Editar o valor en Wikidata
Magnitude aparente0,03, 0,03, 0,03, 0,07, 0,1, −0,177, −0,029 e 0,129 Editar o valor en Wikidata
Magnitude absoluta0,582 Editar o valor en Wikidata
Luminosidade40,12 L☉ Editar o valor en Wikidata
Temperatura efectiva9.550 K Editar o valor en Wikidata
Identificadores
VIAF3608162368034925790008 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/080jt Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2778538500 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Código do catálogo
uvby98 100172167 uvbyβ Photoelectric Photometric Catalogue (en) Traducir
Zkh 277 Zhakozhaj (en) Traducir
WEB 15681 Vitesses radiales. Catalogue WEB: Wilson Evans Batten. Radial velocities: The Wilson-Evans-Batten catalogue (en) Traducir
UBV M 23118 UBV Photoelectric Photometry Catalogue (en) Traducir
UBV 15842 UBV Photoelectric Photometry Catalogue (en) Traducir
TYC 3105-2070-1 Tycho Catalogue (en) Traducir
IRC +40322 Two-Micron Sky Survey (en) Traducir
PMC 90-93 496 Tokyo Photoelectric Meridian Circle Catalog (en) Traducir
EUVE J1836+38.7 The first Extreme Ultraviolet Explorer source catalog (en) Traducir
RAFGL 2208 The Revised AFGL (RAFGL) catalogue (en) Traducir
TIC 157587146 TESS Input Catalog (en) Traducir
TD1 22883 TD1 Catalog of Stellar Ultraviolet Fluxes (en) Traducir
PPM 81558 PPM Star Catalogue (en) Traducir
NLTT 46746 New Luyten Two-Tenths catalogue (en) Traducir
NSV 11128 New Catalogue of Suspected Variable Stars (en) Traducir
LTT 15486 Luyten Two-Tenths catalogue (en) Traducir
LSPM J1836+3847 LSPM-NORTH catalog (en) Traducir
JP11 2999 JP11 (en) Traducir
IDS 18336+3841 A Index Catalogue of Visual Double Stars (en) Traducir
IRAS F18352+3844 IRAS (pt) Traducir
IRAS 18352+3844 IRAS (pt) Traducir
HIC 91262 Hipparcos Input Catalogue (en) Traducir
alf Lyr General Catalogue of Variable Stars (pt) Traducir
PLX 4293.00 General Catalogue of Trigonometric Stellar Parallaxes (en) Traducir
PLX 4293 General Catalogue of Trigonometric Stellar Parallaxes (en) Traducir
GCRV 11085 General Catalogue of Stellar Radial Velocities (pt) Traducir
FK5 699 FK5 (en) Traducir
3 Lyr Designação de Flamsteed (pt) Traducir
α Lyr Designação de Bayer (pt) Traducir
CEL 4636 Celescope Catalogue of Ultraviolet Magnitudes (en) Traducir
SAO 67174 Catálogo de Estrelas do Observatório Astrofísico Smithsoniano (pt) Traducir
WDS J18369+3846A Catálogo de Estrelas Duplas Washington (pt) Traducir
HIP 91262 Catálogo Hipparcos (pt) Traducir
HD 172167 Catálogo Henry Draper (pt) Traducir
GJ 721 Catálogo Gliese (pt) Traducir
GJ 721.0 Catálogo Gliese (pt) Traducir
CSV 101745 Catalogue of suspected variable stars (en) Traducir
ROT 2633 Catalogue of rotational velocities of the stars (en) Traducir
CCDM J18369+3847A Catalog of Components of Double and Multiple Stars (en) Traducir
N30 4138 Catalog of 5,268 Standard Stars Based on the Normal System N30 (en) Traducir
HR 7001 Bright Star Catalogue (pt) Traducir
GC 25466 Boss General Catalogue (pt) Traducir
BD+38 3238 Bonner Durchmusterung (pt) Traducir
ASCC 507896 All-sky Compiled Catalogue (en) Traducir
ADS 11510 A Aitken Double Star Catalogue (en) Traducir
AG+38 1711 AGK3U (en) Traducir
HGAM 706 A catalogue of Hgamma measures (en) Traducir
2MASS J18365633+3847012 2MASS (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Vega é a estrela máis brillante da constelación de Lyra, no hemisferio setentrional. Ten a designación de Bayer α Lyrae, latinizada como Alpha Lyrae e abreviada Alpha Lyr ou α Lyr. Esta estrela está relativamente próxima (só 25 anos luz) do Sol, e xunto con Arcturus e Sirius, é unha das estrelas máis luminosas na veciñanza do Sol. É a quinta estrela máis brillante do ceo nocturno e a segunda máis brillante do hemisferio norte despois de Arcturus.

