Doug McDermott

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Doug McDermott
San Antonio Spurs – No. 17
Posición Ala
Información persoal
Nacemento 3 de xaneiro de 1992 (32 anos)
Grand Forks, Dacota do Norte
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 99 kg (219 lb)
Información da carreira
Instituto Ames (Ames, Iowa)
Universidade Creighton (2010–2014)
NBA Draft 2014 / Rolda: 1 / Elección: 11
Por Denver Nuggets
Carreira dende 2014
Historial de equipos
Chicago Bulls (2014–2017)
Oklahoma City Thunder (2017)
New York Knicks (2017–2018)
Dallas Mavericks (2018)
Indiana Pacers (2018–2021)
San Antonio Spurs (2021–presente)

Douglas Richard "Doug" McDermott, nado o 3 de xaneiro de 1992 en Grand Forks, Dacota do Norte, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos San Antonio Spurs da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 26 de xuño de 2014, McDermott foi seleccionado na 11ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Denver Nuggets. Na mesma noite do Draft foi traspasado xunto a Anthony Randolph ós Chicago Bulls, a cambio das dúas eleccións do Draft de 2014 dos Bulls, e unha futura elección de segunda rolda.[1] O 22 de xullo de 2014, asinou o seu contrato de rookie cos Bulls despois de acadar 18.0 puntos, 4.0 rebotes e 2.8 asistencias por encontro na Liga de Verán da NBA de 2014.[2][3] Fixo o seu debut na NBA o 29 de outubro de 2014 na vitoria dos Bulls contra os New York Knicks por 104-80, facendo 12 puntos, 5 rebotes, 2 asistencias e un roubo de balón.[4]

O 23 de febreiro de 2017, McDermott foi traspasado xunto a Taj Gibson e unha elección da segunda rolda do Draft de 2018 ós Oklahoma City Thunder, a cambio de Joffrey Lauvergne, Anthony Morrow e Cameron Payne.[5]

O 25 de setembro de 2017, McDermott foi traspasado xunto a Enes Kanter e unha elección da segunda rolda do Draft de 2018 ós New York Knicks, a cambio de Carmelo Anthony.[6]

O 8 de febreiro de 2018, McDermott foi traspasado ós Dallas Mavericks nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Denver Nuggets.[7]

O 6 de xullo de 2018, McDermott asinou un contrato por tres anos cos Indiana Pacers.[8]

O 8 de agosto de 2021, McDermott asinou cos San Antonio Spurs.[9][10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bulls deal picks for Doug McDermott". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2014. Consultado o 14 de abril de 2015. 
  2. BULLS SIGN FORWARD DOUG MCDERMOTT
  3. "2014 Summer League Player Profile – Doug McDermott". Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2015. Consultado o 14 de abril de 2015. 
  4. "Gasol, Bulls blow out Knicks in Rose's return". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2015. Consultado o 14 de abril de 2015. 
  5. "Thunder Acquires Gibson, McDermott and Draft Pick". NBA.com. 23 de febreiro de 2017. Consultado o 23 de febreiro de 2017. 
  6. "Knicks Trade Carmelo Anthony To Oklahoma City". NBA.com. 25 de setembro de 2017. Consultado o 25 de setembro de 2017. 
  7. "Mavs acquire Doug McDermott and second-round pick in three-team trade". Mavs.com. 8 de febreiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2018. Consultado o 8 de febreiro de 2018. 
  8. "Pacers Sign Tyreke Evans, Doug McDermott". NBA.com. 6 de xullo de 2018. Consultado o 6 de xullo de 2018. 
  9. https://www.nba.com/spurs/news/spurs-acquire-doug-mcdermott
  10. "Spurs acquire Doug McDermott". NBA.com. 6 de xullo de 2018. Consultado o 6 de xullo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]