Basket Zaragoza 2002

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "CAI Zaragoza")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Tecnyconta Zaragoza
Triple Cai Zaragoza Granada.jpg
Información xeral
Liga ACB / Eurocup
Fundación 2002
Cores                Vermello, branco, negro
Presidente España Reynaldo Benito
Adestrador España Andreu Casadevall
Localización
Cidade España Zaragoza, España
Pavillón Pavillón Príncipe Felipe
Capacidade 10.801
Inauguración 1990
Campionatos
Copa 2 (1984, 1990)
basketzaragoza.net

O Basket Zaragoza 2002 S.A.D., coñecido por motivos de patrocinio como Tecnyconta Zaragoza é un club de baloncesto profesional español con sede na cidade de Zaragoza, Aragón. Fundado no ano 2002, é herdeiro do Club Baloncesto Zaragoza desaparecido ese mesmo ano. A nova entidade, denominada Basket Zaragoza 2002, conservou o seu palmarés e dereitos deportivos. Disputa o seus encontros como local no Pavillón Príncipe Felipe, inaugurado o 17 de abril de 1990 e con capacidade para 10 500 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

O Club Baloncesto Zaragoza xurdiu en 1982 como herdeiro do histórico C.N. Helios, un club que xa competira na antiga Liga Nacional de Baloncesto. O club, patrocinado pola Caja de Ahorros de la Inmaculada (CAI) (do castelán: Caixa de Aforros da Inmaculada), foi coñecido popularmente como CAI Zaragoza, sendo durante uns anos un dos club punteiros da liga ACB.

O club foi un dos fundadores da Asociación de Clubs de Baloncesto, disputando a súa competición durante catorce tempadas ininterrompidas, entre 1983-1984 e 1995-1996, cando perdeu a categoría debido a problemas económicos derivados do sobreesfuerzo orzamentario realizado a principios dos anos 1990. A CAI deixou de patrocinar á entidade presidida por José Luís Rubio tras o fracaso deportivo de 1992 (non conseguir a clasificación para a Liga Europea), sendo Natwest e Amway quen financiaron ao club durante os seus últimos catro anos na ACB.

Durante o seu periplo na elite, o Zaragoza conquistou dúas Copas do Rei (en 1984 e 1990), sendo finalista noutras dúas ocasións (en 1992 e 1995). Ademais, foi o terceiro clasificado da liga ACB nas tempadas 1986-1987 e 1987-1988, tan só por detrás do FC Barcelona e o Real Madrid.

En 1991, o CAI foi subcampión da Recopa de Europa ao perder a final, disputada en Xenebra, contra o PAOK Complan por 76 a 72 favorable aos de Tesalónica. Ao termo da tempada 1995-1996, o primeiro equipo foi expulsado da ACB por mor de problemas económicos; manténdose unicamente en competición algúns conxuntos das categorías inferiores. Posteriormente, o equipo senior volveu disputar unha competición nacional, a liga EBA, pero a experiencia do Adecco Zaragoza non durou máis de dous anos.

No ano 2002 co propósito de devolver á capital aragonesa ao baloncesto de elite masculino fúndase o Basket Zaragoza 2002. Co apoio financeiro da CAI, comprouse a praza que o galego Sondeos do Norte tiña na LEB. O 9 de maio de 2008, o CAI Zaragoza consegue subir novamente á ACB despois de tentalo durante seis anos seguidos. O ascenso conséguese matematicamente ao derrotar a L'Hospitalet por 27 puntos (91-64).

O 9 de maio de 2009, tras unha soa tempada, o CAI Zaragoza descendeu á LEB Ouro despois de perder en casa por 59-60 fronte ao CB Murcia. Trala fin do partido Alberto García Chápuli dimitiu como director xeneral do club, e o presidente Reynaldo Benito puxo o seu cargo a disposición do consello de administración.[1] Novamente, o 16 de abril de 2010 o CAI Zaragoza certifica o ascenso directo á ACB despois de gañar ao Sant Josep Girona por 69-63.

Nomes comerciais[editar | editar a fonte]

  • 1981-1982. Zaragoza Skol.
  • 1982-1992. CAI Zaragoza.
  • 1992-1994. Natwest Zaragoza.
  • 1994-1996. Amway Zaragoza.
  • 2001-2003. Adecco Zaragoza.
  • Actualidade. CAI Zaragoza.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Tecnyconta Zaragoza 2018−2019
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
AP 3 España Martín, Nacho 70002020000000000002.02 m (6 ft 8 in) 7002111000000000000111 kg (245 lb) ICL Manresa (2018)
B 4 República de Macedonia McCalebb, Bo 70001830000000000001.83 m (6 ft 0 in) 700183000000000000083 kg (183 lb) Herbalife Gran Canaria (2017)
A 5 Flag of the United States.svgFlag of Nigeria.svg Okoye, Stan 70001980000000000001.98 m (6 ft 6 in) 700198000000000000098 kg (216 lb) Openjobmetis Varese (2018)
A 7 Galicia Barreiro, Jonathan 70002049999999999992.05 m (6 ft 9 in) 700190000000000000090 kg (198 lb) Real Madrid (2016)
E 8 Flag of Canada.svg Berhanemeskel, Johnny 70001880000000000001.88 m (6 ft 2 in) 700179000000000000079 kg (174 lb) Eisbären Bremerhaven (2018)
B 9 España Santana, Fabio 70001880000000000001.88 m (6 ft 2 in) 700180000000000000080 kg (176 lb) Oviedo (2018)
E 10 Flag of Lithuania.svg Seibutis, Renaldas 70001960000000000001.96 m (6 ft 5 in) 700182000000000000082 kg (181 lb) Neptūnas Klaipėda (2018)
AP 11 Flag of Montenegro.svg Radović, Nemanja 70002080000000000002.08 m (6 ft 10 in) 700195000000000000095 kg (209 lb) Obradoiro (2018)
B 12 España Alocén, Carlos 70001890000000000001.89 m (6 ft 2 in) 700186000000000000086 kg (190 lb) Canteira (2016)
P 17 Galicia Vázquez, Fran 70002090000000000002.09 m (6 ft 10 in) 7002105000000000000105 kg (231 lb) Iberostar Tenerife (2018)
P 71 España Martí, Marc 70002029999999999992.03 m (6 ft 8 in) 700192000000000000092 kg (203 lb) Força Lleida (2014)
P 00 Flag of Cuba.svg Justiz, Javier 70002100000000000002.10 m (6 ft 11 in) 7002113000000000000113 kg (249 lb) San Lorenzo de Almagro (2018)
Adestrador
  • España Porfirio Fisac
Asistente(s)
  • España Sergio Lamúa
Preparador(es) físico(s)
  • España Isaac López

Lenda
  • (C) Capitán
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 05−092018

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]