Vega foi amplamente estudada polos astrónomos, levando a ser denominada "probablemente a segunda estrela máis importante do ceo despois do Sol".[1] Vega foi a Estrela Polar arredor do 12 000 a.C. e volverá selo arredor do ano 13 727, cando a súa declinación sexa +86° 14′. [2] Vega foi a primeira estrela tralo Sol da que se fotografou o seu espectro.[3][4] Foi unha das primeiras estrelas da que se estimou a distancia mediante medidas da paralaxe. Vega serviu como base para calibrar a escala de brillo fotométrico e foi unha das estrelas empregadas para definir o punto cero do sistema fotométrico UBV.

Vega ten só arredor dunha décima parte da idade do Sol, mais é 2,1 veces máis masiva e a súa vida esperada é tamén unha décima parte da do sol; ambas as estrelas están aproximándose á metade da súa esperanza de vida. Vega ten unha presenza infrecuentemente baixa de elementos de número atómico maior ca o helio.[5] Vega é unha estrela variable, cun brillo que varía lixeiramente. Rota rapidamente a unha velocidade de 236 km/s no ecuador. Isto fai que o ecuador se abombe debido aos efectos centrífugos e como consecuencia existe variación de temperatura na fotosfera da estrela que acada o máximo nos polos. Dende a Terra, Vega obsérvase desde a dirección dun destes polos.[6]

Segundo o exceso de emisión de radiación infravermella observada, Vega parece ter un disco circunestelar de po. Este po é probablemente o resultado de colisións entre obxectos nun disco de detritos orbital, análogo ao cinto de Kuiper do Sistema Solar.[7] As estrelas que presentan un exceso de radiación infravermella debido á emisión de po denomínanse estrelas tipo Vega.[8]

Nomenclatura

[editar | editar a fonte]

α Lyrae (latinizado como Alpha Lyrae) é a designación de Bayer da estrela. O nome tradicional Vega (anteriormente Wega[9]) procede dunha tradución aproximada da palabra árabe wāqi (árabe: واقع), que significa "caendo" ou "aterrando", a partir da frase an-nasr al-wāqi (árabe: النّسر الْواقع), "a aguia que cae".[10] En 2016, a Unión Astronómica Internacional (IAU) organizou un grupo de de traballo sobre o nome das estrelas (WGSN)[11] para catalogar e estandarizar os nomes apropiados das estrelas. O primeiro boletín do WGSN de xullo de 2016[12] incluíu unha táboa cos primeiros dous grupos de nomes aprobados que incluía Vega para esta estrela.[13]

Observación

[editar | editar a fonte]
O triángulo de verán

Vega pode ser vista preto do zénit nas latitudes medias-setentrionais durante o serán no verán boreal.[14] En latitudes medias-meridionais pode verse por riba do horizonte norte durante o inverno austral. Cunha declinación de +38.78°, Vega só pode verse en latitudes ao norte dos 51° S. Polo tanto non é visible en absoluto na Antártida nin na parte máis meridional de Suramérica, incluída Punta Arenas, Chile. En latitudes por riba dos 51° N, Vega permanecer continuamente sobre o horizonte como unha estrela circumpolar. Arredor do 1 de xullo, Vega acada a culminación de medianoite, cando cruza o meridiano.[15]

Percorrido do polo norte celeste entre estrelas debido á precesión. Vega é a estrela máis brillante na zona inferior

A estrela é un vértice dun grande asterismo chamado triángulo de verán, formado por Vega e dúas estrelas de primeira magnitude, Altair, en Aquila, e Deneb en Cygnus.[14] Esta formación ten a forma aproximada dun triángulo rectángulo, con Vega situada no ángulo recto. O triángulo de verán é recoñecible nos ceos boreais porque hai poucas estrelas brillantes na súa veciñanza.[16]

