Milisegundo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Un milisegundo é o período de tempo que corresponde á milésima fracción dun segundo (10−3 ou 1/1,000) = (0,001s).[1]

A súa simboloxía, igual que outras milésimas partes de distintas magnitudes, como poden ser a masa ou a lonxitude, especifícase como "m" minúscula anteposto ao símbolo da magnitude fundamental, que neste caso é o segundo (s), resultando, por tanto, ms.

1 ms = 0,001 segundos = 1 milisegundo.

1 s = 1000 ms = 1 segundo.

Equivalencias doutras unidades de tempo en milisegundos[editar | editar a fonte]

  • Un centisegundo equivale a 10 milisegundos
  • Un decisegundo equivale a 100 milisegundos
  • Un segundo equivale a 1000 milisegundos
  • Un minuto equivale a 60 000 milisegundos
  • Unha hora equivale a 3 600 000 milisegundos
  • Un día equivale a 86 400 000 milisegundos
  • Unha semana equivale a 604 800 000 milisegundos
  • Un mes equivale a 2 628 000 000 milisegundos
  • Un ano equivale a 31 536 000 000 milisegundos
  • Un lustro equivale a 157 680 000 000 milisegundos
  • Unha década equivale a 315 360 000 000 milisegundos
  • Un século equivale a 3 153 600 000 000 milisegundos
  • Un milenio equivale a 31 536 000 000 000 milisegundos

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Units: M". How Many? A Dictionary of Units of Measurement.