Garrett Temple

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Garrett Temple
Garrett Temple.jpg
Sacramento Kings – No. 17
Escolta
Información persoal
Nacemento 8 de maio de 1986 (30 anos)
Flag of Louisiana.svg Baton Rouge, Luisiana
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 88 kg (195 lb)
Información da carreira
Instituto LSU Laboratory School
(Baton Rouge, Luisiana)
Universidade LSU (2005-2009)
Carreira dende 2009
Historial de equipos
Rio Grande Valley Vipers (2009–2010)
Houston Rockets (2010)
Sacramento Kings (2010)
San Antonio Spurs (2010)
Rio Grande Valley Vipers (2010)
Erie BayHawks (2010–2011)
Milwaukee Bucks (2011)
Erie BayHawks (2011)
Charlotte Bobcats (2011)
Pallacanestro Casale (2011–2012)
Erie BayHawks (2012)
Reno Bighorns (2012)
Washington Wizards (2012–2016)
Sacramento Kings (2016–presente)
Información en nba.com

Garrett Bartholomew Temple, nado o 8 de maio de 1986 en Baton Rouge, Luisiana, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga para os Sacramento Kings da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En setembro de 2009, Temple asinou cos Houston Rockets coma axente libre, xa que non foi elixido no draft. Non foi convocado no primeiro partido, e foi enviado aos Rio Grande Valley Vipers da D-League. Fixo 14.9 puntos, 3.7 rebotes e 3.4 asistencias por partido cos Vipers, e os Rockets ofrecéronlle dous contratos de dez días o 8 de febreiro do 2010.[1][2]

O 3 de marzo de 2010, Temple asinou un contrato de dez días cos Sacramento Kings.[3]

Tras expirar ese contrato, o 13 de marzo asinaría outro contrato de 10 días, pero desta vez cos San Antonio Spurs.[4] O 23 de marzo asinou cos Spurs un contrato para o resto da tempada. O 6 de abril saíu coma titular por primeira vez pola lesión de George Hill, e anotou 15 puntos, con 4 asistencias e 3 rebotes en 27 minutos de xogo. O 11 de novembro de 2010, Temple foi cortado polos Spurs.

Máis tarde asinaría outra vez cos Vipers, pero foi traspasado o 31 de decembro aos Erin BayHawks a cambio de Jeff Adrien.

O 25 de xaneiro de 2011, asinou un contrato de 10 días cos Milwaukee Bucks,[5] e asinou outro máis o 4 de febreiro cos Bucks.[5]

O 7 de marzo de 2011, Temple asinou un contrato de 10 días cos Charlotte Bobcats,[6] asinou outro o día 17,[7] e o día 28 de marzo os Bobcats lle contrataron para o resto da tempada.[8]

O 13 de setembro de 2012, Temple asinou cos Miami Heat.[9] Foi cortado o 27 de outubro de 2012,[10] e volveu ós Erie BayHawks.[11] Os BayHawks traspasaron a Temple ós Reno Bighorns.

O 25 de decembro de 2012, Temple asinou cos Washington Wizards.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Rockets add Temple". USA Today. 8 de febreiro de 2010. Consultado o 11 de febreiro do 2010.
  2. "Rockets waive Cook, sign Temple to 10-day contract". USA Today. 20 de febreiro do 2010. Consultado o 20 de febreiro de 2010.
  3. "Kings Add Garrett Temple From D-League". RealGM. 3 de marzo de 2010. Consultado o 3 de marzo de 2010.
  4. Spurs Sign Garrett Temple To 10-Day Contract. NBA.com. 13 de marzo de 2010. Consultado o 14 de marzo de 2010.
  5. 5,0 5,1 "Bucks Sign Garrett Temple to 10-Day Contract". NBA.com. 2011-01-25. Consultado o 2011-01-26. 
  6. "Bobcats Sign Guard Garrett Temple to 10-Day Contract". NBA.com. 2011-03-07. Consultado o 2011-03-07. 
  7. "Bobcats Sign Garrett Temple to Second 10-Day Contract". NBA.com. 2011-03-17. Consultado o 2011-03-20. 
  8. "Bobcats Sign Guard Garrett Temple for Remainder of 2010-11 Season". NBA.com. 2011-03-28. Consultado o 2011-03-29. 
  9. Heat sign Temple
  10. Miami Heat waive guard Garrett Temple
  11. Full List of 2012 Returning, Affiliate and Local Tryout Players Invited to NBA D-League Training Camps
  12. Wizards Sign Shelvin Mack And Garrett Temple

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]