  1. Gulliver, Austin F.; Hill, Graham; Adelman, Saul J. (1994). "Vega: A rapidly rotating pole-on star". The Astrophysical Journal 429 (2): L81–L84. Bibcode:1994ApJ...429L..81G. doi:10.1086/187418. 
  2. "Calculation by the Stellarium application version 0.10.2". Consultado o 2009-07-28. 
  3. Barger, M. Susan; White, William B. (2000) [First published 1991]. The Daguerreotype: Nineteenth-Century Technology and Modern Science. JHU Press. p. 88. ISBN 978-0-8018-6458-2. 
  4. Barker, George F. (1887). "On the Henry Draper Memorial Photographs of Stellar Spectra". Proceedings of the American Philosophical Society 24: 166–172. 
  5. Kinman, T.; Castelli, F. (2002). "The determination of Teff for metal-poor A-type stars using V and 2MASS J, H and K magnitudes". Astronomy and Astrophysics 391 (3): 1039–1052. Bibcode:2002A&A...391.1039K. doi:10.1051/0004-6361:20020806. 
  6. Peterson, D. M.; Hummel, C. A.; Pauls, T. A.; Armstrong, J. T.; Benson, J. A.; Gilbreath, G. C.; Hindsley, R. B.; Hutter, D. J.; Johnston, K. J. (2006). "Vega is a rapidly rotating star". Nature 440 (7086): 896–899. Bibcode:2006Natur.440..896P. PMID 16612375. arXiv:astro-ph/0603520. doi:10.1038/nature04661. 
  7. Su, K. Y. L.; Rieke, G. H.; Misselt, K. A.; Stansberry, J. A.; Moro-Martin, A.; Stapelfeldt, K. R.; Werner, M. W.; Trilling, D. E.; Bendo, G. J. (2005). "The Vega Debris Disk: A Surprise from Spitzer". The Astrophysical Journal 628 (1): 487–500. Bibcode:2005ApJ...628..487S. arXiv:astro-ph/0504086. doi:10.1086/430819. 
  8. Song, Inseok; Weinberger, A. J.; Becklin, E. E.; Zuckerman, B.; Chen, C. (2002). "M-Type Vega-like Stars". The Astronomical Journal 124 (1): 514–518. Bibcode:2002AJ....124..514S. arXiv:astro-ph/0204255. doi:10.1086/341164. 
  9. Allen, Richard Hinckley (1963). Star Names: Their Lore and Meaning. Courier Dover Publications. ISBN 978-0-486-21079-7. 
  10. Glassé, Cyril (2008). The new encyclopedia of Islam. Reference, Information and Interdisciplinary Subjects Series (3rd ed.). Rowman & Littlefield. p. 75. ISBN 978-0-7425-6296-7. 
  11. "IAU Working Group on Star Names (WGSN)". International Astronomical Union. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2016. Consultado o 22 de maio de 2016. 
  12. "Bulletin of the IAU Working Group on Star Names, No. 1" (PDF). IAU Division C: Education, Outreach and Heritage (WGSN). xullo de 2016. Consultado o 28 de xullo de 2016. 
  13. "IAU Catalog of Star Names". IAU Division C: Education, Outreach and Heritage (WGSN). 21 de agosto de 2016. Consultado o 28 de xullo de 2016. 
  14. 14,0 14,1 Pasachoff, Jay M. (2000). A Field Guide to Stars and Planets (4th ed.). Houghton Mifflin Field Guides. ISBN 978-0-395-93431-9. 
  15. Burnham, Robert J. R. (1978). Burnham's Celestial Handbook: An Observer's Guide to the Universe Beyond the Solar System 2. Courier Dover Publications. ISBN 978-0-486-23568-4. 
  16. Upgren, Arthur R. (1998). Night Has a Thousand Eyes: A Naked-Eye Guide to the Sky, Its Science, and Lore. Basic Books. Bibcode:1998nhte.book.....U. ISBN 978-0-306-45790-6. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]