Aragón 2 HD
| Aragón 2 HD | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| |||||
| Wikidata |
Aragón 2 HD é a segunda canle de Televisión Autonómica de Aragón, S.A., que pertence ao ente público Corporación Aragonesa de Radio y Televisión. Foi a primeira canle en emitir en España en alta definición.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]En xuño de 2008, e coincidindo coa celebración da Exposición Internacional de Zaragoza, a canle comeza a emitir en probas de maneira regular e estable dentro da canle múltiple de TDT que posúe CARTV. A emisión consta naquel momento de reportaxes e documentais, tanto de produción propia como allea.
Co paso do tempo foron incorporándose novos espazos e programas de produción propia producidos en alta definición, así como películas emitidas de forma esporádica, retransmisións deportivas, concertos e outros contidos. Sempre utilizando a fórmula de redifusión dos contidos en bucle de forma continua; método que aínda segue vixente na actualidade.
Ao longo dos últimos anos, CARTV tamén utilizou a canle como segunda xanela, complementando a Aragón TV e dando cabida a eventos que por solapamento de horarios ou outros motivos non eran emitidos pola canle principal do ente: desde partidos de Segunda División ata encontros do CAI Zaragoza en Eurocup ou do CAI Teruel no Campionato de Europa de Voleibol.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Aragón Televisión será la primera televisión española que emita una prueba en TDT y Alta Definición" (en castelán). 9 de xuño de 2006. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2012. Consultado o 03 de novembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Aragón |
