Calendario lunar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Un calendario lunar é un tipo de calendario baseado nas fases da Lúa, no que cada lunación (intervalo entre dúas lúas cheas) corresponde a un mes lunar (ou mes sinódico).

A duración media dun mes sinódico é 29,530588 días. Como un calendario só ten un número enteiro de días por mes, é necesario recorrer á intercalación para que o calendario lunar (en xeral, con meses de 29 ou 30 días) non se desprace con respecto ás fases da Lúa.

Se o calendario lunar ten en conta as estacións do ano denomínase calendario lunisolar. A maioría dos calendarios lunares son tamén lunisolares, tales como o hebreo, samaritano, chinés, tibetano ou hindú. O único calendario puramente lunar que aínda se usa hoxe a grande escala é o calendario musulmán. O máis antigo dos calendarios lunares atopouse en Escocia, en Warren Field, data de arredor do 8000 a.C. e é lunisolar[1]

Notas[editar | editar a fonte]